P1301041. Propostas de aula para indagar sobre a meteoroloxía [1]
Enviado por portalcfrpontevedra a Lun, 08/07/2013 - 19:42Curso: P1301041. Propostas de aula para indagar sobre a meteoroloxía
Centro de formación e recursos: Pontevedra
Temporalización: 2º trimestre, Curso académico 2013/2014
Data límite de inscrición: 12/12/2013
Lugar: Pontevedra
Prazas: 20
Obxectivos
1.Empregar a meteoroloxía como centro de interese nas áreas do ámbito científico-tecnolóxico.
2.Promover experiencias de aula que lle permitan ao alumnado a adquisición das competencias básicas mediante a aprendizaxe baseada en proxectos dende a meteoroloxía.
3.Fomentar o traballo colaborativo entre docentes de diferentes especialidades.
Contidos
1.Aprendizaxe baseada en proxectos.
2.A meteoroloxía como centro de interese desde as matemáticas, a bioloxía, a física e química e a tecnoloxía.
3.Ferramentas e indicadores de avaliación de competencias básicas.
4.Ferramentas e novas tecnoloxías na meteoroloxía.
5.Fase non presencial
5.1. Deseño e planificación dunha actividade para levar á aula e valoración da experiencia.
