O currículo na aula

Formación aberta en rede
Data: 
Desde venres, 22 de abril de 2016 ata venres, 20 de maio de 2016
Lugar: 
Actividade virtual a través de Platega 2

O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo esta formación aberta na Rede, O currículo na aula, a través de Platega2. Trátase dunha actividade conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria. Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os docentes interesados poden automatricularse en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón introducindo os seus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.

A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio e estará conformada por 4 módulos:

  • Currículo e aproximación á programación
  • Rúbricas e mínimos esixibles
  • Perfil de competencia.
  • Tarefas integradas.