MSAN01
MSAN01 - Emerxencias sanitarias
Que se aprende a facer?
Executar as actividades de traslado do paciente ao centro sanitario, prestar atención básica sanitaria e psicolóxica no contorno prehospitalario, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria, e colaborar na organización e no desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual ou colectiva, ou unha catástrofe.
En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario público ou privado relacionado co traslado de pacientes ou vítimas, e a prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, coa colaboración na preparación e no desenvolvemento da loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes, así como participando na preparación de plans de emerxencia e dispositivos de risco previsible do ámbito da protección civil.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en transporte sanitario, técnico/a de emerxencias sanitarias, operador/a de teleasistencia, operador/a de centros de coordinación de urxencias e emerxencias.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0061 | Anatomofisioloxía e patoloxía básicas | 107 | 4 | |
1º | MP0058 | Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia | 53 | 2 | |
1º | MP0055 | Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia | 266 | 10 | |
1º | MP0054 | Dotación sanitaria | 107 | 4 | |
1º | MP0062 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0053 | Loxística sanitaria en emerxencias | 160 | 6 | |
1º | MP0052 | Mantemento mecánico preventivo do vehículo | 80 | 3 | |
1º | MP0060 | Teleemerxencias | 80 | 3 | |
2º | MP0056 | Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia | 227 | 13 | |
2º | MP0063 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0057 | Evacuación e traslado de pacientes | 245 | 14 | |
2º | MP0064 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0059 | Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles | 105 | 6 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).