SSSC03
SSSC03 - Animación sociocultural e turística
Que se aprende a facer?
Programar, organizar, pór en práctica e avaliar intervencións de animación sociocultural e turística, promovendo a participación activa das persoas e dos grupos destinatarios, e coordinando as actuacións de profesionais e persoal voluntario ao seu cargo.
En que ámbitos se traballa?
No sector dos servizos á comunidade (desenvolvemento comunitario e información xuvenil), no sector dos servizos culturais (lectura e información, tecnoloxías da información e da comunicación, etc.) e de recursos e produtos culturais diversos, e nos sectores de servizos turísticos e de lecer e tempo libre (actividades lúdicas e deportivas, ambientais e de aire libre).
Que ocupacións se desempeñan?
Coordinador/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Director/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Coordinador/ora ou director/ora de campamentos, albergues de xuventude, casas de colonias, granxas-escola, e aulas de casas de xuventude e escolas de natureza. Monitor/ora de tempo libre. Animador/ora sociocultural. Dinamizador/ora comunitario/a. Asesor/ora para o sector asociativo. Técnico/a comunitario/a. Xestor/ora de asociacións.Técnico/a de servizos culturais. Animador/ora cultural. Informador/ora xuvenil. Animador/ora de hotel. Animador/ora de veladas e espectáculos. Animador/ora de actividades recreativas ao aire libre en complexos turísticos. Xefe/a de departamento en animación turística.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1125 | Animación e xestión cultural | 213 | 8 | |
1º | MP1131 | Contexto da animación sociocultural | 107 | 4 | |
1º | MP1128 | Desenvolvemento comunitario | 107 | 4 | |
1º | MP1133 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1129 | Información xuvenil | 133 | 5 | |
1º | MP0179 | Inglés | 160 | 6 | |
1º | MP0344 | Metodoloxía da intervención social | 133 | 5 | |
2º | MP1123 | Actividades de lecer e tempo libre | 156 | 9 | |
2º | MP1126 | Animación turística | 140 | 8 | |
2º | MP1124 | Dinamización grupal | 123 | 7 | |
2º | MP1134 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1135 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1130 | Intervención socioeducativa con xente nova | 105 | 6 | |
2º | MP0020 | Primeiros auxilios | 53 | 3 | |
2º | MP1132 | Proxecto de animación sociocultural e turística | 26 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2022-2023.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15022607 | CIFP Ánxel Casal - Monte Alto | 881960122 |
Ferrol | 15021469 | CIFP Leixa | 881938125 |
Santiago de Compostela | 15015755 | IES Plurilingüe Rosalía de Castro | 881866556 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32016765 | CIFP Portovello | 988788901 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Baiona | 36019657 | IES Primeiro de Marzo | 886110127 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2022-2023.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2022-2023.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ferrol | 15021469 | CIFP Leixa | 881938125 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).