S1402001: Xornadas de transporte e mantemento de vehículos 2014 [1]
Enviado por juliatabo a Lun, 07/07/2014 - 17:08Tras recoller as suxestións realizadas polos participantes das anteriores edicións das Xornadas, desta volta decidiuse alongar a duración dos Obradoiros prácticos e das Xornadas. A diferenza dos anos anteriores esta edición durará un total de 20 horas, distribuídas nos días 9, 10 e 11 de setembro en horario de 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 18:00.
As Xornadas organízanse en 5 obradoiros de diferentes temáticas, que se celebran en paralelo. Os obradoiros duran todo un día (6h30) e teñen un carácter práctico. Estes obradoiros repítense os 3 días, deste xeito cada un dos participantes terá a oportunidade de asistir a lo menos a 3 dos 5 obradoiros que se ofertan, de acordo cos seus intereses. Como se pode comprobar na seguinte táboa, os relatores son expertos de empresas e entidades do máximo recoñecemento nacional, e as temáticas elixidas recollen moitas das demandas formativas solicitadas polo profesorado da familia de TMV:
Relator | Temática do Obradoiro |
---|---|
JOSÉ LAUREANO CANOIRA LÓPEZ ETSE Minas e Enerxía da Universidade Politécnica de Madrid [2] |
Bio-diesel |
FEDERICO CARRERA SALVADOR CESVIMAP [3] |
Reparación de plásticos |
PEDRO JAVIER FERNÁNDEZ PAREDES Robert Bosch España, S.L.U. [4] |
Comprobación de sensores/actuadores |
ALEJANDRO JIMÉNEZ Hella, S.A. [5] |
Funcionamento e diagnose de sistemas de alumeado de xenón e LEDs |
CARLOS POLONIO NIETO Cars Marobe, S.L. [6] |
Sistemas anticontaminación e diagnose a través de gases de escape |
Data de comezo: 9/9/2014
Data de finalización: 11/9/2014
Lugar de celebración: CIFP Politécnico de Santiago [7]
Número de horas totais: 20
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61023 [8]
Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=272 [9]

