SELE52

 

SELE52 - Robótica colaborativa

Curso de especialización
Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 400
Código: SELE52
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Desenvolver proxectos de robótica colaborativa, tanto de brazos robóticos como de robots móbiles autónomos, así como realizar a montaxe, a posta en marcha e o mantemento dos devanditos sistemas, respectando criterios de calidade, seguridade, accesibilidade e respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan o certificado que acredita a superación deste curso de especialización poderán exercer a súa actividade en empresas públicas e privadas de todos os sectores produtivos, por conta tanto allea como propia, desempeñando o seu traballo na área de deseño, desenvolvemento, montaxe, mantemento ou consultoría de actividades relacionadas coa robótica colaborativa.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de supervisión de montaxe de sistemas de robótica colaborativa; xefe/a de equipo de supervisión de mantemento de sistemas de robótica colaborativa; proxectista de sistemas de robótica colaborativa; técnico/a de posta en marcha de sistemas de robótica colaborativa; programador/a de robots colaborativos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5088 Configuración e programación 181 13
MP5087 Robótica colaborativa 81 6
MP5089 Robots móbiles autónomos 81 6
MP5090 Seguridade e mantemento 57 5

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Carballiño, O 32015037 IES Manuel Chamoso Lamas 988788380




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).