MIEX02

 

MIEX02 - Escavacións e sondaxes

Ciclo formativo
Familia: Industrias extractivas
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MIEX02
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Realizar a perforación subterránea e a ceo aberto utilizando as técnicas, os medios e os recursos propios de perforación. Practicar voaduras de xeito simulado conforme as instrucións e a documentación técnica recibidas, preparando, cargando e iniciando os explosivos inertes. Realizar o sostemento en escavacións subterráneas preparando e colocando cadros, tesoiras, ancoraxes, porlóns de ancoraxe e demais sistemas para o efecto. Realizar a estabilización de noiros en escavacións a ceo aberto, preparando e colocando os sistemas para o efecto. Realizar proxeccións de formigóns aplicando as técnicas e os recursos necesarios. Practicar sondaxes, logo de preparar e acondicionar os equipamentos adecuados a cada operación. Recoller testemuñas e tomar mostras realizando ensaios e medicións xeotécnicas e hidroxeolóxicas in situ e no laboratorio. Montar e manter instalacións, máquinas e equipamentos realizando as operacións de verificación, axuste e substitución dos seus elementos, e restituír o seu funcionamento en condicións de calidade, seguridade e respecto polo ambiente. Realizar a escavación de espazos subterráneos utilizando os sistemas mecanizados de arranque selectivo do material, para a extracción de recursos minerais ou para a construción de obras subterráneas. Manexar maquinaria de escavación e de movemento de terras a ceo aberto seguindo as especificacións técnicas, en condicións de seguridade e eficiencia.

 

En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade en empresas de extracción ou investigación mineira, hidroxeolóxica e xeotécnica, empresas construtoras, empresas de movemento de terras, consultorías xeotécnicas, e empresas de sondaxes, perforacións, escavacións e movementos de terra.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Mineiro/a; Condutor/a operador/a de maquinaria de movemento de terras, extracción e escavación; Condutor/a operador/a de pa cargadora de interior; Operador/a de maquinaria de perforación e escareado; Operador/a de maquinaria perforadora de pozos; Operador/a de maquinaria de arranque, rozadoras e cepillos. Artilleiro/a; Esteador/a; Barrenista; Picador/a de minas; Electromecánico/a de minas; Sondista de prospección mineira e xeotécnica; Técnico/a de prospeccións e sondaxes.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1078 Estabilización de noiros 133 5
MP1082 Formación e orientación laboral 107 4
MPI021 Lingua estranxeira profesional I 53 2
MP1081 Operacións e manexo de maquinaria de escavación 160 6
MP0847 Sondaxes 187 7
MP1031 Técnicas de voaduras 160 6
MP0850 Traballos xeotécnicos 160 6
MP1083 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1079 Escavacións con arranque selectivo 105 6
MP1084 Formación en centros de traballo 410
MPI022 Lingua estranxeira profesional II 53 3
MP1080 Operacións de carga e transporte en escavacións 175 10
MP0881 Perforacións 157 9
MP1077 Sostemento 87 5

Modalidade de formación profesional dual (con oferta parcial doutros ciclos)

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual, con oferta parcial doutros ciclos formativos. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Santiago de Compostela 15027058 IES As Fontiñas 881866661




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).