Que se aprende a facer?
Realizar traballos auxiliares de fabricación de produtos cerámicos e de vidro de xeito artesanal e/ou semiautomático a partir de deseños establecidos, intervindo nas operacións de reprodución de moldes, modelaxe, moldeamento, coada, esmaltado, mecanizado, decoración, cocción e acabamento, seguindo instrucións técnicas, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
En talleres artesanais ou en pequenas e medianas empresas de fabricación de produtos cerámicos, de fabricación, transformación e/ou decoración de produtos de vidro, así como en empresas de montaxe de acristalamentos. Desenvolven xeralmente a súa actividade por conta allea no marco das funcións e os obxectivos asignados por persoal técnico de nivel superior ou baixo a directriz dunha persoa artesán/á ou artista. Ocasionalmente, poden tamén exercer a súa actividade por conta propia no campo da artesanía relacionada coa fabricación de obxectos para o fogar, decorativos ou ornamentais.
Que ocupacións desempeñan?
Moldeador/ora de cerámica (coador/ora, montador/ora ou pegador/ora); operario/a de prensaxe plástica; operario/a de torno de calibraxe; operario/a de olaría; pintor/ora en liña de decoración manual de produtos cerámicos; operario/a de moldes para cerámica artesanal; operario/a de reprodución por moldeamento de pezas cerámicas artesanais; operador/ora de produtos de vidro; tallador de vidro; moldeador/ora de vidro plano ornamental (termoformación); operador/ora de fusing; cristaleiro/a; cristaleiro/a de vidreiras; soprador/ora; modelador/ora; laminador/ora; cortador/ora; pulidor/ora de vidro; gravador/ora de vidro; pintor/ora decorador/ora en vidro; elaborador/ora de envases de vidro para a industria; transformador/ora de vidro oco manual e semiautomático.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Acabamento de produtos cerámicos | 116 |
Atención á clientela | 58 |
Ciencias aplicadas I | 175 |
Comunicación e sociedade I | 206 |
Conformación de pezas cerámicas | 239 |
Reprodución de moldes | 116 |
Ciencias aplicadas II | 162 |
Comunicación e sociedade II | 135 |
Formación en centros de traballo | 320 |
Mecanizados manuais e aplicacións superficiais | 135 |
Mecanizados manuais e semiautomáticos con vidro fundido e tubos de vidro | 133 |
Termoformación, fusing e vidreiras | 143 |
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.
Que título se obtén?
Título profesional básico en Vidraría e olaría.
A que outros estudos se pode acceder?
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:
- Administración e xestión
- Artes gráficas
- Comercio e márketing
- Téxtil, confección e pel
- Vidro e cerámica