E3COM005100
E3COM005100 - LOOIFP | Redacción de contidos dixitais para márketing e vendas
Que se aprende a facer?
Planificar, executar e optimizar unha estratexia de contidos dixitais para posicionar marcas, atraer clientes e aumentar ingresos, utilizando métodos, técnicas e ferramentas de redacción publicitaria.
En que ámbitos se traballa?
Nos sectores económicos que desenvolvan actividades de márketing, comunicación e venda en liña, tanto comercial como industrial, así como en todos os elos da cadea de subministración.
Que ocupacións se desempeñan?
Directores de márketing dixital (Dixital Strategist) .Directores de Marketing de crecemento (Growth Marketing Director). Directores de comercio electrónico (e-Commerce Manager). Especialistas en captación e fidelización de clientes (Inbound Marketing Specialist). Xestores de contidos (Content Manager). Redactores de textos publicitarios (Copywriter). Xestores de redes sociais e comunidades dixitais (Community Manager).
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP5114 | Comunicación en redes sociais | 120 | 9 | |
| 1º | MP5123 | Estratexia de contidos dixitais | 130 | 10 | |
| 1º | MP5124 | Redacción de contidos dixitais | 160 | 11 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Ferrol | 15006778 | CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro | 881930145 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).