SSEA04
SSEA04 - Química e saúde ambiental
Que se aprende a facer?
Vixiar e controlar os efectos sobre a saúde dos factores de risco ambiental e alimentario, participar na posta en marcha e no desenvolvemento de sistemas de xestión ambiental e intervir en programas de educación para a saúde pública e comunitaria, baixo a supervisión, de ser o caso, do/da superior responsable, de acordo cos protocolos establecidos, respectando a normativa de referencia, e en condicións de calidade e seguridade.
En que ámbitos se traballa?
No ámbito sanitario dentro da área da saúde pública ou privada, en sectores produtivos potencialmente contaminadores e na administración estatal, autonómica e local en servizos relacionados coa saúde e/ou o ambiente. Poden formar parte de equipos de inspección sanitaria, de laboratorios de análises, centros de investigación, centros universitarios, explotacións agrarias e empresas de servizos de control ambiental.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en xestión ambiental, coordinador/a de sistemas de xestión ambiental, programador/a de actividades ambientais, documentalista ambiental, técnico/a de control sanitario (alimentos, augas, atmosfera, residuos...), técnico/a de control de contaminación atmosférica, técnico/a de control de contaminación acústica, técnico/a de control de organismos nocivos, técnico/a en control de pragas no medio urbano e na contorna natural asociada, e comercial de información de produtos biocidas e fitosanitarios.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP1548 | Control de augas | 319 | ||
| 1º | MP1549 | Control de residuos | 107 | ||
| 1º | MP1547 | Educación para a saúde e o ambiente | 107 | ||
| 1º | MP1556 | Formación e orientación laboral | 107 | ||
| 1º | MPI009 | Lingua estranxeira profesional I | 53 | ||
| 1º | MP1546 | Sistemas de xestión ambiental | 107 | ||
| 2º | MP1557 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | ||
| 2º | MP1558 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
| 2º | MPI010 | Lingua estranxeira profesional II | 53 | ||
| 2º | MP1555 | Proxecto de química e saúde ambiental | 26 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).