Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > L1301016 - Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

L1301016 - Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos [1]

Enviado por portalcfrlugo a Dom, 11/08/2013 - 01:14
Actividade mixta dirixida a todo o profesorado, interesante para traballar dende todas as áreas e materias, a desenvolver no CFR de Lugo
Gallego

Imaxe didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Imaxe de Marta Arias López//CC BY-SA

O curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos é unha das actividades que dende a asesoría Lingüística e social vaise ofertar para desenvolver no CFR de Lugo dentro do Plan anual de formación do profesorado 2013/2014 [2].

Ésta é unha actividade que se desenvolveu neste curso pasado con profesorado de clásicas, idiomas, educación primaria e educación secundaria, sociais, etc. e que se decidiu repetir dada o éxito acadado na valoración da  (interese amosado, alta implicación, avaliación  e satisfacción por parte do profesorado asistente).

O curso computa 50 horas de formación e 30 serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede titorizadas por unha persoa experta no enfoque por proxectos e o ensino do patrimonio para a solución das posibles dúbidas) onde se elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto que poderá desenvolverse de forma colaborativa.

Hai que subliñar que o ensino do patrimonio (cultural, natural, artístico, oral....) é interesante e aplicable para o profesorado de todas as áreas e materias. Tamén se abordarán aspectos das tecnoloxías móbiles e dixitais e o emprego de ferramentas colaborativas. Completaranse as sesións informativas con visitas guiadas pola cidade e  visitas tamén didácticas a varios centros museísticos.

Profesorado relator:

  • D.  Fernando Trujillo Sáez ( profesor na Universidade de Granada). Acceso ás súas webs [3]
  • D. Ramón Noche Fraga (profesor no IES Xograr  Afonso Gómez Sarria e autor do blog Alifbai [4])
  • D. Manuel González Álvarez  (profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol e autor de Cliphistoria [5])
  • D. José Luís Guede Losada (profesor no CPR San José de Ourense, autor de Civitas Auriensis) [6]
  • D. Antonio Reigosa Carreiras (Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo e autor da web Galicia Encantada [7])
  • D. Josué LLul Peñalba (profesor de Ciencias Sociais, xeografía e historia, director do Departamento de Didácticas Específicas na Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá de Henares e coautor de La ciudad en el arte [8])

En breve comezarase o proceso de selección. Pregamos confirmen ou renuncien o máis rápido posible.

Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos
CFR Lugo [9]
Lingüística e social [10]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/10298

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/10298
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9810
[3] http://fernandotrujillo.es/
[4] http://www.alifbai.blogspot.com.es/
[5] http://www.youtube.com/user/Cliphistoria
[6] http://civitasauriensis.blogspot.com.es/
[7] http://www.galiciaencantada.com/
[8] http://sites.cardenalcisneros.es/ciudadarte/
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/728
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/757