Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Portfolio Europeo das Linguas

Portfolio Europeo das Linguas [1]

Enviado por administrador a Mér, 27/10/2010 - 12:47

O Portfolio Europeo das Linguas é un proxecto desenvolto polo departamento de Política  Lingüística do Consello de Europa dende 1998, ano no que se comezan a pilotar os primeiros modelos validados ata o ano 2000. Entre o 2001 e o 2003, emítense os primeiros informes de resultados da experimentación.

A publicación en 2001, tras 10 anos de traballo, do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (MCER) [2], constitúe o froito dun sentimento de “necesidade de elaborar unha obra global, un documento de referencia que permitira aos profesionais das linguas utilizar un metalinguaxe común, unha ferramenta de maior transparencia e coherencia en toda Europa, e que conservara ao mesmo tempo a flexibilidade para a adaptación aos diferentes contextos.” (Panthier, 2002, páx. 3).

O proxecto Portfolio Europeo das Linguas (PEL) podería considerarse como a proposta para a aplicación na práctica do Marco. É un instrumento, de formato variable e sempre flexible, encamiñado a desenvolver a conciencia da aprendizaxe. Os que aprenden linguas poden rexistrar nel, de forma guiada e sistemática, a súa competencia lingüística, as acreditacións obtidas en materia de linguas e todas as experiencias lingüísticas e culturais significativas.

No ano 2007 finaliza o período de experimentación para comezar implantación voluntaria nos centros educativos.

O Consello de Europa determina que o modelo conste de tres partes:

Pasaporte de linguas:

Reflicte mediante as competencias descritas no cadro de autoavaliación o que o titular saber facer en distintas linguas. Tamén contén información sobre acreditacións: diplomas obtidos, cursos aos que asistiu e contactos relacionados con outras linguas e culturas.

Biografía lingüística:

Aquí se describen as experiencias, os coñecementos lingüísticos e as habilidades do titular en cada unha das linguas e está deseñada para servir de guía ao usuario á hora de planificar e avaliar o seu progreso.

Dossier:

O usuario recolle nel unha mostra selectiva dos traballos persoais que ilustran as súas capacidades e coñecementos lingüísticos (certificacións, traballos escritos, producións orais, proxectos, etc.).

  • PEL de Infantil (de 3 a 7 anos) [3]
  • PEL de Primaria en galego (de 8 a 12 anos) [3]
  • PEL de Primaria en castelán (de 8 a 12 anos) [3]
  • PEL de Secundaria en galego (de 12 a 18 anos) [3]
  • PEL de Secundaria en castelán (de 12 a 18 anos) [3]
  • PEL de Adultos (de 16 anos ou máis) [3]
  • e-PEL (+14) [4]
    • Máis información [5]

 

[6]

[7]

[8]

[9]

PRIMEIRO PREMIO SELO EUROPEO 2012 [10]

 

Ponencias das Xornadas das de formación sobre o PEL (2004-2011) [11]

 

[12] [13]

[14] [15]

[16] [17]

[18] [19]

[20] [21]

 

[22]

 

 

Gallego

File: 

PDF icon Información Portfolio Europeo das Linguas [23]
Portfolio Europeo das Linguas [24]
Ensinanzas de réxime xeral [25]
Educación de persoas adultas [26]
Profesorado [27]
Alumnado [28]
Centros [29]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/portfolio

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/portfolio
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/05/27/marcoeuropeocomun.pdf
[3] http://www.oapee.es/oapee/inicio/iniciativas/portfolio/portfolios-validados-esp.html
[4] http://www.oapee.es/e-pel/
[5] http://www.oapee.es/oapee/inicio/iniciativas/portfolio/epel.html
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1650
[7] http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1651
[8] http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1652
[9] http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1653
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/10/27/selo_europeo_actividades_1_272_premio_2012.pdf
[11] http://www.oapee.es/oapee/inicio/iniciativas/portfolio/cursos-jornadas.html
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/05/27/participantes_pel_2009-2010.pdf
[13] http://www.edu.xunta.gal/portal/node/945
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/10/27/centros_gal_portfolio_2011.pdf
[15] http://www.edu.xunta.gal/portal/node/2248
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/10/27/datos_portfolio_da_comunidade_autonoma_de_galicia.pdf
[17] http://www.edu.xunta.gal/portal/node/3960
[18] https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/10/27/centros_galicia_2012_2013.pdf
[19] http://www.edu.xunta.gal/portal/node/9193
[20] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/pel2013-2014_2.pdf
[21] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/pel2014-2015.pdf
[22] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/pel-solicitudes_participacion-2015-2016.pdf
[23] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/10/27/pelgalicia2010_11.pdf
[24] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/292
[25] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[26] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/42
[27] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[28] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[29] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros