Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > O programa "Mobilidade sostible e segura" preséntase no seminario do CENEAM

O programa "Mobilidade sostible e segura" preséntase no seminario do CENEAM [1]

Enviado por monicabaleiron a Mar, 10/11/2015 - 16:47

O programa de "Mobilidade sostible e segura", que desenvolverá a Dirección Xeral de Tráfico a partir deste curso 2015-16 a través do Plan Proxecta, acaba de presentarse no "IV Seminario Movilidad e Infancia" (Valsaín - Segovia, 4-6 de novembro de 2015), que organiza anualmente o CENEAM. Este encontro ten como obxectivo promover o encontro de representantes de entidades públicas e privadas que traballan no ámbito da mobilidade para favorecer o intercambio de experiencias e boas prácticas que promovan un cambio de modelo na mobilidade da infancia.

O grupo de traballo que organiza anualmente este seminario está adscrito ao Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), un organismo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, vinculado a numerosas iniciativas medioambientais no ámbito educativo. Para acceder á documentación dos anteriores seminarios do CENEAM [2] pódese consultar o seu espazo web. Ademais ofrécese un portal específico [3] con recursos para traballar a mobilidade infantil.

Dentro do ámbito da mobilidade, o Plan Proxecta acaba de arrancar este curso 2015-16 incorporando un programa educativo dedicado integramente á mobilidade e desenvolvido pola Dirección Xeral de Tráfico (coordinado desde as catro Xefaturas Provinciais) no que participarán 28 centros educativos de infantil, primaria e secundaria. Este programa de mobilidade xorde cunha finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas que garantan a súa seguridade nos seus desprazamentos e que promovan modos de mobilidade máis saudables para toda a comunidade. Para consultar os contidos que se desenvolven no programa "Mobilidade sostible e segura [4]" pódese consultar o seu espazo web. Para consultar a máis información sobre a resolución desta convocatoria do Plan Proxecta pódese acceder aquí [5].

 

 

Gallego
Presentación do programa Mobilidade sostible e segura [6]

Website: 

Web do grupo de traballo "Movilidad e Infancia" do CENEAM [2]

Tema: 

Plan Proxecta [7]
Actividades [8]

Sección: 

Boletín [9]
Eucirculo [10]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/17561

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/17561
[2] http://www.magrama.gob.es/es/ceneam/grupos-de-trabajo-y-seminarios/movilidad-infantil/
[3] http://www.magrama.gob.es/es/ceneam/recursos/mini-portales-tematicos/infancia-movilidad.aspx
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/node/16723
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/node/17529
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2015/11/10/512ea26d0786461ca9ab278c5618a752.jpg
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/705
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/657
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/655