Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan Dixital do Centro (en adiante, PDC) foi acordado e elaborado polos membros encargados de dinamizar e mellorar a Competencia Educativa Dixital do centro seguindo as instrucións do comezo do curso comunicadas por SSCC. Foi incluído no Proxecto Educativo de Centro (PEC) tras ser aprobado polo Consello Escolar unha vez oído Claustro nas datas sinaladas neste documento

O CEP Dr. Fleming encóntrase na rúa Ourense, 15 da cidade de Vigo na zona escolar oito. A dirección de correo electrónico é cep.fleming@edu.xunta.gal e a páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/cepfleming/.

O noso centro é liña catro e contamos con 24 aulas. O claustro está formado por 43 mestres. Tamén conta con profesorado de PROA.

A matrícula do Centro vai fluctuando durante o ano, xa que prodúcense altas e baixas ao longo do curso. Nestes momentos temos 543 alumnos repartidos nos seis cursos de primaria. A ratio acércase moito ao máximo legal permitido de 25 por aula nos cursos superiores mentres que nos inferiores notouse o descenso da natalidade. Polo de agora hai unha certa garantía de estabilidade

No curso 2023/24 o Plan Dixital será un dos obxectivos prioritarios na área de Dinamización de TICS así como os Polos Creativos que será tamén un dos piares dos vindeiros cursos.

O presente Plan Dixital encádrase dentro da liña marcada no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual contribuíndo ao desenvolvemento dos diversos plans e proxectos do centro, dentro do actual marco normativo da lexislación vixente. Estaría rexido polas seguintes leis:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  •  Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  •  Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 Procedemento de elaboración

Seguindo as instrucións da resolución do 3 de setembro de 2021 o proceso de elaboración do plan dixital levado a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital seguiu as seguintes fases:

  • Curso 21-22. Elaboración da primeira versión do plan dixital.
  • Curso 22-23. Implementación do plan e subida a EduCalidade.
  • Curso 23-24. Novos obxectivos e mantemento dos que non se acadaron.
  • Seguimos empregando o DAFO que fixemos en 21-22 e a experiencia acumulada nestes dous anos. 
  • Deseño do plan de acción.- polo equipo de dinamización do plan dixital.
  • Elaboración do Plan dixital propiamente dito.- equipo de dinamización do plan dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Seguindo as instrucións da resolución do 3 de setembro de 2021 o proceso de elaboración do plan dixital levado a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital seguiu as seguintes fases:

 Fase de análise da situación do centro a través de 2 instrumentos:

  • Informe SELFIE.- realizado en novembro e con aportacións de equipo directivo, alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e todo o profesorado do centro.
  • Test CDD.- Realizado por todo o profesorado do centro.
  • Fase de diagnose de situación do centro.
  • Informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (en adiante DAFO).- elaborado polo equipo de dinamización do plan dixital. 

Neste ano 2023-24 continuaremos co informe SELFIE,  Test CDD, DAFO de 2021-22, máis a experiencia acumulada nestes dous anos máis as necesidades actuais detectadas.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C3:Poucos espazos con material tecnolóxico no centro. Infraestruturas Si
Debilidade C2: Mal funcionamento da rede Wifi. Infraestruturas Si
Debilidade A4OP:Falta de tempo para organizarse e explorar as TIC Organización de centro Si
Debilidade C7:Protección de datos e dereitos de autor Persoal docente Non
Debilidade DPC4:No último ano houbo profesorado que non participou na formación do emprego das tecnoloxías dixitales. Persoal docente Si
Debilidade B3:Colaboración profesional: Usar tecnoloxías dixitais para colaborar con compañeiros profesionais Persoal docente Non
Debilidade ATIC 1:O noso profesorado empeza a utilizar as tecnoloxías dixitales cando empezan os compañeiros. Persoal docente Si
Debilidade G6: O profesorado non usa as tecnoloxías para que os alumnos fagan comentarios sobre os traballos doutros compañeiros Persoal docente Si
Fortaleza Colaboración das familias na formación TIC dos fillos Familias Non
Fortaleza E1: Uso de recursos educativos en liña para o aprendizaxe mediante a actualización e innovación coas TIC Persoal docente Non
Fortaleza F4:O profesorado realiza actividades motivadoras e colaborativas usando as TIC. Persoal docente Non
Fortaleza A1: Contamos con estratexia dixital e implementámola na nosa programación. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5:O noso centro dispón de asistencia técnica contratada e non ofrecida pola Consellería para os problemas técnicos coas tecnoloxías dixitales Administración educativa Si
Ameaza C7:Protección de datos e dereitos de autor Lexislación Si
Ameaza DPC7:Visitas de estudio coñecer outras experiencias educativas Outras Si
Oportunidade D2:Participación no Desenvolvemento Profesional Contínuo. Administración educativa Non
Oportunidade Plan Dixital: Formación do Plan Dixital. PFPP: Formación profesional contínua Administración educativa Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar de novo o DAFO do noso centro, e tras a experiencia acumulada nestes dous anos, consideramos que as liñas a traballar serán as seguintes para o curso 23-24.

  • Mellorar o coñecemento sobre as ferramentas dos Polos Creativos. (CPC4): O curso pasado otorgoúselle ao noso centro os Polos Creativos cunha gran dotación de material que gran parte do profesorado non sabe manexar todavía e polo tanto non pode ser utilizado polo o noso alumnado. A nosa intención e aprender a usalos para poder empregar o seu uso nas aulas.
  • Implementar a hora de apoio as TIC no horario do profesorado. (A4OP): Dende o curso 20-21 o noso centro aprobou un plan TIC onde está recollido os mínimos de compentencia dixital que deben alcanzar os nosos alumnos nos diferentes ciclos de Primaria. Neste curso, vaise facer por vez primeira no noso centro un horario cunha programación anual onde quedará recollido o qué deben traballar os alumnos ao longo do curso.
  • Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.:O inventario do material tecnolóxico e equipamento dun centro educativo estaría relacionado coa área de Infraestrutura e Equipamento C, do SELFIE. Esta área céntrase na dispoñibilidade e uso de infraestruturas dixitais, como o hardware, o software e a conectividade a Internet. 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Desenvolver e reforzar as competencias dixitais do profesorado na utilización efectiva das ferramentas do 'Polo Creativo' como parte integral da súa práctica educativa para mellorar a calidade do aprendizaxe e promover habilidades STEM e creativas no entorno educativo. (CPC4)
O02PD Implementar a hora de apoio ás TIC no horario do profesorado para fortalecer as competencias dixitais e promover o uso efectivo das TIC no ensino e aprendizaxe.. (A4OP)
O03PD Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

Seguimento

Procedemento

A viabilidade e mellora do Plan Dixital de Centro depende do seu seguimento e avaliación.

Preténdese constatar se:

  • os obxectivos e as liñas de acción propostas se cumpren;
  • se a formación e os recursos dispoñibles no centro se empregan de forma axeitada e eficiente,
  • se as tarefas plantexadas son axeitadas;
  • o grao de satisfacción dos usuarios;
  • detectar fortalezas e debilidades;
  • analizar a coordinación e toma de decisións e realizar propostas de mellora.

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital debe ser realista, flexible, periódico e contar co alumnado, profesorado, equipo directivo e outro tipo de persoal implicado, en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos:

  • que,
  • cando,
  • como e
  • quen e atendendo aos distintos tipos de avaliación: inicial, procesual e final.

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende estas perspectivas:

Avaliación inicial: Realizarase durante o primeiro trimestre do curso 2023/24, na que se terá en conta o contexto, antecedentes, necesidades de formación, coordinación, estudo dos medios dispoñibles nos fogares e no centro, a partires do informe SELFIE realizado no curso anterior, e un análise doutros proxectos do centro ou doutros centros.

Estas accións realizaranas tanto o equipo directivo, como a persoa coordinadora do plan dixital.

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24.

Realizarase una revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso.

Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento.

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos

1º Trimestre

  

O01PD: Desenvolver e reforzar as competencias dixitais do profesorado na utilización efectiva das ferramentas do 'Polo Creativo' como parte integral da súa práctica educativa para mellorar a calidade do aprendizaxe e promover habilidades STEM e creativas no entorno educativo. (CPC4)

  • AO01.1:Participar no PFPP na liña de polos creativos: feita a petición ao CFR.
  • AO0.1.2:Coñecer as diferentes ferramentas de robótica e Plotter do centro: Pendente de realizar
  • AO01.3:Realizar avaliacións para medir o nivel de competencia no uso do plotter e as ferramentas de robótica e adaptar a formación segundo sexa necesario.: pendente de realizar
  • AO01.4:Identificar formas efectivas de incorporar o plotter e as ferramentas de robótica no curriculum escolar a través de actividades de ensino cotiás: pendente de realizar.
  • AO01.5:Traballar co alumnado o aprendido nas formacións de xeito seguro e creativo.: pendente de realizar.

O02PD: Implementar a hora de apoio ás TIC no horario do profesorado para fortalecer as competencias dixitais e promover o uso efectivo das TIC no ensino e aprendizaxe. (A4OP)

  • AO2.1:Deseñar un plan detallado para a hora de apoio ás TIC, definindo os seus obxectivos, estrutura e temas a tratar, asegurando de que a hora sexa relevante e práctica para os docentes:realizado no mes de outubro.
  • A02.2: Fomentar a integración das TIC no currículo escolar, de xeito que o seu uso sexa unha parte natural do proceso de ensinanza e aprendizaxe.: realizado en outubro
  • AO2.3:Realizar avaliaciones periódicas para medir o progreso e eficacia da hora de apoio ás TIC, a través de rúbricas, enquisas, anlálise de resultados... e suxerir propostas de mellora: en proceso

O03PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

  • AO3.1: Asignación de horas á coordinadora TIC. Asignar horas á coordinadora TIC para a realización das tarefas atribuídas se é posible: feito en outubro
  • AO3.2: Actualización e avaliación do equipamento dixital. Manter actualizado e/ou inventariar e avaliar o estado do equipamento dixital do centro: pendente de realizar.
  • AO3.3: Creación dunha táboa de datos relevantes dos equipos. Realizar unha táboa na que se recollan algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación¿, que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO, e recoller nunha folla de cálculo actualizada co material inventariado: pendente de realizar
  • AO3.4: Manter actualizado e/ ou inventariar e avaliar os espazos do centro destinados a equipamento tecnolóxico: pendente de realizar
  • AO3.5: Actualizar e/ou propoñer renovación do equipamento dixital: realizado parcialmente en outubro.
  • AO3.6: Propoñer a participación en programas de innovación que promova a Consellería nos que se poida acadar equipamento tecnolóxico:feito en outubro
  • AO3.7: Realizar unha rúbrica para valorar se se compriu este obxectivo e a súa valoración e grao de satisfacción por parte da comunidade educativa: pendente de realizar

  


 

2º Trimestre

 O01PD: Desenvolver e reforzar as competencias dixitais do profesorado na utilización efectiva das ferramentas do 'Polo Creativo' como parte integral da súa práctica educativa para mellorar a calidade do aprendizaxe e promover habilidades STEM e creativas no entorno educativo. (CPC4)

  • AO0.1.2:Coñecer as diferentes ferramentas de robótica e Plotter do centro: pendente de realizar
  • AO01.3:Realizar avaliacións para medir o nivel de competencia no uso do plotter e as ferramentas de robótica e adaptar a formación segundo sexa necesario.: pendente de realizar
  • AO01.4:Identificar formas efectivas de incorporar o plotter e as ferramentas de robótica no curriculum escolar a través de actividades de ensino cotiás: pendente de realizar
  • AO01.5:Traballar co alumnado o aprendido nas formacións de xeito seguro e creativo: pendente de realizar

O02PD: Implementar a hora de apoio ás TIC no horario do profesorado para fortalecer as competencias dixitais e promover o uso efectivo das TIC no ensino e aprendizaxe. (A4OP)

  • AO2.3:Realizar avaliaciones periódicas para medir o progreso e eficacia da hora de apoio ás TIC, a través de rúbricas, enquisas, anlálise de resultados... e suxerir propostas de mellora: en proceso e feita o da primeira avaliación

O03PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

  • AO3.2: Actualización e avaliación do equipamento dixital. Manter actualizado e/ou inventariar e avaliar o estado do equipamento dixital do centro: en proceso
  • AO3.3: Creación dunha táboa de datos relevantes dos equipos. Realizar unha táboa na que se recollan algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación, que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO, e recoller nunha folla de cálculo actualizada co material inventariado: conseguido
  • AO3.4: Manter actualizado e/ ou inventariar e avaliar os espazos do centro destinados a equipamento tecnolóxico: en proceso
  • AO3.7: Realizar unha rúbrica para valorar se se compriu este obxectivo e a súa valoración e grao de satisfacción por parte da comunidade educativa: pendente de realizar

  


 

3º Trimestre

 O01PD: Desenvolver e reforzar as competencias dixitais do profesorado na utilización efectiva das ferramentas do 'Polo Creativo' como parte integral da súa práctica educativa para mellorar a calidade do aprendizaxe e promover habilidades STEM e creativas no entorno educativo. (CPC4)

  • AO0.1.2:Coñecer as diferentes ferramentas de robótica e Plotter do centro: conseguido
  • AO01.3:Realizar avaliacións para medir o nivel de competencia no uso do plotter e as ferramentas de robótica e adaptar a formación segundo sexa necesario.: en proceso
  • AO01.4:Identificar formas efectivas de incorporar o plotter e as ferramentas de robótica no curriculum escolar a través de actividades de ensino cotiás: en proceso
  • AO01.5:Traballar co alumnado o aprendido nas formacións de xeito seguro e creativo: en proceso

O02PD: Implementar a hora de apoio ás TIC no horario do profesorado para fortalecer as competencias dixitais e promover o uso efectivo das TIC no ensino e aprendizaxe. (A4OP)

  • AO2.3:Realizar avaliaciones periódicas para medir o progreso e eficacia da hora de apoio ás TIC, a través de rúbricas, enquisas, anlálise de resultados... e suxerir propostas de mellora: en proceso e feita o da primeira avaliación

O03PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

  • AO3.2: Actualización e avaliación do equipamento dixital. Manter actualizado e/ou inventariar e avaliar o estado do equipamento dixital do centro: conseguido
  • AO3.3: Creación dunha táboa de datos relevantes dos equipos. Realizar unha táboa na que se recollan algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación, que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO, e recoller nunha folla de cálculo actualizada co material inventariado: conseguido
  • AO3.4: Manter actualizado e/ ou inventariar e avaliar os espazos do centro destinados a equipamento tecnolóxico: conseguido
  • AO3.7: Realizar unha rúbrica para valorar se se compriu este obxectivo e a súa valoración e grao de satisfacción por parte da comunidade educativa: conseguido

  


 

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A través do PDC propoñemos unha serie de obxectivos que haberá que acadar nun tempo determinado durante o curso 2023/24.

A avaliación dos obxectivos propostos, farémolo do seguinte xeito e despois engadiremos as conclusións neste documento: Faremos unha táboa de avaliación e repetirémoa para cada obxectivo proposto. No noso caso, tres obxectivos (tres táboas). 

Cada táboa serve para avaliar todos os obxectivos propostos nesa liña estratéxica. Na táboa engadiremos o obxectivo e as accións relacionadas co mesmo e cos indicadores de logro según os seguintes niveis de consecución: Acadado, parcialmente ou pendente.

Finalmente, iniciaremos o proceso de reflexión e poremos por escrito aquelas melloras que nos gustaría propoñer para os obxectivos que o requiran, do seguinte xeito:

  • Que valoración global fai o profesorado da súa aplicación na aula?
  • E o equipo directivo e os membros do equipo do plan dixital?
  • Manterase o obxectivo?
  • Coa súa implantación, convertéronse en novos obxectivos específicos ou derivados da mesma?
  • É necesario engadir actuacións?
  • Quitar?
  • Modificar os existentes?
  • É necesario concretar con máis detalle aspectos relativos aos responsables, temporalización ou avaliación?
  • Tendo en conta o obxectivo proposto, parécenos oportuno presentar outros novos que completen e melloren a experiencia deste primeiro?

(*Estas preguntas u outras que poidan ir xurdindo nos dará as pautas para realizar unha avaliación máis reflexiva e concisa que poderemos reflectir posteriormente nunha rúbrica.)

Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:

- Avaliación procesual. - Realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.

- Avaliación final.- Realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será publicado na web do mesmo. http://www.edu.xunta.gal/centros/cepfleming/node/413.

Ademais enviarase un enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación.

Tamén se enviará a todo o claustro vía correo electrónico, ao Consello Escolar e á Inspección Educativa.

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010711