SHOT02
SHOT02 - Axencias de viaxes e xestión de eventos
Que se aprende a facer?
Programar e realizar viaxes combinadas e calquera tipo de eventos, e vender servizos turísticos en axencias de viaxes e a través doutras unidades de distribución, propondo ac-cións para o desenvolvemento dos seus programas de márketing e asegurando a satisfacción da clientela.
En que ámbitos se traballa?
No sector turístico, no subsector das axencias de viaxes polo miúdo, por xunto e mixtas, así como nas axencias especializadas en recepción e eventos. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan a súa propia axencia de viaxes ou eventos, ou por conta allea que exercen a súa actividade profesional como empregados/as ou xefes/as de oficina ou de departamento, nas áreas funcionais de administración, de reservas, de produto, e de venda de servizos e produtos turísticos e eventos.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de oficina de axencia de viaxes, xefe/a de departamento en axencia de viaxes, axente de viaxes, consultor/ora de viaxes, organizador/ora de eventos, vendedor/ora de servizos de viaxe e viaxes programadas, promotor/ora comercial de viaxes e servizos turís-ticos, empregado/a do departamento de reservas (“booking”).
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0383 | Destinos turísticos | 213 | 8 | |
1º | MP0171 | Estrutura do mercado turístico | 133 | 5 | |
1º | MP0401 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0179 | Inglés | 160 | 6 | |
1º | MP0173 | Márketing turístico | 160 | 6 | |
1º | MP0384 | Recursos turísticos | 187 | 7 | |
2º | MP0399 | Dirección de entidades de intermediación turística | 87 | 6 | |
2º | MP0402 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0403 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0172 | Protocolo e relacións públicas | 105 | 6 | |
2º | MP0400 | Proxecto de axencias de viaxes e xestión de eventos | 26 | ||
2º | MP0180 | Segunda lingua estranxeira | 157 | 9 | |
2º | MP0398 | Venda de servizos turísticos | 123 | 7 | |
2º | MP0397 | Xestión de produtos turísticos | 105 | 5 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2022-2023.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15005221 | IES Plurilingüe Eusebio da Guarda | 881960060 |
Pontedeume | 15025682 | CIFP Fraga do Eume | 881930455 |
Santiago de Compostela | 15015755 | IES Plurilingüe Rosalía de Castro | 881866556 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32015050 | CIFP A Farixa | 988783012 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36013448 | CIFP Manuel Antonio | 886120750 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2022-2023.
Modalidade de formación profesional dual (como dobre titulación con oferta parcial)
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual, como dobre titulación xunto con outro ciclo formativo e oferta parcial doutro/s ciclo/s. Curso 2022-2023.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32015050 | CIFP A Farixa | 988783012 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).