S1501059 Fibra óptica na nova ICT [1]
Enviado por pablogulin a Lun, 06/07/2015 - 13:48
A partires do vindeiro día 29 celebrarase na aula ET-11 do CIFP Politécnico de Santiago [2] unha nova edición da actividade "S1501059 Fibra óptica na nova ICT", destinada ao profesorado de FP da familia de Electricidade e electrónica. Este curso está enfocado á análise das novidades da última normativa de infraestruturas comúns de telecomunicación [3], relacionadas coa instalación e mantemento de redes de acceso de fibra óptica. Explicarase o emprego dos diferentes equipamentos de medida e instalación de redes ópticas, con experiencias prácticas.
O programa do curso é o seguinte:
29/06/2015 09:30 - 14:30 Novo Regulamento ICT2. Cambios substanciais con respecto á anterior normativa. Dimensionado das instalacións. Canalizacións e instalacións.
30/06/2015 09:30 - 14:30 Fibra óptica para a ICT2. Elementos de FO a empregar nas instalacións ICT2. Equipos electrónicos recomendados na ICT2: medidor de campo óptico. Xeradores de luz. Medidores Ópticos. Fusionadora. Certificador de redes.
01/07/2015 09:30 - 14:30 Conectorizacións de Fibra óptica e redes de datos. Prácticas de conectorización e fusión de fibra óptica. Prácticas de conectorización de rede de datos en categoría 6 (ICT2).
02/07/2015 09:30 - 14:30 Prácticas: LNB Óptico. Orientación. Axustes. Medidor de campo. Prácticas: medicións con equipos de fibra óptica. Prácticas: medicións coa certificadora de cables de datos.
Data de comezo: 29/6/2015
Data de finalización: 2/7/2015
Lugar de celebración: Aula ET-11 do CIFP Politécnico de Santiago [2]
Número de horas totais: 20
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66969 [4]
Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=370 [5]
