MMAP02

 

MMAP02 - Operacións subacuáticas e hiperbáricas

Ciclo formativo
Familia: Marítimo-pesqueira
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MMAP02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar traballos subacuáticos e hiperbáricos, respirando aire e nitrox, ata a presión e a profundidade máxima que permitan as normas de seguridade vixentes, e manter en condicións de utilización os equipamentos, as ferramentas e/ou o material auxiliar, coa calidade e a eficiencia requiridas, aplicando as técnicas de inmersión asociadas a este título e patroneando embarcacións en augas interiores e próximas á costa, consonte a normativa ambiental e cumprindo as normas de seguridade.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas públicas ou privadas dedicadas ao mergullo profesional e a calquera tipo de traballos en ambientes subacuáticos e hiperbáricos marítimos e subterráneos, patroneando embarcacións en augas interiores e próximas á costa, e naquelas outras que dispoñan entre os seus servizos da recompresión terapéutica ou probas de estanquidade de equipamentos baixo presión.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe de equipo de mergullo profesional e mergullador profesional de apoio en inmersións a intervención ata a presión e a profundidade máxima que permitan as normas de seguridade, utilizando aire e nitrox; operador especialista en cámaras, instalacións e plantas hiperbáricas e no mantemento de equipamentos hiperbáricos en empresas homologadas; mergullador profesional especialista en corte e soldadura subacuática, en inmersións desde campá húmida, en construción e obra hidráulica e en reparacións en flotación e reflotamentos; operador auxiliar nos traballos hiperbáricos ata a presión e a profundidade máxima que permitan as normas de seguridade, utilizando aire e nitrox en ambientes confinados subterráneos en hábitats secos ou con fluídos distintos á auga para a realización de perforacións con tuneladoras ou outros equipamentos de perforación; patrón dedicado ao transporte marítimo de mercadorías e/ou pasaxeiros, servizos de practicaxe, seguridade, salvamento marítimo, mergullo e investigación; mariñeiro especialista de cuberta; mariñeiro especialista de máquinas.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0763 Fisiopatoloxía do mergullo e emerxencias 107 4
MP0766 Formación e orientación laboral 107 4
MP0759 Instalacións e equipamentos hiperbáricos 240 9
MP0758 Intervención hiperbárica con aire e nitrox 346 13
MP0765 Manobra e propulsión 160 6
MP0762 Construción e obra hidráulica 140 8
MP0761 Corte e soldadura 122 7
MP0767 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0768 Formación en centros de traballo 410
MP1248 Inmersión desde campá húmida 70 4
MP0764 Navegación 105 6
MP0760 Reparacións e reflotamentos 140 8

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Illa de Arousa, A 36020209 IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura 886159304




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).