s19002
S19002 - Saúde ambiental
Que se aprende a facer?
Realizar as operacións de inspección necesarias para identificar, controlar, vixiar, avaliar e, de ser o caso, corrixir os factores de risco ambiental para a saúde, desenvolvendo programas de educación e promoción da saúde das persoas na súa interacción co medio ambiente, baixo a supervisión correspondente.
En que ámbitos se traballa?
Organización e xestión da unidade de traballo, de prestación do servizo, investigación, docencia e educación sanitaria.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico en saúde ambiental. Técnico en control de augas de consumo. Técnico en contaminación atmosférica. Técnico en xestión de residuos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | CS0440 | Augas de uso e consumo | 345 | 13 | |
1º | CS0445 | Contaminación atmosférica, ruídos e radiacións | 185 | 7 | |
1º | CS0FOL | Formación e orientación laboral | 55 | 2 | |
1º | CSHC80 | Horas á disposición do centro | 80 | 3 | |
1º | CS0481 | Organización e xestión da unidade de saúde ambiental | 110 | 4 | |
1º | CS0626 | Produtos químicos e vectores de interese na saúde pública | 185 | 7 | |
2º | CS0447 | Control e vixilancia da contaminación da alimentación | 295 | 16 | |
2º | CS0453 | Educación sanitaria e promoción da saúde | 130 | 7 | |
2º | CS0459 | Formación en centros de traballo | 380 | ||
2º | CS0496 | Proxecto integrado | 90 | 5 | |
2º | CS0510 | Residuos sólidos e medio construído | 145 | 8 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).