IV Concurso de Divulgación Científica CPAN [1]
Enviado por portalcfrpontevedra a Lun, 08/07/2013 - 22:10Obxectivo
Este certame pretende estimular e recoñecer a produción de material divulgativo dirixido ao público xeral, e aos estudantes de educación secundaria e universitarios en particular, sobre os principios, avances científicos e tecnolóxicos e os beneficios da Física de Partículas, Física de Astropartículas e Física Nuclear.
Participantes
Investigadores de organismos públicos e privados, estudantes de doutorado e grao, profesores de educación secundaria, profesionais da divulgación científica e periodistas. A participación pode ser individual ou en grupo, podendo optar a unha ou varias modalidades.
Forma e prazo de presentación
Poderán presentarse traballos ata o luns, 30 de setembro de 2013 a través da aplicación web [2] creada a tal efecto na intranet do CPAN.
Para saber máis [3]
