G1501030 A convivencia como factor de calidade nos centros educativos [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 04/02/2016 - 10:10O presente curso pretende dar unha breve visión sobre as estratexias actuais para a mellora da
convivencia e o enfrontamento dos conflitos interpersoais nos centros escolares, sempre dende unha
perspectiva educativa e positiva. A actividade ten por obxecto:
• Facilitar a reflexión sobre a conveniencia de instaurar nos centros educativos a cultura de paz, a
democracia participativa e a resolución pacífica de conflitos como fórmulas para a mellora da
convivencia.
• Dar a coñecer medidas para o fomento dunha convivencia positiva nos centros, xa sexan de tipo
organizativo (planificación e desenvolvemento de boas prácticas de convivencia) ou curricular
(educación emocional, educación en valores, habilidades sociais).
• Aportar estratexias para o enfrontamento dos conflitos interpersoais e dos problemas de conduta
nos centros educativos dende unha perspectiva educativa e pacífica.
