Fóra do normal

Título: Fóra do normal
Autor/a: María Reimóndez
Editorial: Xerais
Ano: 2018
Páxinas: 152

Contido:
André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman e Batman, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entender a vida allea ao contexto urbano no que se ve obrigada a inserirse. Axiña, a amizade de André e Mucha pasará a verse ampliada grazas a Martín e Xela, outras dúas persoas moi distintas que axudan a André a comprender que para a superación dos conflitos a auténtica fortuna reside en rodearse de persoas que non teñan medo a ser quen son.

 

 

Sección: