S1501073 - Fiscalidade para autónomos e PEMES [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 04/06/2015 - 10:23Referencia: S1501073
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 06/07/2015 - 10/07/2015
Data límite de inscrición: 14/06/2015
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas: 25
Destinatarios:
+ Administración e xestión
# Ciclos formativos de grao medio
# Ciclos formativos de grao superior
- Ciclos formativos
Obxectivos:
1.Analizar a normativa reguladora da actividade dos autónomos e das PEMES.
2.Coñecer os procedementos de xestión.
3.Realizar supostos prácticos que reflictan as situacións reais máis habituais.
Contidos:
1.A declaración censal: alta, baixa e modificacións dos empresarios e profesionais. O CIF.
2.As obrigas tributarias dos empresarios en módulos, estimación directa ou sociedade limitada.
3.Os pagos fraccionados trimestrais e as liquidacións trimestrais. Declaracións informativas.
4.As facturas:requisitos.
5.As sancións e recargos. O embargo do salario.
6.Realización de supostos prácticos.
Relatora:
Dona Remedios Vázquez Gil (Axencia Tributaria de Santiago)
Temporalización:
Do 6 ao 10 de xullo de 9 a 15 horas (horas totais: 30).
Descrición da actividade en fprofe [2].
