BAFD01

 

BAFD01 - Acceso e conservación en instalacións deportivas

Ciclo formativo
Familia: Actividades físicas e deportivas
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BAFD01
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares no control de acceso, circulación e asistencia aos usuarios e visitantes da instalación deportiva, o apoio á organización de actividades físico deportivas seguindo instrucións de superiores ou plan de traballo, a prevención para a mellora da seguridade dentro do recinto e a reposición ou reparación de avarías de nivel básico, operando coa calidade indicada, e actuando en condicións de seguridade e de prevención de riscos laborais e a protección ambiental correspondentes, e comunicándose de forma oral e escrita en lingua castelá e no seu caso na lingua cooficial propia, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Actividade profesional por conta allea, tanto no ámbito público, a Administración Xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en ximnasios e federacións deportivas, en piscinas, espazos naturais, parques acuáticos, empresas de servizos deportivos, empresas de turismo activo, hoteis, cámpings, balnearios e centros de SPA, empresas de xestión deportiva, clubs e asociacións deportivo-recreativas e de lecer, centros educativos e instalacións deportivas afíns, e baixo a supervisión directa dun responsable superior.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Acompañante de usuarios en instalacións deportivas, auxiliar de arquivo, auxiliar de control de instalacións deportivas, auxiliar de información, auxiliar de oficina, auxiliar de servizos xerais, axudante Control e Mantemento, clasificador e/ou repartidor de correspondencia, conserxe de colexios, conserxe de instalacións, conserxe de piscinas, mozo vestiario de piscinas, ordenanza, subalterno de dependencias, subalterno de piscinas, recepcionista, taquillero, telefonista en servizos centrais de información.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3004 Arquivamento e comunicación 146 5
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 7
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 8
MP3150 Reparación de avarías e reposición de utensilios 204 8
MP3003 Técnicas administrativas básicas 179 7
MP3148 Acceso de usuarios e organización da instalación físicodeportiva 69 4
MP3149 Asistencia na organización de espazos e actividades, e na repartición de material na instalación fisicodeportiva 135 8
MP3005 Atención á clientela 58 3
MP3010 Ciencias aplicadas II 162 9
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 8
MP3152 Formación en centros de traballo 320
MP3151 Operacións básicas de prevención nas instalacións deportivas 149 9

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2021-2022.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Culleredo 15005749 CIFP Universidade Laboral 881960820




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).