Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

 

Nome do centro: CEIP Plurilingüe A Pedra, Bueu

Domicilio: Rúa A Pedra, 26

Concello: Bueu

Provincia: Pontevedra

Código do centro: 36000341

Teléfono: 886 159 712 -886159710

Zona Educativa: 36 00 77

Adscrito ao IES Johan Carballeira

Correo electrónico: ceip.apedra@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/

 

O noso centro ten catalogadas 5 unidades de infantil e 13 de primaria e todas están en funcionamento. O alumnado está distribuído en 18 grupos.

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

1.3. Breve xustificación do mesmo

1.4. Proceso de elaboración

*Non entraba toda a introdución deste apartado, polo que será subida enteira en anexos como "ANEXO II: Introdución".

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

AUTOAVALIACIÓN SELFIE.

Outras fontes:

Outras fontes empregadas para a análise DAFO foron:

  • Un cuestionario feito aos pais a fin de recopilar datos sobre a conectividade que teñen na casa, así como os ordenadores e/ou tabletas dispoñibles.

  • Reflexión dos membros do equipo sobre os datos recollidos.

*Recóllese o Resumo do SELFIE no "ANEXO IV: Resumo SELFIE".

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasa verificación da fiabilidade da información. Alumnado Si
Debilidade Pouca implicación do alumnado nas actividades dixitais. Alumnado Si
Debilidade Deficiencia no comportamento seguro en internet. Alumnado Si
Debilidade Escasa formación no recoñecemento do traballo doutros autores na rede. Alumnado Si
Debilidade Baixa creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Escaso emprego da tecnoloxía fóra do centro para fines educativos. Alumnado Si
Debilidade Emprego mellorable da forma de comunicarse coas TIC. Alumnado Si
Debilidade A estratexia dixital é mellorable. Oferta Si
Debilidade Escasos proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade Non hai unha boa avaliación do progreso con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Falta de formación en sistemas de protección de datos. Persoal docente Si
Debilidade Pouco fomento da creatividade. Persoal docente Si
Debilidade Falta dunha retroalimentación adecuada. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente emprego das tecnoloxías dixitais para a avaliación e para que o alumnado reflexione sobre a aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Escaso emprego das TIC para que o alumnado faga comentarios doutros compañeiros. Persoal docente Si
Debilidade Escasa seguridade na impartición de clases e retroalimentación coas TIC. Persoal docente Si
Fortaleza Comportamento responsable na rede. Alumnado Non
Fortaleza Gusto e interese polo emprego da tecnoloxía dixital. Alumnado Si
Fortaleza Boa infraestrutura no centro. Infraestruturas Si
Fortaleza Boa conexión e acceso a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza Importante cantidade de dispositivos dixitais tanto para o ensino como para a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza Organízanse os plans de formación tendo en conta as necesidades reais do profesorado. Oferta Si
Fortaleza Apóiase e foméntase o emprego e exploración de novas formas de aprendizaxe con tecnoloxías. Oferta Si
Fortaleza O centro facilita unha asistencia técnica adecuada. Organización de centro Si
Fortaleza Adecuado apoio para abordar as dificultades da fenda dixital. Organización de centro Si
Fortaleza Suficiente grao de emprego da tecnoloxía dixital para a comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza Empréganse as novas modalidades de ensinanza e se apoia o ensino TIC. Persoal docente Si
Fortaleza Profesorado involucrado no desenrolo da estratexia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Valórase a necesidade de DPC. Persoal docente Si
Fortaleza Hai un alto interese, participación e compromiso no DCP. Persoal docente Si
Fortaleza Intercámbianse experiencias sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Búscanse recursos en internet e tamén hai un bo grao de creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Suficiente emprego de entornos virtuais de aprendizaxes. Persoal docente Si
Fortaleza Boa adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Insuficientes sistemas de protección de datos. Administración educativa Si
Ameaza Asistencia técnica deficiente. Administración educativa Si
Ameaza Falta de tempo suficiente dentro do horario para explorar todas as posibilidades do ensino dixital nin debatir sobre o seu uso. Administración educativa Si
Ameaza Aumento de burocracia. Administración educativa Si
Ameaza 1. Pouca implicación do alumnado e da súa creatividade empregando tecnoloxías dixitais, por requisitos de idade nas contas para certas creacións. Lexislación Si
Ameaza Escasa colaboración con outras entidades empregando tecnoloxías dixitais. Outras Si
Oportunidade Bo acceso á DPC. Administración educativa Si
Oportunidade Cada vez hai máis dotación para cubrir o acceso a dispositivos e rede. Administración educativa Si
Oportunidade A administración está interesada no desenvolvemento de estratexias dixitais e o fomento das aprendizaxes con TIC. Administración educativa Si
Oportunidade Posta en marcha do Plan Dixital de centro. Lexislación Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta os resultados do DAFO o equipo do Plan Dixital dixeñou os obxectivos reflectidos no apartado seguinte.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar as TIC para que o alumnado faga comentarios doutros/as compañeiros/as.
O02PD Incrementar o número de proxectos interdisciplinares, fomentando a creatividade do profesorado.
O03PD Reforzar a formación do profesorado en materia de protección de datos e seguridade na rede.
O04PD Aumentar o uso, manexo e creación de ferramentas educativas dixitais por parte do alumnado.

Seguimento

Procedemento

4. Avaliación do plan

Para a avaliación do noso Plan Dixital, levaremos a cabo:

  • Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • Unha avaliación final ao finalizar o curso académico no que se valorará: a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

O estado da avaliación quedará reflectido nas táboas do plan de acción recollidas no apartado 3.1.

  • Reunións programadas trimestralmente co mentor ADIX.
1º Trimestre

O01PD:Utilizar as TIC para que o alumnado faga comentarios doutros/as compañeiros/as. EN PROCESO.

AO1.1: Información para o profesorado sobre as ferramentas da Aula Virtual e E-Dixgal que permiten facer comentarios na rede. REALIZADA

Elaborouse unha guía e informouse ao profesorado sobre os pasos para seguir para crear os foros na Aula Virtual e na plataforma E- Dixgal.


AO1.2: Elaboración das propostas (foros ou conversa) por parte do profesorado. EN PROCESO

As propostas poden ser elabodadas no primeiro trimestre e no terceiro. Só participou parte do profesorado.

AO1.3. Aplicación das propostas deseñadas na aula. EN PROCESO

As propostas poden ser aplicadas no primeiro e no terceiro trimestre. Só participou unha parte do profesorado.

O02PD: Incrementar o número de proxectos interdisciplinares, fomentando a creatividade do profesorado. EN PROCESO.

AO2.1: Posta en funcionamento das diferentes canles (aula virtual, EVA, plataformas...) para favorecer a elaboración dos proxectos. REALIZADA

As diferentes canles puxéronse en funcionamento ao inicio do primeiro trimestre.

AO2.2: Establecer un calendario de reunións por equipos de ciclo para a organización dos proxectos. REALIZADA

O calendario de reunións por equipos de ciclo está marcado dende o inicio de curso. Ademais destas reunións plantexadas a inicio de curso.

AO2.3: Creación de proxectos interdisciplinares. EN PROCESO

2º Trimestre

O02PD: Incrementar o número de proxectos interdisciplinares, fomentando a creatividade do profesorado. EN PROCESO.

AO2.3: Creación de proxectos interdisciplinares. EN PROCESO.

 

O03PD:Reforzar a formación do profesorado en materia de protección de datos e seguridade na rede. REALIZADO.

AO3.1: Información a través de guías de protección de datos e seguridade na rede. REALIZADA.

Informouse ao profesorado a través dunha presentación elaborada a partir da normativa e protocolo de protección de datos.

 

AO3.2: Elaboración dos cuestionarios por parte do equipo TIC. REALIZADA.

O equipo TIC elaborou un cuestionario online sobre a protección de datos.

3º Trimestre

O01PD:Utilizar as TIC para que o alumnado faga comentarios doutros/as compañeiros/as. REALIZADA.

AO1.3. Aplicación das propostas deseñadas na aula. REALIZADA.

Unha parte do profesorado aplicou os foros a través da Aula Virtual e E- Dixgal. O alumnado realizou comentarios sobre o traballo de outros compañeiros e compañeiras.

 

 

O04PDAumentar o uso, manexo e creación de ferramentas educativas dixitais por parte do alumnado.

AO3.3: Realización dos cuestionarios por parte do claustro. REALIZADA.

O profesorado realizou o cuestionario e observou os erros e acertos a través da retroalimentación.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

4. Avaliación do plan

Para a avaliación do noso Plan Dixital, levaremos a cabo:

 

  • Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • Unha avaliación final ao finalizar o curso académico no que se valorará: a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

O estado da avaliación quedará reflectido nas táboas do plan de acción recollidas no apartado 3.1.

  • Reunións programadas trimestralmente co mentor ADIX.
Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

5. Difusión do plan

O Plan Dixital do Centro, tras ser aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro, será publicado na páxina web do centro.