G1401080: Deseño e titorización de formación profesional en liña [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 16/10/2014 - 14:56Esta actividade é unha novidade que non forma parte da oferta formativa incluída no actual Plan de Formación para o Profesorado de Formación Profesional.
Xurde da elaboración polo Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa [2] da Facultade de Educación da Universidade de Murcia, no contexto do proxecto do Programa Europeo Leonardo Da Vinci "Apoio a profesores de Formación Profesional nos procesos de ensino-aprendizaxe en rede [3]", dun curso aberto [4] na plataforma moodle 2.x [5], destinado ao ensino da capacidade de planificar e titorizar cursos en rede para os módulos de Formación Profesional. Por esta razón, e por mor do pouco tempo dispoñible para a súa posta en marcha, nesta ocasión ofertarase en castelán.
O curso responde á necesidade de pedagoxías e métodos innovadores para a Formación Profesional, introducindo a aprendizaxe colaborativa social e o deseño de aprendizaxe baseada en resultados.
A actividade está dirixida preferentemente a calquera profesor/a de Formación profesional que teña interese en empregar unha aula virtual como apoio ou eixo da súa docencia. A través dos diferentes módulos dos que conta a actividade, explicarase como dinamizar o ensino en rede, co obxectivo do desenvolvemento de determinadas competencias no alumnado.
A actividade non trata aspectos técnicos en relación ao uso e manexo das aulas virtuais nin de moodle. Os interesados nesta temática dispoñen doutras actividades formativas que o tratan de modo específico, coma: Aproveitamento didáctico das ferramentas das Webs Dinámicas nos centros educativos [6]
O curso no seu formato orixinal pode ser accedido e descargado gratuitamente baixo unha licenza de atribución, aínda que sen titorización, na seguinte ligazón: http://evet2edu.eu/moodle/course/view.php?id=25 [7]
Información Importante
En relación ao dereito do profesorado a ter preferencia para a asignación de docencia na Formación profesional a distancia, esta actividade formativa non é a que se refire no seguinte texto do artigo 3.2 da Orde do 29 de xullo de 2011 [8]:
A continuación asignaranse as que requiran dispor de profesorado formado especificamente pola Administración educativa para tal fin ou que acredite dispor de titulación, experiencia profesional ou formación adecuada.
Data de comezo: 03/11/2014
Data de finalización: 12/12/2014
Lugar de celebración: Platega2 [9]
Número de horas totais: 30
Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=63246 [10]
Enlace á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/report/outline/index.php?id=37 [11]
