E3TMV005200

 

E3TMV005200 - LOOIFP | Aeronaves pilotadas de forma remota-Drons

Curso de especialización
Familia: Transporte e mantemento de vehículos
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 500
Código: E3TMV005200
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Construír e manter aeronaves pilotadas de xeito remoto-drons ou RPAS (Remotely Piloted Aircraft System) configurados de acordo coas características de deseño e adaptados aos sectores en que vaian prestar servizos, en condicións de calidade, seguridade e respecto ambiental, conforme a documentación técnica do proxecto e aplicando a normativa.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas privadas dedicadas á construción e ao mantemento de drons ou empresas públicas e privadas de calquera sector que utilicen drons para a prestación dos seus servizos e dispoñan de persoal de mantemento, sen prexuízo da obriga de cumprir os requisitos establecidos pola normativa comunitaria e nacional, para exercer as actividades de mantedor/a e piloto de drons.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Comercial de venda e asesoramento sobre drons. Construtor/a de drons. Mantedor/a reparador/a de drons. Integrador/a de sistemas en drons. Fabricante de accesorios para drons. Piloto de drons.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5096 Aplicacións profesionais 30 2
MP5094 Configuración e control 90 5
MP5093 Electrónica e sistemas 90 5
MP5097 Lexislación e procedementos de aplicación 40 3
MP5095 Mantemento e probas 120 7
MP5092 Partes e compoñentes 50 3
MP5091 Sistemas aéreos non tripulados 80 5

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Lugo 27006528 CIFP As Mercedes 982828001

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32009131 IES Universidade Laboral 988788486

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade 886110857




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).