Semana Europea da Mobilidade 2015 [1]
Enviado por boletin a Ven, 11/09/2015 - 12:41Do 16 ao 22 de setembro terá lugar a celebración da Semana Europea da Mobilidade. Esta iniciativa xurdida en 2002 procura promover políticas e accións encamiñadas á redución do uso dos vehículos de motor nas cidades.
Entre as 1404 cidades e vilas europeas que están adheridas a esta iniciativa figuran Burela, O Barco de Valdeorras e Vigo. Fóra destas iniciativas concretas, outros moitos concellos e centros de ensino de Galicia están a preparar actividades para a celebración deste evento: A Coruña [2], Lugo [3], Santiago de Compostela [4], Vilagarcía de Arousa [5].
Pódese consultar na páxina do CENEAM [6] algúns contidos de interese sobre o desenvolvemento desta iniciativa a nivel estatal.
File:
Website:
Tema: