Formación
Neste artigo preséntase a experiencia na implementación dun enfoque manipulativo e vivencial da competencia matemática, explicando o proceso seguido, as bases teóricas e a valoración obtida tras tres anos de aplicación.
No CEIP Plurilingüe de Tirán impúlsase un cambio metodolóxico para responder ao novo contexto xeracional, fortalecendo a competencia matemática.
A través dun plan de formación do profesorado unificouse o traballo nas dúas etapas que se imparten no centro. As actividades que parten desta metodoloxía favorecen o desenvolvemento de habilidades e capacidades do alumnado, así como a implantación dunha liña pedagóxica común.





































