Resolución definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos [1]
Enviado por administrador a Lun, 17/02/2014 - 09:30Xúntase a Resolución do 3 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a adjudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico entre funcionarios docentes do corpo de mestres e do corpo de catedráticos e de profesores de ensino secundario para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos convocados pola Orde do 16 de outubro de 2013 (DOG do 4 de novembro).
En aplicación do disposto na base décimo sétima da Orde do 16 outubro de 2013 (DOG do 4 de novembro) pola que se convoca concurso de traslados específico entre funcionarios docentes do corpo de mestres e do corpo de catedráticos e de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve facer pública, no anexo a esta resolución, a adjudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de traslados específico, convocado pola citada orde.
- A toma de posesión dos destinos acadados neste concurso terá efectos do 1 de setembro de 2014, e cesarán no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.