Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

Nome: CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán (código 36009524).

Enderezo: Barrio Mosteiro, s/n. 36740 – Tomiño.

Tfnos: 886110737 – 886110738 – 886110736.

e-mail: ceppedrocaselles@edu.xunta.gal

web: www.edu.xunta.gal/centros/ceppedrocaselles

Etapas educativas: Educacion Primaria. Aula Específica ANEAE.

Nº alumnos matriculados: 176

Nº profesores: 23

Outros profesionais: 2 coidadores, 3 cociñeiros, 2 limpiadoras.

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 

  • Estamos no ámbito de influencia dun concello de carácter rural, con dous pequenos núcleso urbanos en Tomiño e Goián, sendo o primeiro deles o que máis próximo temos.

  • A zona experimenta un proceso gradual de mellora das oportunidades, principalmente a partir da apertura do Instituto de Ensino Secundario, aínda que non se acada o nivel de oportunidades coas que contan outras localidades da contorna, como pode ser Tui, Porriño, A Guarda…

  • O Plan Dixital encaixa na dinámica de modernización que establecemos no centro, a través de proxectos como EDIXGAL, ROBÓTICA NA ESCOLA, RADIO NA BIBLIO… Somos un centro tradicionalmente con participación nos plans de dixitalización, e o noso propósito neste plan vai na liña de continuar no proceso de mellorar os recursos e o seu uso axeitado.

  • Nesa liña, incorporaremos na Programación Xeral anual os obxectivos definidos neste plan, coa implicación da Dirección do centro para que teñan éxito.

1.3.Breve xustificación do mesmo

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4.Proceso de elaboración

O Plan Dixital foi elaborado polo equipo TIC, formado polas seguintes persoas:

Alfonso Lorenzo Vila (Coordinador)

Rosa Mª Fernández Carrera

Susana Fernández Gavín

Antonio Durán Coello.

No proceso, seguiuse a pauta marcada pola estructura de formación, dentro dun PFPP do centro, e coa asesoría continuada da coordinadora Patricia Barreiro Rodríguez.

Nas distintas fases o coordinador organizaou as tarefas, contactou coa asesora, e convocou ao resto do equipo en reunións nas que elaboramos as propostas e os distintos apartados.

Finalmente concluímos con este Plan, que despois de ser supervisado pola asesoría, levaremos a Claustro e Consello para a súa aprobación.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE:

Test de Competencia Dixital Docente.

Do proceso de autoavaliación  SELFIE, así como do test CDD obtense o seguinte resultado.

 

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxetivos
Debilidade Pouco acceso a equipos de calidade. O alumnado de 1º a 4º ten baixa competencia dixital. Mal uso das tic en situacións de ocio. Alumnado Si
Debilidade Moitas familias con poucos recursos económicos, sen medios dixitais nos fogares. A maioría, con pouca formación dixital. Familias Si
Debilidade Lentitude na renovación e actualización de equipos e software. Os programas asociados a EDIXGAL son pobres, limitados e de baixa calidade. Os recursos da aula virtual tamén poderían ser máis funcionais e prácticos. Infraestruturas Non
Debilidade Ausencia de persoa encargada do mantemento permanente dos equipos no centro. Pouco tempo relativo semanal a algúns procesos de aprendizaxe dixital, como aulas virtuais, radio, programación, etc. Organización de centro Non
Debilidade Excesiva diversificación de recursos que dificultan a axilidade na xestión dos mesmos. Desmotivación do profesorado ante a falta de equipamento para todo o alumnado. Perigo do uso de plataformas gratuitas polo risco de incumplimento da legalidade vixente. Persoal docente Non
Debilidade Baixa capacitación para utilizar recursos TIC Persoal non docente Non
Fortaleza Boa competencia dixital no alumnado de 5º e 6º grazas a que somos centro EDIXGAL. Alumnado Si
Fortaleza Boa disposición da maioría das familias para aprender e mellorar a súa competencia dixital. Colaboración das mesmas cando se lles solicita Familias Si
Fortaleza Dotación de equipos a través de EDIXGAL para 5º e 6º Boa conexión de internet, con fibra óptica e cobertura wifi completa. Infraestruturas Si
Fortaleza Sistematización do uso de diversos recursos dixitais: radio, (podcasts de diversos grupos de todos os cursos) aula de informática (con horarios de uso, especialmente para primeiro e segundo ciclo). Actualización regular da web do centro. Oferta Non
Fortaleza Diversidade de medios educativos dixitais no centro: portátiles do alumno, tablets, radio escolar, aula de informática, robótica. Páxina web do centro, con aulas virtuais de niveis e especialidades, radio na biblio, con blog específico. Oferta Si
Fortaleza Investimentos con fondos propios na mellora e aumento de equipamento dixital. Comunicación fluida e regular entre o equipo directivo,docente e persoal non docente. Compromiso do equipo directivo coa mellora dos recursos e da organización no ámbito dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Porcentaxe alto de profesorado con competencia dixital. Elevada participación do profesorado en cursos e proxectos que implican unha mellora da competencia dixital. Grande aposta da maioría do profesorado pola innovación tecnolóxica e dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Predisposición do persoal non docente a comunicarse e recibir información a través de plataformas virtuais. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxetivos
Ameaza Aínda que a administración fai un esfrozo pola mellora dixital, non é suficiente. Os recursos informáticos, tecnolóxicos e infraestructuras, a pesar de que cos novos plans van mellorando, non garantizan unha aprendizaxe dixital individual e sistematizada para o alumnado. Por limitacións económicas, as dotacións son probres en equipos e programas. Isto dificulta o traballo cara a mellora da competencia de 1º a 4º. Os programas asociados a EDIXGAL son pobres, limitados e de calidade mellorable. Administración educativa Si
Ameaza A Anpa é unha entidade que fluctúa curso a curso na súa estructura directiva, perigando unha continuidade no tempo en función dos compromisos individuais das familias ANPA Non
Ameaza O uso estendido e sen control de tablets, teléfonos intelixentes e de acceso á rede de internet crean malos hábitos de vida no alumnado. O nivel socioeconómico da contorna fai que moitos alumnos e alumnas non teñan os medios necesarios no seu entrono familiar, provocando unha fenda dixital significativa. Contorna Non
Ameaza A excesiva burocratización fai dispersar a adicación para captar e seleccionar ofertas ou iniciativas que nos poidan interesar. Lexislación Non
Ameaza O uso de plataformas gratuitas pode supoñer unha esposición excesiva do noso alumnado a intereses ocultos (tráfico de datos) Outras Si
Oportunidade A incorporación de oficio ao programa de polos creativos vainos dar novas oportunidades cos recursos que aportará a Consellería a través deste programa. Administración educativa Non
Oportunidade Por parte da Xunta de Galicia estase a facer un esforzo en dotar aos centros de medios dixitais. Convocatoria anual da CCEU para formación dixital Administración educativa Non
Oportunidade ANPA con traxectoria moi activa, colaboradora e coordinada co equipo directivo do centro. Ten iniciativas no uso de medios dixitais (drupal, redes sociais...) ANPA Non
Oportunidade O uso estendido de tablets e teléfonos mellora a competencia dixital de alumnado e familias. O Concello de Tomiño conta con aula de estudio e futura biblioteca na que haberá medios dixitais, compatibles co desenvolvemento curricular do centro. A conectividade con fibra óptica e rede wifi de calidade no centro permite desenvolver actividades dixitais de forma extensiva sen atrancos. Contorna Non
Oportunidade O curriculo educativo orienta cara a dixitalización dentro do proceso ensino-aprendizaxe. O soporte dixital é predominante no entorno lexislativo: acceso dixital, sinatura, etc. Existencia de programas ofertados que encaixan no noso proxecto: Digicraft, robótica educativa, pizarras dixitais... Lexislación Non
Oportunidade Existen moitas plataformas de acceso libre das que facer uso a nivel educativo. Distintas entidades poden ofrecer recursos dixitais ou formación ao centro de forma gratuita. Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

           Coa situación de partida presentada na recollida de datos, pretendemos  por un lado consolidar as prácticas regulares con reacursos dos que xaa contamos: aula de informática, radio escolar, recursos TIC da biblioteca e a nova aula de polos creativos.

Para iso habilitaremos horarios regulares con traballo dentro da aula de informática,  radio escolar e os polos creativos.

Tamén proporanse tarefas de creación de producións dixitais como podcasts, curtametraxes, videos divulgativos, etc. por grupo durante o curso, que impliquen o uso e aprendizaxe nos recursos dixitais.

Fixaremos como un dos obxectivos a formación para o aproveitamento e uso dos distintos recursos aportados polo programa de POLOS CREATIVOS.

Para iso tamén solicitaremos outras convocatorias que poidan considerarse axeitadas, no marco sinalado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxetivo Opcións
O01PD Afianzar o uso dos recursos informaticos para o alumado de primeiro a cuarto.
O02PD Promover o uso da radio-tv escolar
O03PD Crear recursos dixitais propios para quinto e sexto na AV.
O04PD Alfabetización dixital básica en ferramentas e estratexias ao alumnado de Primeiro a Cuarto para o manexo das tic.

Seguimento

Procedemento

O equipo TIC realizará o seguimento deste plan, a través dos 4 obxectivos propostos.  Reunirase cunha frecuencia mensual, e nesa reunión analizarase o grao de cumprimento dos obxectivos, a través da propia táboa de seguimento dos mesmos. Nestas avaliacións mensuais valorarase dificultades para o logro, ou , de ser o caso,  oportunidades de mellora. En coordinación co equipo directivo elaborarase un informe de avaliación trimestral relacionado co plan, e referido aos catro obxectivos propostos. Haberá unha avaliación final na que se valorará o grao de cumprimento dos obxectivos e o nivel de modificacións que se desenvolveron durante o curso, de maneira que sirva de base para a elaboración do seguinte plan. Deste modo, determinaremos para os obxectivos non logrados unha renovación dos mesmos, e para os logrados, definiranse obxectivos para mellorar cualitativamente. 

1º Trimestre

En canto ao obxectivo 1, úsanse con regularidade os dispositivos dixtais:    hai a disposición do profesorado tanto na aula de informática como na aula móbil, equipos fixos e portátiles, que utiliza o profesorado con regularidade.

No obxectivo 2, de promoción do uso da radio, publicamos podcasts temáticos regularmente, así como unha emisión en streaming no festival de Nadal.

No obxectivo 4, de visita regular á aula de informática, conseguiuse con creces, superando o número de horas previstas. Tentarase mellorar nas visitas do primeiro ciclo.

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O equipo TIC realizará o seguimento deste plan, a través dos 5 obxectivos propostos. Reunirase cunha frecuencia mensual, e nesa reunión analizarase o grao de cumprimento dos obxectivos, a través da propia táboa de seguimento dos mesmos.

Nestas avaliacións mensuais valorarase dificultades para o logro, ou , de ser o caso, oportunidades de mellora.

En coordinación co equipo directivo elaborarase un informe de avaliación trimestral relacionado co plan, e referido aos cinco obxectivos propostos.

Haberá unha avaliación final na que se valorará o grao de cumprimento dos obxectivos e o nivel de modificacións que se desenvolveron durante o curso, de maneira que sirva de base para a elaboración do seguinte plan.

Deste modo, determinaremos para os obxectivos non logrados unha renovación dos mesmos, e para os logrados, definiranse obxectivos para mellorar cualitativamente.

Valoración xeral
Propostas de Mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital estará visible para toda a comunidade educativa a través da plataforma Educalidade/ Plans de centros e introducindo o código do centro :  36009524,  ou pìcando neste enlace directo:Plan Dixital Caselles Beltrán