s20001

 

S20001 - Animación sociocultural

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 1700
Código: S20001
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Planificación e control das intervencións Programar, organizar, dinamizar e avaliar proxectos de intervención social encamiñados ao desenvolvemento social, aplicando técnicas de dinámica de grupos e utilizando recursos comunitarios, culturais e de lecer e tempo libre.

 

Onde se realiza o traballo?
Intervención comunitaria e actividades de lecer e tempo libre.

 

En que postos de traballo?
Coordinador de programas de intervención específicos (por idade ou sectores de intervención). Animador de equipamentos especializados (ludotecas, centros culturais e cívicos, albergues e campamentos, etc.). Animador comunitario. Animador/monitor cultural. Animador/monitor de tempo libre. Animador hospitalario.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Animación cultural 160
Animación de lecer e tempo libre 160
Animación e dinámica de grupos 110
Desenvolvemento comunitario 160
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 740
Horas á disposición do centro 70
Metodoloxía da intervención social 80
Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas 110
Proxecto integrado 55

 

Que título se obtén?
Técnico superior en animación sociocultural.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).