Entrevista a Sergio Sánchez

Inclusión e DUA

Sergio Sánchez, mestre, psicopedagogo e Doutor en Ciencas da Educación

Profesor no Departamento de Ciencias da Educación da Universidade Autónoma de Madrid

Colaborador co Center for Applied Special Technology (CAST).

 

No marco normativo actual, a nivel estatal, a LOMLOE promove unha educación inclusiva que incide na importancia de salvagardar a igualdade de oportunidades para todo o alumnado. Aparece por primeira vez no noso ordenamento xurídico, a importancia do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA), como un dos principios que garanten a accesibilidade universal á educación para o cumprimento efectivo dos Dereitos da Infancia, segundo o recollido na Convención sobre os Dereitos dos Nenos e Nenas da ONU.

Un dos principios da Ensinanza Básica será o de adoptar unha educación inclusiva, coa finalidade de atender á diversidade das necesidades de todo o alumnado, adoptándose, entre outras, as medidas metodolóxicas necesarias, conforme aos principios do Deseño Universal de Aprendizaxe. A inclusión educativa e a aplicación dos principios do DUA vai supoñer ter en conta a necesidade de proporcionar a todo o alumnado múltiples medios de representación, de acción e expresión e de formas de implicación na información que se lles presenta.

A nivel autonómico, na Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o decreto 229/2011 de atención á diversidade do alumnado, no artigo 4 considérase a atención á diversidade como principio de actuación, que debe estar presente en toda a estrutura organizativa e curricular do centro, asegurando o seu tratamento no proxecto educativo e nos plans, proxectos ou programas que o conforman, garantindo que a atención educativa da diversidade se desenvolva baixo os principios do DUA.

Atendendo ao exposto, a intención desta entrevista é a aclaración de conceptos e procesos que son clave para que os centros educativos avancen cara un modelo inclusivo de educación que permita a consecución de todos os principios citados anteriormente e redunde na mellora da calidade do ensino.

 

 

 

Sección: