MAFD02

 

MAFD02 - Guía no medio natural e de tempo libre

Ciclo formativo
Familia: Actividades físicas e deportivas
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MAFD02
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Organizar itinerarios e guiar grupos por contornas naturais de baixa e media montaña, terreo nevado tipo nórdico, cavidades de baixa dificultade, barrancos de baixo risco, medio acuático e instalacións de lecer e aventura, progresando a pé, con cordas, en bicicleta, en embarcacións e a cabalo, así como dinamizar actividades de tempo libre, adaptando todo iso aos participantes, respectando o medio ambiente e garantindo a calidade e a seguridade.

 

En que ámbitos se traballa?
Ámbito das actividades deportivo-recreativas na natureza e turismo activo, deportivo ou de aventura e en instalacións de lecer e aventura, así como en actividades socioeducativas de tempo libre, nas áreas de organización, desenvolvemento, dinamización, seguimento e avaliación das devanditas actividades e nas de prevención, vixilancia e rescate en espazos acuáticos naturais. Tamén poden exercer a súa actividade en unidades de intervención acuática e equipos de rescate e socorrismo.
A actividade profesional realízase tanto de forma autónoma como contratada, no ámbito público, xa sexa administración xeral, autonómica ou local, e no ámbito privado, en grandes, medianas e pequenas empresas de servizos vinculadas aos sectores produtivos do deporte, turismo e lecer e tempo libre educativo infantil e xuvenil.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Deseñador de itinerarios terrestres ata media montaña, deseñador de itinerarios ecuestres ata media montaña, deseñador de itinerarios en bicicleta por terreos de ata media montaña, deseñador de itinerarios polo medio acuático en embarcacións de recreo exentas de despacho, deseñador e organizador de actividades físico-deportivas recreativas guiadas polo medio natural, encargado de prevención e seguridade en roteiros e eventos en bicicleta, encargado de prevención e seguridade en roteiros e eventos ecuestres, guía en actividades de sendeirismo, montañismo por baixa e media montaña, travesía por baixa e media montaña, e roteiros nevados tipo nórdico con raquetas. Guía de barrancos de baixa dificultade. Guía de espeleología de dificultade baixa. Guía de itinerarios en bicicleta de montaña. Guía de itinerarios de cicloturismo. Guía de itinerarios dacabalo. Guía de itinerarios polo medio acuático en embarcacións de recreo exentas de despacho, monitor de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Monitor de campamentos, de albergues de mocidade, de casas de colonias, de granxas-escolas, e de aulas e escolas de natureza. Monitor de actividades no marco escolar. Monitor de instalacións de lecer e aventura. Socorrista en praias marítimas. Socorrista en lagos e encoros. Socorrista de apoio en unidades de intervención acuática. Socorrista en actividades acuáticas na contorna natural. Socorrista en actividades náutico-deportivas. Socorrista en praias fluviais.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1340 Formación e orientación laboral 107 4
MP1334 Guía de bicicleta 160 6
MPI015 Lingua estranxeira profesional I 53 2
MP1339 Manobras con cordas 214 8
MP1329 Organización de itinerarios 133 5
MP1325 Técnicas de equitación 133 5
MP1336 Técnicas de natación 53 2
MP1335 Técnicas de tempo libre 107 4
MP1328 Atención a grupos 53 3
MP1341 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1342 Formación en centros de traballo 410
MP1333 Guía de baixa e media montaña 191 11
MP1327 Guía ecuestre 70 4
MP1338 Guía no medio natural acuático 105 6
MPI016 Lingua estranxeira profesional II 53 3
MP1337 Socorrismo no medio natural 105 6

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2021-2022.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Arteixo 15023314 IES de Sabón 881960140
Coristanco 15021974 EFAG Fonteboa 981733051
Culleredo 15005749 CIFP Universidade Laboral 881960820
Porto do Son 15027691 IES de Porto do Son 881866707

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Gondomar 36020261 IES Plurilingüe Terra de Turonio 886110203
Poio 36020143 IES de Poio 886151444
Silleda 36020350 IES Plurilingüe Pintor Colmeiro 986580904




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).