Remate do curso O cine e o ensino da historia (CAFI) [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 15/05/2014 - 19:12Máis de vinte profesores da comunidade galega participaron no curso O CINE E O ENSINO DA HISTORIA, que se desenvolveu no CAFI dende o 19 de febreiro ata o 7 de maio. Os asistentes, ademais de asistir a diferentes relatorios teóricos e á proxección de varios filmes galegos, tiveron a oportunidade de gravar unha pequena curta documental arredor do patrimonio histórico de Santiago e arredor das súas xentes. Entre os relatores que tomaron parte no curso figuran ANGEL LUIS HUESO MONTÓN (Catedrático USC), os directores de cine galego ANTÓN CAEIRO e XURXO CHIRRO (que proxectaron, respectivamente, as súas películas AILLADOS e UNE HISTOIRE SEULE), JOSÉ BÚA (Asesor de Medios Audiovisuais da Consellería de Cultura e Educación) e MANUEL GONZÁLEZ ÁLVAREZ e VICTOR SANTIDRIÁN, profesores de ensino secundario, expertos nas posibilidades pedagóxicas que ofrece a aplicación do cine nas aulas.
