Que se aprende a facer?
Realizar ao seu nivel necropsias, procesar biopsias e realizar o estudo citolóxico de mostras clínicas, interpretando e validando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico ou médico-legal, organizando e programando ao seu nivel o traballo, cumprindo criterios de calidade do servizo e de óptimo aproveitamento de recursos, baixo a supervisión correspondente.
Onde se realiza o traballo?
Esta figura profesional localízase nas funcións ou subfuncións de organización e xestión da unidade de traballo, recepción, identificación, preparación e distribución de mostras, procesado de mostras, control de calidade dos resultados, investigación e docencia.
En que postos de traballo?
Técnico especialista en anatomía patolóxica. Citotécnico. Axudante de forense.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Citoloxía de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción | 120 |
Citoloxía de segregacións e líquidos | 120 |
Citoloxía xinecolóxica | 265 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 710 |
Fotografía macro e microscópica | 55 |
Horas á disposición do centro | 80 |
Necropsias | 160 |
Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de anatomía patolóxica e citoloxía | 80 |
Proceso de tecidos e citopreparación | 265 |
Proxecto integrado | 90 |
Que título se obtén?
Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.