Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Mallón é un centro de titularidade pública que está situado na parroquia de Mallón, no concello de Nigrán.

Sitúase no enderezo Avenida Manuel Lemos, 81 C.P: 36379. A Ramallosa (San Pedro). O correo electrónico é ceip.mallon@edu.xunta.gal. Tamén conta con páxina web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmallon/.

Trátase dun centro dunha liña que imparte as etapas de educación infantil e de educación primaria. No curso escolar 2023-2024 conta cun total de 135 alumnos matriculados distribuidos en 9 unidades. O claustro está composto por 18 profesores, dos cales 15 son definitivos.O nivel socioeconómico das familias do noso alumnado é un nivel medio, aínda que é certo que a situación dalgunhas poucas familias é bastante precaria tanto a nivel económico como cultural.
Por outra banda, contextualizando o Plan, é fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, co aproveitamento das posibilidades e recursos dispoñibles, de maneira que se convirta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que de coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Por isto, contribúe e forma parte do Proxecto Educativo e da Programación Xeral Anual do curso 2023/2024.
Moi relacionado tamén co Plan Dixital, está o programa de innovación no que a totalidade do Claustro participou no pasado curso: O centro educativo comprometido cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS). Edusostibilidade (Resolución 11 de xuño de 2021, da Secretaría de Educación e Formación Profesional, pola que se regulan os Contratos-Programa Innova (CPIInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021/22).


Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

O Plan Dixital do CEIP de Mallón, en Nigrán, enmárcase dentro do actual marco normativo da lexislativo vixente. Seguindo un orde de maior a menor rango, estaría rexido polas seguintes leis:

  • A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación especifica que se debe promover o uso das TIC como medio didáctico tratando de contribuír a minimizar os efectos da fenda dixital por xénero ou outros aspectos socioculturais. (art 111 bis). Tamén incide en fomentar a confianza e a seguridade no uso das tecnoloxías, prestando especial atención ás situacións de violencia na rede e observando o respecto á normativa reguladora da información dixital e os dereitos de propiedade intelectual ademais de concienciar sobre o respecto dos dereitos de terceiros. O acceso ás novas tecnoloxías basearase nos principios de non discriminación impulsando un compromiso educativo entre familias e centro e neste contexto, deben atender á diversidade propoñendo modelos de programación e materiais accesibles (art. 121). Pax 7 de 32 Para estes fins, a dirección do centro dirixirá, promoverá e coordinará a innovación educativa (art 132).
  • Neste marco lexislativo nacional, a Comunidade Autónoma de Galicia publicou a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 2021-2022. Nesta normativa autonómica regúlase a elaboración por parte dos centros docentes durante o curso 2021/22 do Plan Dixital (Disposición adicional quinta).
  • Por último, a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 establece que a coordinación do Plan Dixitalserá realizado polo equipo de dinamización do Plan Dixital formado pola persoa directora do centro e outra persoa do claustro, que no caso do noso centro será a persoa coordinadora do equipo TIC.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ferramenta SELFIE

Para realizar este análise axudámonos da ferramenta SELFIE, unha ferramenta en liña gratuita que pretende axudar aos centros escolares a plantexarse cómo utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr un aprendizaxe efectivo e innovador. Os resultados dan a coñecer qué está funcionando ben, en qué aspectos se necesita mellorar e cales deberían ser as prioridades do noso centro tendo en conta as opinións de profesorado, alumnado e equipo directivo. 

Test CDD
Outra ferramenta que empregamos foi o Test de Competencia Dixital, do Marco Europeo de Referencia para a Competencia Dixital docente, que nos ofrece datos da competencia do profesorado neste ámbito.


A Lei Orgánica 2/ 2006 do 3 de maio de Educación, modificada pola Lei Orgánica 3/2020 do 29 de decembro establece no seu artigo 2. l como un dos fins do sistema educativo español, a capacitación para garantizar a plena inserción do alumnado na sociedade dixital e o aprendizaxe dun uso seguro dos medios dixitais e respetuoso coa dignidade humana, os valores constitucionais, os dereitos fundamentais e, particularmente, co respecto e a garantía da intimidade individual e colectiva. Asimesmo, no seu artigo 19, dispón como un dos seus principios pedagóxicos que, sin prexuicio do seu tratamento específico nalgunhas das áreas da etapa, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espíritu científico e do emprendemento traballaránse en tódalas áreas.

No artigo 102, con respecto á formación permanente recolle que as Administracións educativas promoverán a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación e a formación tanto en dixitalización como en linguas extranxeiras de todo o profesorado, independentemente da súa especialidade, establecendo programas específicos de formación nestes ámbitos. Finalmente, no seu artigo 111bis, establece diferentes aspectos sobre as Tecnoloxías da Información e a comunicación no proceso de ensino -aprendizaxe e no artigo 121 dise que o Proxecto Educativo de Centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artículo 111 bis.5. 

Tamén se xustifica tendo en conta a disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 e a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado comproba a fiabilidade da información atopada en Internet Alumnado Non
Debilidade Otorgar recoñecemento ao traballo dos demais Alumnado Si
Debilidade O alumnado aprende a crear contido dixital Alumnado Si
Debilidade Tecnoloxías asistenciais Infraestruturas Non
Debilidade Fenda dixital. Apoio para abordar dificultades Organización de centro Si
Debilidade Sinerxias para o ensino e aprendizaxe a distancia Organización de centro Non
Debilidade Estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Traer o propio dispositivo Organización de centro Non
Debilidade Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Si
Debilidade Estratexia dixital Persoal docente Si
Debilidade Fenda dixital no apoio para abordar difultades Persoal docente Si
Debilidade Traer o propio dispositivo Persoal docente Si
Debilidade Sinerxias para o ensino e aprendizaxe a distancia Persoal docente Si
Debilidade Desenvolvemento da estratexia co profesorado Persoal docente Si
Debilidade Alumnado Persoal non docente Non
Debilidade O alumnado aprende a crear contido dixital Persoal non docente Non
Debilidade Otorgar recoñecemento ao traballo dos demais Persoal non docente Si
Debilidade O alumnado comproba a fiabilidade da información atopada na Internet Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de xeito seguro en Internet Alumnado Non
Fortaleza Boa participación das familias Familias Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Si
Fortaleza Uso das plataformas dixitais promovidas pola administración educativa Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a Internet Infraestruturas Si
Fortaleza Uso activo e creativo das aulas virtuais Infraestruturas Non
Fortaleza Os espazos físicos facilitan a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza Estabilidade laboral Persoal non docente Non
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Conectividade a Internet irregular Contorna Non
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo Contorna Non
Ameaza Colaboracións Outras Non
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro Administración educativa Non
Oportunidade Existencia de proxectos externos Administración educativa Non
Oportunidade Oferta- de actividades formativas e as condicións de participación. Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación coa AMPA ANPA Non
Oportunidade Participación das familias Contorna Non
Oportunidade Existencia de lexislación que impulsa a dixitalización e a competencia dixital tanto no eido educativo como o non educativo Lexislación Non
Oportunidade Colaboración con institución alleas ao centro educativo Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Unha vez realizadas as pesquisas a traves dos informes anteriores e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto coa reflexión colectiva do Equipo de dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES, a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntación en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro CUALITATIVO dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nós propoñemos atender en diferente TEMPORALIZACIÓN. Aquelas que son de atención máis  urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os ítems en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte de obxectivos.

A análise DAFO indícanos que debemos mellorar en:

  • Dotar a todo o colexio de rede WIFI efectiva.
  • Procurar que o alumando non olvide o dispositivo diariamente.
  • Mellorar a competencia dixital do profesorado en relación ás contornas Virtuais de Aprendizaxe.
  • Amplicar o numero de recurso REA á disposición do profesorado e do alumnado
  • Coñecer a valoración da comunidade educativa en relación  a EDIXGAL
  • Melloar a retroalimentación nas actividaes do alumnado
  • Que a comunidade educativa use Internet de xeito seguro e responsable
  • Mellorar a protección de datos

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Coñecer os dereitos de autor e as licenzas de uso e os dereitos de cita
O02PD Establecer un tempo mensual para explorar novos métodos de ensinanza dixital e facilitar o desenvolvemento profesional continuo do profesorado no tocante ás novas tecnoloxías
O03PD Crear e dinamizar no centro un aula móbil dixital .
O04PD Crear un banco de recursos educativos dixitais e as súas instruccións para facilitar o traballo docente no aula creativa .
O05PD Coñecer e usar a impresora 3D

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do PD realizará polo menos unha reunion co mentor ADIX asignado para valorar e asesorar a evolucion deste plan dixital.

A persoa mentora ADIX visitará as veces que sexa preciso para unha boa consecución do PD.

A persoa coordinadora do PD terá acceso ao aplicativo Educalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan baixo a supervision da persoa directora do centro.

1º Trimestre

Ó longo do primeiro trimestre púdose acadar o 50% do obxectivo O03PD  ó crearse o aula móbil dixital que atópase situada no aula creativa do centro e que porase a disposición do alumnado e profesorado a partir do segundo trimestre.

Tamén fixemos un primero achegamento por parte do profesorado do centro ó coñecemento da impresora 3D concorde ó obxectivo O05PD e realizouse a primera sesión do curso de formación do profesorado "Os polos creativos no CEIP de Mallón (impresora 3D)" no mes de Decembro.

 

2º Trimestre

Ó longo do segundo trimestre  acadouse o obxectivo O03PD .

Neste segundo trimestre levamos a cabo a segunda sesión de do curso de formación do profesorado "Os polos creativos no CEIP de Mallón" (impresora 3D) no mes de Marzo e xa están programadas as sesiones de formación en impresora 3D no CFR de Vigo.

 

3º Trimestre

Valoración dos obxectivos :

O01PD. Coñecer os dereitos de autor e as licenzas de uso e os dereitos de cita  

O02PD. Establecer un tempo mensual para explorar novos métodos de ensinanza dixital e facilitar o desenvolvemento profesional continuo do profesorado no tocante ás novas tecnoloxías 

O03PD. Crear e dinamizar no centro un aula móbil dixital .  Acadado

O04PD. Crear un banco de recursos educativos dixitais e as súas instruccións para facilitar o traballo docente no aula creativa .

O05PD Coñecer e usar a impresora 3D. Acadado. Levouse a cabo a formación e xa os primeiros deseños usando a impresora 3D

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Os obxectivos deseñados para o colexio...

Proposta de mellora

Xuntarase o Equipo do plan dixitail a finais do terceiro trimestro para valorar a consecucióndos obxectivos deste curso e propor outros obxectivos de cara ao vindeiro curso

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do CEIP Mallón estará visible públicamente, sen ter que loguearse, na plataforma Educalidade. No menú da esquerda picar en Plans de Centro e escribir o código do Colegio de Mallón 36018434 ou picar directmente neste enlace: Enlace directo ao PD de Mallón