Seguridade por proxectos (S1401008) [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 16/06/2014 - 10:14O vindeiro 30 de xuño comeza o curso Seguridade por proxectos (S1401008), dirixido ao profesorado de Formación Porfesional.
Terá lugar no IES Xulián Magariños (Negreira) e desenvolverase durante a primeira semana do mes de xullo (do 30/06/14 ao 4/07/14), cunha duración de 25 horas.
O curso está dirixido ao profesorado de Formación Profesional da área de Informática e comunicacións. No caso de que existan vacantes tamén poderá acceder o profesorado de Electricidade e electrónica.
Data límite de inscrición: 19 de xuño de 2014.
Para máis información, podedes consultar a ficha en fprofe [2].
Esta actividade está financiada polo Fondo Social Europeo.
Imaxe utilizada: Secure Network [3]; autor: ddpavumba [4].
