
O próximo 22 de abril de 2016 dará comezo esta formación aberta na Rede, O currículo na aula, a través de Platega2. Trátase dunha actividade conformada por unha serie de materiais que desenvolven os contidos, foros de participación e comunicación entre os participantes e tarefas con entrega libre e voluntaria. Está aberta a calquera docente de centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Os docentes interesados poden automatricularse en Platega2 ata o 21 de abril na seguinte ligazón [1] introducindo os seus datos de conta corporativa e a palabra "platega" como chave de matriculación.
A fase de formación comezará o 22 de abril e rematará o 20 maio e estará conformada por 4 módulos:
- Currículo e aproximación á programación
- Rúbricas e mínimos esixibles
- Perfil de competencia.
- Tarefas integradas.