MINA01
MINA01 - Panadaría, repostaría e confeitaría
Que se aprende a facer?
Elaborar e presentar produtos de panadaría, repostaría e confeitaría, conducindo as operacións de produción, composición e decoración, en obradoiros e establecementos de restauración, con aplicación da lexislación vixente de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
En obradoiros artesanais ou semiindustriais que elaboran produtos de panadaría, pastelaría e confeitaría, así como no sector de hostalaría, subsector de restauración, e como elaboradores ou elaboradoras por conta propia ou por conta allea. Tamén exercen a súa actividade no sector do comercio da alimentación en establecementos que elaboran e venden produtos de panadaría, pastelaría e repostaría.
Que ocupacións se desempeñan?
Panadeiro/a, elaborador/a de bolaría, elaborador/a de masas e bases de pizza, pasteleiro/a, elaborador/a e decorador/a de pasteis, confeiteiro/a, reposteiro/a, turroneiro/a, elaborador/a de caramelos e doces, elaborador/a de produtos de cacao e chocolate, churreiro/a, galleteiro/a, elaborador/a de sobremesas en restauración.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0025 | Elaboracións de panadaría e bolaría | 347 | 13 | |
| 1º | MP0033 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
| 1º | MP0024 | Materias primas e procesos en panadaría, pastelaría e repostaría | 133 | 5 | |
| 1º | MP0030 | Operacións e control de almacén na industria alimentaria | 80 | 3 | |
| 1º | MP0026 | Procesos básicos de pastelaría e repostaría | 240 | 9 | |
| 1º | MP0031 | Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos | 53 | 2 | |
| 2º | MP0034 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
| 2º | MP0035 | Formación en centros de traballo | 410 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).