InnovArt 2023

Data: 
Desde xoves, 13 de abril de 2023 ata venres, 14 de abril de 2023
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades organiza InnovArt 2023: artísticas, idiomas e deportivas, que se celebrará os días 13 e 14 de abril na Cidade da Cultura de Galicia.

Trátase dun evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia, convertíndose nunha excelente ocasión para coñecer o potencial destas ensinanzas, xa que se contará con material expositivo e actividades interactivas de arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música. Haberá tamén concertos, conferencias e espectáculos escénicos.

O acceso a estes espazos ten carácter totalmente gratuíto.

O horario de apertura, tanto o xoves 13 coma o venres 14, será de 10.0h0 a 14.00h e de 16.00h a 19.00h.

 

Máis información