Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. DATOS BÁSICOS DO CENTRO

CEIP PLURILINGÜE DA TORRE-CELA

Centro de Educación Infantil e Primaria

Enderezo: A Torre 75, 36939. Cela, Bueu.

Tlf: 886151111

Enderezo electrónico: ceip.datorre.cela@edu.xunta.gal

Web: edu.xunta.es/centros/ceiptorrecela

Nº de alumnado: 123 nenos e nenas

Nº de profesorado: 14 mestres/as + 2 mestres/as itinerantes

 

1.2. CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO.

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

O CEIP da Torre Cela está situado na parroquia de Cela, concello de Bueu, Pontevedra.

As familias que conforman esta comunidade educativa pertencen a un ambiente agro-mariñeiro, e aínda que a vida continúa ligada de xeito importante ao mar, xa son moitas persoas as que traballan na construción ou pequenas empresas familiares.

A poboación aséntase de forma dispersa, na súa maior parte en vivendas unifamiliares, sendo preciso que o alumnado se desprace utilizando transporte escolar ou particular. O radio de acción do centro é duns 2 kms.

A lingua vehicular no ámbito familiar e escolar é o galego. A pesar de todo, apréciase nos últimos anos un incremento do uso do castelán, notándose un gran descenso de alumnado que se incorpora ao sistema educativo falando galego. O centro potencia o uso do galego, tanto nas clases como en todos os proxectos transversais de ámbito curricular, así como na comunicación entre os membros da comunidade educativa e a establecida con outras institucións.

 

Contribución do PD ao Proxecto Educativo

No CEIP da Torre Cela, a través dos contextos de aprendizaxe desenvólvense metodoloxías activas, onde o alumnado é o protagonista da súa aprendizaxe e se realizan proxectos que afondan nos contidos curriculares dun xeito próximo e vivencial.

Un dos principios que guían a nosa liña metodolóxica é a do ‘fomento de xeito transversal da alfabetización informacional, potenciando o uso de todos os recursos tecnolóxicos da información e comunicación ao alcance da comunidade educativa’. O Plan Dixital constitúe unha ferramenta de referencia para poder concretar esa transversalidade e chegar a toda a comunidade educativa.

A traxectoria do centro no progreso nesta alfabetización foi acompañada e motivada pola participación en distintos programas: O CEIP da Torre Cela está dentro do programa ABALAR e desde o curso 2018/2019 forma parte da rede de centros E-Dixgal. Os cursos de 5º e 6º traballan coas ferramentas que ofrece este programa: portátil do alumno/a, portátil dos mestres/as, acceso á plataforma EVA, libros dixitais, EDI…

Outros programas de interese son o PLAMBE, Radio na biblio (Radio Faladoiro), Robótica Educativa (desde o curso pasado tamén materia de libre configuración en 6º EP) ou o Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), no que o centro desenvolve unha das liñas arredor do Plan Dixital, co obxectivo de favorecer a integración didáctica das TIC, o traballo colaborativo en rede e a mellora da competencia dixital do equipo docente.

 

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24

A detección e análise das necesidades do centro en materia dixital, a partir dos datos obtidos e da información facilitada polo equipo directivo, o claustro de profesorado, o alumnado, e tamén as achegas das familias, posibilita a priorización dunhas liñas de traballo fronte a outras, así como a incorporación de novos obxectivos que non se contemplaran ou non puideron consolidarse o curso anterior.

Os obxectivos que cómpre reforzar durante o curso están referidos ao profesorado, alumnado e familias, e tamén se detallan os obxectivos específicos relacionados de forma directa co equipamento e xestión do proceso de ensino-aprendizaxe en materia de competencia dixital, por parte do centro. Establecer unha liña metodolóxica desde infantil ata 6º de Primaria, espertar no alumnado interese polo coñecemento e acceso á información, favorecer a súa autonomía no campo das TIC e na xestión de arquivos, facilitar ás familias a infraestrutura do centro para formacións sobre alfabetización dixital ou a renovación do equipamento TIC do centro son algunhas das contribucións que se vehiculizarán a través do Plan Dixital e estarán presentas na Programación Xeral Anual do próximo curso.

Así, ao canalizarse a través da PXA, perseguiranse melloras significativas no campo dixital que se poidan avaliar e ás que se faga seguimento trimestral, valorando ao final do curso en que medida foron conseguidas.

 

1.3. BREVE XUSTIFICACIÓN DO MESMO

(Anexo 1)

 

1.4. PROCESO DE ELABORACIÓN

O equipo de Dinamización do Plan Dixital será o encargado de elaborar o Plan Dixital e  está formado por:

 

  • Eva Gabriel Rodriguez , coordinadora do Plan Dixital e Equipo TIC
  • Alejandra Oliete García, directora, coordinadora E-Dixgal e membro do equipo TIC
  • José Ángel Mariño Cordeiro, secretario do centro e membro do Equipo TIC
  • Silvia Piñeiro Carballal, membro do Equipo TIC
  • Laura Rodríguez Parcero, membro do Equipo TIC

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización do DAFO empregáronse cuestionarios Selfie (Anexo 2), Test CDD (Anexo 3), enquisas do profesorado (Anexo 4) e reunions do profesorado do Centro. 

 

 

 

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado ten dificultades para comprobar se a información que atopa en internet é ou non fiable. Alumnado Si
Debilidade Os nenos/as non dispoñen de criterios para recoñecer o traballo doutras persoas en internet. Alumnado Si
Debilidade Non se logra implicar ás familias do alumnado con poucos medios na casa para a participación nas formacións TIC. Familias Si
Debilidade Cóntase con equipos limitados en velocidade e características, que cómpre ir substituíndo. Infraestruturas Si
Debilidade Non contamos cunha estratexia dixital definida e compartida pola comunidade educativa. Organización de centro Si
Debilidade Avalíanse pouco os progresos do centro en materia de ensino-aprendizaxe coas TIC. Organización de centro Non
Debilidade Non establecemos espazos para debatir sobre o uso das novas tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade Empréganse poucas ferramentas dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade As tecnoloxías dixitais empregadas non sempre facilitan a retroalimentación do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Non se adoita avaliar as habilidades do alumnado a través de ferramentas dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non se implica ao persoal non docente para participar a nivel dixital na vida do centro. Persoal non docente Non
Fortaleza Adminístranse portátiles que o alumnado pode levar á casa se o precisa. Alumnado Si
Fortaleza Os nenos e nenas adquiren nocións para usar internet de forma responsable. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza As familias están interesadas en formación TIC para axudar aos nenos/as. Familias Si
Fortaleza Hai dispositivos dixitais para uso do profesorado e do alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza Disponse de acceso a internet para os procesos de ensino e aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Os espazos físicos facilitan o ensino e aprendizaxe con TIC. Organización de centro Non
Fortaleza Adecuada asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza Involúcrase ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado síntese apoiado para probar formas de ensino coas TIC. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo apoia ao profesorado para que explore formas de ensino TIC. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado ten acceso a desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Non
Fortaleza O claustro busca recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Empréganse as TIC para a comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Úsanse entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado crea recursos dixitais para reforzar a labor de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza Non se acostuma utilizar as TIC para que o alumnado faga observacións aos compañeiros/as. Persoal docente Non
Fortaleza Foméntase a creatividade do alumnado mediante as TIC. Persoal docente Non
Fortaleza Facilítase que o alumnado use tecnoloxías dixitais para documentarse. Persoal docente Non
Fortaleza Intercámbianse experiencias no centro sobre o ensino coas TIC. Persoal non docente Si
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo do profesorado para explorar métodos de ensino con TIC. Administración educativa Si
Ameaza Non se dota ao centro dos equipos novos desexables para mellorar a infraestrutura. Administración educativa Si
Ameaza Non se conta con dotación de equipos de proxección de calidade. Administración educativa Si
Ameaza Non se dispón dun mantemento áxil por parte da Administración dos servizos wifi e Abalar do centro. Administración educativa Non
Ameaza A contorna dixital que se ofrece non é intuitiva para as familias ou o propio alumnado máis novo. Administración educativa Non
Ameaza Non se conta con instrucións axeitadas á realidade dos centros sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Administración educativa Si
Ameaza Non se dispón de apoio administrativo para reducir a fenda dixital e abordar as dificultades xurdidas. Contorna Non
Ameaza Insuficientes sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza O Concello non establece sinerxias co noso centro, tampouco a nivel dixital. Outras Non
Oportunidade No centro hai dispositivos dixitais para o seu uso por parte de profesorado e alumnado. Administración educativa Non
Oportunidade O centro conta con acceso a internet para o ensino e a aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA participa na organización de talleres de formación dixital para familias. ANPA Non
Oportunidade Participa na organización de actividades extraescolares que implica as TIC. ANPA Non
Oportunidade É posible identificar as dificultades que xorden en relación coa fenda dixital. Contorna Non
Oportunidade Establécense sinerxias para o ensino e aprendizaxe a distancia, en colaboración con institucións diversas. Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta os resultados da análise DAFO, o equipo do Plan Dixital, coa colaboración das achegas da comunidade educativa, considerou como obxectivos principais de actuación os que se recollen no seguinte apartado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o equipamento informático do centro
O02PD Establecer tempos para falar sobre o uso das TICs no centro
O03PD Formar alumnado crítico coa información que manexan na rede
O04PD Desenvolver a estratexia dixital do centro
O05PD Mellorar a accesibilidade dixital nas casas do alumnado

Seguimento

Procedemento

Realízase unha avaliación trimestral, na que o equipo TIC recolle as achegas do profesorado, que son canalizadas a través das reflexións da coordinadora, plasmadas no apartado de seguimento do plan.

Ademais, realízanse reunións mensuais co mentor ADIX que corresponde ao noso centro ( ver anexos)

1º Trimestre

O01PD - Mellorar o equipamento informático do centro - Acadado

  • A01.1. Revisar inventario e priorizar necesidades, equipos que cómpre retirar ou arranxar. (Acadado)
  • A01.2. Substituír os PCs limitados en velocidade e características por outros novos (Acadado)

Reemplazo dos equipos menos funcionais por outros novos, seguindo como criterio as características dos equipos e actualizando os máis antigos.

  • A01.3. Revisar os canóns de proxección de todas as aulas e obter luminosidade axeitada. (Acadado)

Substitución das lámpadas dos canóns que esgotaron o seu tempo efectivo de uso. Mantemento dos paneis dixitais interactivos.

O02PD - Establecer tempos para falar  sobre o uso das TIC no centro - Acadado

  • A02.1. Establecer tempos de coordinación entre o equipo docente para falar sobre o uso das TIC de forma periódica. (Acadado)

Fixáronse as datas das reunións trimestrais do profesorado para compartir opinións e chegar a acordos en materia TIC, dedicándolle un tempo específico para a unificación de criterios comúns,

  • A02.2. Seleccionar items concretos sobre os que chegar a acordos co conxunto do profesorado. (Acadado)

Realizáronse enquisas para detectar aquelas cuestións que preocupaban máis ao profesorado na área dixital e poder abordalas nas reunións de forma deliberada, e poder chegar a acordos.

  • A02.3. Chegar a acordos compartidos sobre o uso das TIC nas distintas áreas e niveis educativos. (Acadado) En primaria empréganse as TIC de maneira coordinada tanto nas titorías como nos contextos,e  en Infantil  estableceuse unha sesión semanal de robótica, na que se empregan estas ferramentas.

O03PD - Formar alumnado crítico coa información que manexan na rede - Acadado parcialmente

  • A03.1. Continuar a empregar as TIC de forma sistemática nos contextos de aprendizaxe e tamén nas titorías. (Acadado)

Programáronse actividades concretas relacionadas coas TIC nun recanto semanal en cada Contexto de Aprendizaxe, así como se realizaron 4 sesións dedicadas a formar ao alumnado para mellorar a súa capacidade para buscar información fiable na rede, en 5º e 6º. Ademais, traballouse unha hora semanal co alumnado de 6º de Primaria na materia STEAM de libre configuración.

  • A03.2. Dotar ao alumnado de criterios para diferenciar fontes fiables das que non o son. (Acción deseñada para completar no 2º trimestre)
  • A03.3. Programar actividades para que o alumnado gañe autonomía na búsqueda de información fiable na rede e a empregue nun contexto. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)

O04PD - Desenvolver a estratexia dixital do centro - Acadado

  • A04.1. Establecer un diálogo entre o profesorado para compartir inquedanzas e prioridades no ensino dixital. (Acadado)

Realizáronse xuntanzas para decidir as liñas de traballo comúns en todos os niveis educativos, empregando software común ao longo dos distintos cursos.

  • A04. 2. Acordar unha estratexia dixital de centro en relación aos items de máis interese para o conxunto do profesorado. (Acadado)

Elaborouse unha estratexia dixital base cos medios dos que dispoñemos, incluíndo este curso as ferramentas que mandaron de Polos Creativos ,que poida servir de punto de partida para vindeiros cursos.

  • A04.3. Avaliar os progresos do centro en materia de ensino-aprendizaxe das TIC. (Acadado)

O05PD -  Mellorar a accesibilidade dixital nas casas do alumnado - Acadado parcialmente

  • A05.1. Continuar concienciando da importancia das TIC ás familias a través de sesións formativas no centro. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)
  • A05.2. Ofrecer unha contorna dixital intuitiva para as familias e o alumnado. (Acadado parcialmente)

Ofreceuse asesoramento e equipos dixitais a aquelas familias que puideron precisalo, aínda que no se logrou a participación desexada nas formacións sobre riscos TIC ofrecidas desde o centro.

  • A05.3. Continuar ofrecendo equipamento dixital e soporte nas titorías para quen o precise. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)
2º Trimestre

O03PD - Formar alumnado crítico coa información que atopa na rede - Acadado parcialmente

  • A03.2. Dotar ao alumnado de criterios para diferenciar fontes fiables das que non o son. (Acadado)

Programáronse nas áreas e nos contextos actividades nas que o alumno tiña que buscar diferente información na rede. A tavés disto o alumno valoraba a fiabilidade da fonte e traballabase o tratamento da información.

  • A03.3. Programar actividades para que o alumnado gañe autonomía na búsqueda de información fiable na rede e a empregue nun contexto. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)

O05PD - Continuar insistindo en mellorar a accesibilidade dixital nas casas do alumnado - Acadado parcialmente

  • A05.1. Continuar concienciando da importancia das TIC ás familias a través de sesións formativas no centro. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)
  • A05.3. Continuar ofrecendo equipamento dixital e soporte nas titorías para quen o precise. (Acción deseñada para completar no 3º trimestre)

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento de desenvolvemento do plan e da súa consecución de obxectivos, terá lugar a través de:

  • Unha avaliación procesual, unha vez ao trimestre, na que se valorará o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • Unha avaliación final ao finalizar o curso académico, na que se valorará o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
  • O estado da avaliación quedará reflectido no plan de seguimento trimestral.
  • Realízanse dúas reunións trimestrais co asesor ADIX, nas que se realiza seguimento de dito plan e se avalía o seu grao de consecucións e posibles adaptacións e melloras.
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital presentouse ao claustro do centro en distintas reunións de profesorado, así como foi levado ao Consello Escolar para divulgalo e recibir achegas dos seus representantes. Ademais, publícase na web do centro, para a súa difusión entre a comunidade educativa.