G1501075: Raspberry Pi básico [1]
Enviado por portalcafi a Mar, 12/01/2016 - 13:14A Raspberry pi [2] é unha placa integrada de baixo custe, que conta cun procesador e suficientes portos para ter a mesma funcionalidade cunha máquina computadora. O seu tamaño é moi reducido, e apoiase nunha importante comunidade que desenvolve software e propón novas aplicacións.
O titor é profesor da especialidade de sistemas electrónicos, cunha longa traxectoria traballando con microcontroladores e as súas aplicacións. A actividade xurdiu tras a realización o curso pasado dun proxecto de formación de FP [3] orientado a afondar nesta nova materia.
A actividade inclúe dúas sesións presenciais obrigatorias de 3 horas de duración que terán lugar na Biblioteca do CAFI [4] (Santiago de Compostela) os venres 29 de Xaneiro e 4 de Marzo, en horario de 17:00 a 20:00 horas. Estas dúas sesións as impartirá o mesmo titor que a parte en rede.
É unha actividade centralizada polo que segundo o artigo 19.1 da Orde do 7 de abril de 2008 [5], o permiso para asistir á sesión presencial xa ven concedido de facto sen necesidade de solicitalo á inspección educativa.
Segundo o artigo 10.1.d da Orde do 14 de Maio de 2013 [6] (DOG do 22/5/13) a asistencia á sesión presencial é obrigatoria.
Data de comezo: 29/1/2016
Data de finalización: 4/3/2016
Lugar de celebración: Platega2 [7]
Número de horas totais: 31
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=67002 [8]
Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=207 [9]

Imaxe modificada a partires de "Raspberry Pi [10]" por Linux Screenshots [11] con licenza baixo CC BY 2.0 [12]