Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O IES Otero Pedrayo conta cunha tipoloxía familiar do alumnado heteroxénea, tanto en idade como en contexto socioeconómico, aspecto que consideramos moi positivo. A maioría desenvolve a súa actividade nos sectores secundario e terciario, predominando un nivel formativo medio.

A nivel dixital e tralas enquisas pospandemia realizadas no centro, puidemos observar que unha porcentaxe moi elevada de alumnado conta con equipos informáticos na súa vivienda (arredor do 87%), así como unha alta conectividade nos seus fogares. Con todo, cómpre destacar unha das principais eivas: fogares con varios irmáns/irmás e cun só equipo informático.

Outro aspecto a suliñar, é a sensibilidade que o actual equipo directivo ten con todo o que ten a ver coa mellora dixital. No Plan Anual está marcado como gran obxectivo o impulso das novas tecnoloxías, cunha mellora de infraestruturas considerable. A día de hoxe, xa se levou a cabo a renovación de todos os equipos da sala do profesorado ou a revisión dos equipos da aula de informática.

A incorporación da novas tecnoloxías en todas as materias é indiscutible e este Plan dixital vai supor un importante pulo para darlle continuidade ao camiño xa emprendido. Dende hai catro anos, o centro conta con varios proxectos de innovación educativa, Plans Proxecta ( “Por 365 días de respecto e igualdade”, “Proxecto deportivo de centro” e “Aliméntate ben- horto escolar”); oito contratos programa de innovación (Inclúe-t, Iguala-t, Convive, Emociona-t, CPInnova, EDUnnova, EDUescelencia e EDUsaúde). Ademais, conta cun Bacharelato de Excelencia Científica e Matemática (STEMBAC), un Club de Ciencias, un Plan de formación permanente do profesorado etc.

1.3.Breve xustificación do mesmo

O Plan Dixital de Centro enmarcase na normativa lexistaliva seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación,

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, 

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional

1.4.Proceso de elaboración

O plan dixital de centro foi elaborado na súa primeira edición (curso 21-22)  polo equipo de docentes que constituían o grupo de traballo PFPP creado para o devandito fin, e supervisados e polo mentor ADIX.

O planning de traballo foi o seguinte:

  • Novembro: Presentar o SELFIE ao grupo de traballo. Alta no SELFIE. Redacción das preguntas de centro.

  • Decembro: Presentación da enquisa SELFIE ao Claustro.

  • Xaneiro: Primeiro análise do resultados obtidos no SELFIE. Análise dos puntos críticos. Primeira aproximación á DAFO.

  • Febreiro: Presentación ao Claustro do Test CDD e solicitude da súa colaboración. Análise conxunta dos resultados do SELFIE e do CDD. Elaboración do primeiro borrador da DAFO cas achegas individuais de cada un.

  • Marzo: redacción definitiva da DAFO e envío da mesma á Coordinación Adix para a súa corrección. Corrección da DAFO cas achegas da Coordinación Adix.

  • Abril- Maio: Formación dende a ADIX para a elaboración do seguinte documento, os obxectivos do Plan Dixital. Elaboración y reelaboración dos obxectivos

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumendo de recollida de información foi o informe SELFIE, téndose tamén en conta algún datos extraídos do test CDD.

Interno
52 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8_O alumnado ten moi limitado o acceso os equipos informáticos no centro por a falta de aulas de informáticas, prácticamente está restrinxido ao alumnado que cursa TIC, ou para algunhas horas das materias de Tecnoloxía, e a falta de equipos informáticos para o alumnado nas aulas. Alumnado Si
Debilidade C13_Dende o centro non se plantexa a posibilidade de que o alumando traia o seu propio dispositivo. Alumnado Non
Debilidade Considera que non sabe verificar información (H4) nin navegar de xeito seguro (H1) e que non saben dar crédito o traballo alleo na Internet (H6). Alumnado Si
Debilidade O alumnado non aprende a codificar ou programar nin a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade Fenda dixital asociada problemas socioeconómicos. Familias Non
Debilidade C2_Parte dos equipos informáticos das aulas deberían ser renovados. Infraestruturas Si
Debilidade C8_Falla de equipos para os alumnos nas aulas Infraestruturas Non
Debilidade C3_Conexión de Internet pouco fiable. Infraestruturas Si
Debilidade C14_Limitación dos espacios TIC, aulas informáticas insuficientes para a demanda existente Infraestruturas Si
Debilidade C5_Descoñecemento das canles para solicitar asistencia técnica Infraestruturas Si
Debilidade Reticiencia da maior parte do profesorado a implantación do Edixgal. Oferta Non
Debilidade A1_Non existía un Plan Dixital "escrito". Organización de centro Non
Debilidade A4_Falta de tempo para explorar o ensino dixital Organización de centro Non
Debilidade B1_Non existe avaliación dos progresos no ensino con tecnoloxías Dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C16_Non existe, nin se ten en mente, a creación dun repositorio de recursos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado descoñece as canles para solicitar asistencia técnica. Organización de centro Si
Debilidade A4_A maior parte do profesorado considera que lle falta de tempo explorar nuevas formas de ensinaza con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade F1_No adoita a empregar as TIC adaptarse necesidades alumnado. Persoal docente Non
Debilidade B2_Falta de debate e reflexión sobre as ventaxas e inconvintes do emprego das tecnoloxías dixitais para mellorar o ensino e a aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade F6_Falta de proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade G1_Non empregan as TIC nas actividades de avaliación do alumnado Persoal docente Non
Debilidade G3_Non empregan as TIC para recibir un feedback do seu traballo. Persoal docente Non
Debilidade G5_Non empregan as TIC para promover a aprendizaxe autoregulada e autónoma do alumnado, provomendo actividades de auto e heteroavalición empregando as TIC. Persoal docente Si
Debilidade Non soen empregar REAS ni compartir recursos dixitais propios. Persoal docente Non
Debilidade Está mais afeito ao emprego doutro tipo de software que non ao software libre. Persoal docente Non
Debilidade A maioría no crean materias dixitais propios. Persoal docente Non
Debilidade Non existe cultura de traballo colaborativo en redes por parte do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza C8_Existencia de equipos informáticos do centro que se poden ceder ao alumnado que o necesite. Alumnado Non
Fortaleza O centro facilita que aprendan a verificar a información (H4), crear contidos dixitais (H7) e "navegar" de xeito seguro (H1). H7_O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza H7_O alumnado aprende a crear contidos dixitais e a comunicarse usando tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Fortaleza Ten unha actitude positiva cara ao emprego das TIC no seu procesode aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza Atópanse receptivas ás melloras relacionadas cas TIC. Familias Si
Fortaleza Emprego das TIC para a comunicación. Familias Si
Fortaleza C2_Equipamento informático para a docencia en todas las aulas. Infraestruturas Non
Fortaleza C15_Equipos a disposición do alumnando con necesidades. Infraestruturas Si
Fortaleza C7_Correcta xestión na protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza C5_Disposición do equipo directivo de mellorar a asistencia técnica. Infraestruturas Si
Fortaleza Mantemento e optimización dos equipos informáticos existentes. Infraestruturas Si
Fortaleza Disposición por unha parte do profesorado a reflexionar sobre á implantación do Edixgal. Oferta Non
Fortaleza A3_Plan Dixital "implicito" e accións de mellora dixital. Organización de centro Non
Fortaleza C12_Apoio ás necesidades dixitais do alumnado debidas á súa situación socioeconómica. Organización de centro Si
Fortaleza C11_Medidas identificar necesidades dixitais alumnado. Organización de centro Si
Fortaleza A3_Apoio a novas modalidades de ensino proporcionando recursos técnicos e de formación Organización de centro Non
Fortaleza Existen canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Apoio ao traballo dende as aulas virtuais. Organización de centro Si
Fortaleza A3_Apoia a novas modalidades de ensino proporcionando recursos técnicos e de formación. Persoal docente Non
Fortaleza Emprega as tecnoloxías dixitais para a súa aprendizaxe persoal. Persoal docente Non
Fortaleza D1_Reflexiona sobre a necesidade de DPC no relativo á ensinanza con tecnoloxía dixital e busca actividades de formación básicas . Persoal docente Non
Fortaleza Participa en actividades de aprendizaxe profesional para o desenvolvemento da competencia dixital docente Persoal docente Non
Fortaleza E4_Emprega as TIC para a comunicación ca comunidade educativa Persoal docente Si
Fortaleza E1_Usa de recursos educativos dixitais de xeito habitual Persoal docente Non
Fortaleza Todo o profesorado conta con AV en funcionamento e ten competencia dixital básica para o seu manexo. Persoal docente Si
52 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dotación insuficiente de medios. Administración educativa Si
Ameaza A4_Falta de tempo para explorar o ensino dixital por exceso de burocracia, Administración educativa Non
Ameaza Lentitude na xestión de incidencias técnicas por parte da UAC. Administración educativa Si
Ameaza Currículos moi amplos,ratios elevadas, adaptación aos cambios lexislativos.. Administración educativa Non
Ameaza Problemas de conectividade que non podemos arranxar pola nosa conta, senón que o ten que resolver a UAC e non o resolve Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo para trasladar a aula os cambios metodolóxicos Administración educativa Non
Ameaza B3_Non existen grupos de traballo colaborativos en rede. Contorna Non
Ameaza Non existe colaboración con outros centros ou entidades empregando as TIC. Contorna Non
Ameaza Continuos cambios lexislativos e necesidade de tempo para estudalos e adaptarse a eles. Lexislación Non
Ameaza Lexislación sobre licenzas de autor o empregar as tecnoloxías dixitais. Lexislación Si
Oportunidade Posible achega de equipos. Administración educativa Si
Oportunidade Futura inversións da administración na transformación dixital dos centros. Administración educativa Si
Oportunidade Cursos de formación ofertados en FPROFE Administración educativa Non
Oportunidade Cursos de Formación Permanente del Profesorado organizados dende o CEFORE. Administración educativa Non
Oportunidade Boa disposición ante as iniciativas dixitais. ANPA Si
Oportunidade Posibilidade de mellorar a conexión de Internet si a UAC o permite . Contorna Non
Oportunidade Oportunidades de formación ofertadas dende diferentes entidades: AMTEGA, CeMIT, Tecnópole... Contorna Si
Oportunidade Cursos de formación do profesorado no ámbito das TIC organizados dende distintas organizacións sindicais Contorna Non
Oportunidade Actividades de formación TIC promovidas dende o Concello. Contorna Si
Oportunidade Fomento da elaboración dun Plan Dixital de Centro. Lexislación Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O plan de traballo realizado dende o grupo de traballo para a analise dos datos do SELFIE realizado no curso 21-22 foi o seguinte:

  • Mes de Novembro: Presentar o SELFIE ao grupo de traballo. Alta no SELFIE. Redacción das preguntas de centro.

  • Mes de Decembro: Presentación da enquisa SELFIE ao Claustro.

  • Mes de Xaneiro: Primeiro análise do resultados obtidos no SELFIE. Análise dos puntos críticos. Primeira aproximación á DAFO.

  • Mes de Febreiro: Presentación ao Claustro do Test CDD e solicitude da súa colaboración. Análise conxunta dos resultados do SELFIE e do CDD. Elaboración do primeiro borrador da DAFO cas achegas individuais de cada un.

  • Mes de Marzo: redacción definitiva da DAFO e envío da mesma á Coordinación Adix para a súa corrección. Corrección da DAFO cas achegas da Coordinación Adix.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre os titores/as e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro
O02PD Consolidar a presencia do centro en redes sociais e internet.
O03PD Fomentar a participación do alumnado en actividades relacionadas cas TIC promovidas por distintas entidades.
O04PD Continuar co proxecto das audioguias para as pezas do museo ( MUPEGA), en leste caso vídeo guías con linguaxe de signos.
O05PD Difusión da canle de comuniciación de incidencias relativas a equipamento dixital
O06PD Dispor dunha asistencia técnica externa para resolver as incidencias dos dispositivos dixitais.
O07PD Posta en marcha do protocolo para detectar e xestionar as necesidade TIC do noso alumnado
O08PD Dar a coñecer o protocolo de utilización das Aulas de Informática
O09PD Inventariar a equipación TIC dos departamentos docentes
O10PD Manter o asesoramento do profesorado no eido das AV
O11PD Creación de recursos dixitais para empregar na práctica docente.
O12PD Empregar os libros de cualificación en contornas Moodle por parte do profesorado
O13PD Xestionar e manter as AV do Centro
O14PD Formación en seguridade informática e boas prácticas na rede de toda a comunidade educativa.
O15PD Desenvolvemento de Cursos de Capacitación Dixital
016PD Mellora dos recursos TIC do centro
017PD Formación en Polos Creativos

Seguimento

Procedemento

Para o seguimento e avaliación do Plan Dixital creouse un grupo de traballo, dentro do PFPP, que levou a cabo esta tarefa. Devandito grupo de traballo estivo formado polos seguintes docentes:

  • Alfonso Rodríguez , Margarita (Xefa de Estudos).
  • Álvarez Rodríguez , Eva (profesora dpto. de Tecnoloxía).
  • del Río Vázquez , Fernando Javier (profesor dpto. de Tecnoloxía).
  • Suárez García , Carolina (Secretaria do Centro).
  • Lorenzo Valdivieso , Daniel (Director).
  • Quintana Devesa , Olga (Vicedirectora).
  • González Pérez , Roberto Carlos. Coordinador Abalar (profesor dpto. de Tecnoloxía).
  • González de Mena , María de los Ángeles. Coordinadora do grupo de traballo (profesora dpto. de Tecnoloxía).

O grupo de traballo reuniuse cunha periodicidade aproximada de mes e medio, os martes de 16:30 a 20:30 xa que era o día e hora que viña ben a todo os membros, xa que os luns hai clase polas tardes e os xoves adoita ser o día que se celebran Claustros, Consellos ou reunións de CCP.
A Coordinación TIC e Abalar foron un pouco os dinamizadores das devanditas reunións:  propoñendo os temas para tratar, facilitando as formacións que foron necesarias e repartindo un pouco as tarefas entre os distintos membros do grupo. Normalmente as coordinacións reuníanse o mércores anterior para preparar a reunión.
A metodoloxía de traballo foi unha metodoloxía participativa e colaborativa. 
As coordinadores TIC e ABALAR encargáronse da organización das reunións, a dinamización das mesmas e da planificación global do traballo. 
O grupo encargouse de achegar ideas e de realizar aquelas tarefas específicas que se lle encargaron ou ás que se comprometeu en función das súas habilidades, capacidades ou competencia.

Os coordinadores tentaron de xestionar os tempos e as tarefas do xeito máis xusto para todos os membros de tal xeito que todos tiveran mais o menos a mesma carga de traballo, e este este adaptásese o máis posible aos seus gustos, habilidades e capacidades.

Relación de reunións levadas a cabo e temas tratados en cada unha delas:

  • Reunión 28/11/2023: Esta foi unha primeira reunión de toma de contacto e de planificación do traballo para o próximo mes  e medio. Nela expuxéronse os temas tratados na reunión coa coordinadora ADIX: a elaboración dun inventario TIC de centro xa que se vai a poñer en marcha unha aplicación onde os centros deberán cargar o seu inventario TIC, o priorizar a cuestións relacionadas coa formación en seguridade dixital e redes de toda a comunidade educativa, a existencia da ferramenta ABALAR BOX .. e a recomendación por parte da Coordinadora ADIX de incluír todas ou algunhas delas nos obxectivos do Plan Dixital para este curso 23-24. Tamén se revisaron os obxectivos de Plan 22/23 valorando a súa continuidade ou non para este 23-24, decidiron eliminarse algúns, xa que eran obxectivos finalistas e estaban alcanzados, manter outros que son de continuidade, modificar algúns e adaptalos á realidade actual e incluír algún obxectivo novo. Así mesmo fíxose unha repartición para a revisión e a actualización dos devanditos obxectivos polos distintos membros do grupo de traballo, fixando o final de trimestre como data tope para telos actualizados. Tamén se traslado ao grupo a información dada pola Coordinación ADIX sobre o feito de publicar o Plan Dixital de Centro na páxina web de Centro para, desta maneira e como os demais centros de Galicia, facelo público. Por iso instouse ao grupo para traballar coa maior celeridade posible na actualización do Plan Dixital para este curso 23-24.Presentáronse distintas actividades para desenvolver co alumnado, profesorado e familias en relación ao feito de facer un uso responsable da internet e decidiuse solicitar a maior parte delas englobadas no novo obxectivo: O14PD Formación en seguridade informática e boas prácticas na rede de toda a comunidade educativa.O profesorado que está a impartir o curso de Capacitación Dixital expuxo un pouco o traballo que se estaba desenvolvendo e as súas impresións e dificultades.
  • Reunión 06/02/2024:  Revisáronse os obxectivos do primeiro trimestre e avaliouse o grao de consecución daqueles que vencían no devandito trimestre e a consecución daqueles que teñen carácter anual, engadíronse as accións correspondentes de cada un destes. Polos creativos: achega de infomación por parte do responsable no Centro do explicado nas charlas de formación as que ten asistido, e constatouse a necesidade de formación do profesorado no uso dos materiais asociados á dotación de Polos Creativos e a posibilidade de solicitar ao CFR unha formación por parte dun asesor externo. Levouse a cabo, por parte dos Coordinadores TIC e ABALAR unha pequena formación no uso de Google Forms.

 

1º Trimestre

Xestionar e manter as AV do Centro

Creáronse todas a AV novas para este curso, mantivéronse as de cursos anteriores necesarias e elimináronse todas aquelas que non se ían a utilizar

 Manter o asesoramento do profesorado no eido das AV

Púxose ao dispor do profesorado o AV aberta para a formación en AV MOODLE PARA O PROFESORADO titorizada pola coordinación TIC

Promover a comunicación entre os titores/as e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro

A Xefatura de Estudos proporcionou a todos os titores e titoras toda a información referente á aplicación AbalarPro e animounos ao seu uso.

 Fomentar a participación do alumnado en actividades relacionadas cas TIC promovidas por distintas entidades

  • O alumnado de 2º ESO participou na actividade VOANDO COS NÚMEROS, organizada nas Aulas Newton da Tecnópole en Ourense

 Fomentar a participación do alumnado en actividades relacionadas co uso seguro da Internet e das redes socialis

  • O alumnado de 3º ESO de Educación Dixital participou na charla INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS REDES SOCIAIS, organizada pola Consellería de Educación en desenvolta por AMTEGA

Establecer e por en marcha un protocolo para detectar e xestionar as necesidade TIC do noso alumnado:

A direccion do Centro ca colaboración dos titores de cada un dos grupos levou a cabo a enquisa elaborada para coñecer as necesidades TIC do alumnado do Centro e darlle resposta as mesmas en función das posibilidades cas que contamos.

Establecer e dar a coñecer o protocolo de utilización das Aulas de Informática

No Claustro de decembro deuse a collecer o protocolo de utilización das Aulas de Informática

PFPP Creación de recursos dixitais - avaliación en contornas Moodle:

En función dos resultados obtidos na enquisa realizada polo profesorado ao comezo de curso, ao profesorado interesado en formación avanzada en AV propuxéronselle os dous posibles grupos de traballo recolleitos neste Plan Dixital, 

A maior parte do profesorado está interesado na realización de cursos relacionados ca obtención de horas para a acreditación da Competencia Dixital Docente.

Non se conta polo tanto con profesorado suficiente para ningún dos grupos de traballo.

 

Desenvolvemento de Cursos de Capacitación Dixital 

Ao longo dos meses de Octubro, Novembro e Decembro levaronse a cabo catro cursos de Capacitación Dixital impartidas por tres docentes do centro pertencentes ao Departamento de Tecnoloxía.

 

 

 

2º Trimestre

Formación en seguridade informática e boas prácticas na rede de toda a comunidade educativa:

  • Obra de teatro: MOZAS NA REDE O alumnado de 4ºESO asistíu no Paraninfo do Otero Pedrayo á función de peche da obra teatral didáctica "Mozas na rede", a través do programa de innovación educativa Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade". A sempre marabillosa Estíbaliz Veiga presentounos catro historias baseadas en feitos reais e unha quinta de autoficción, vivida por ela mesma, centradas no grooming ou ciberacoso.

Mellora dos recursos TIC do Centro:

  • Adquisición e posta a disposición da Comunidade Educativa de 25 libros eléctónicos. 20 na Biblioteca para préstamo e 5 na Secretaría para uso docente nas aulas.
  • Mellora na instalación / cableado do centro. Trasladando e actualizando o rack da Secretaría
  • Achega de 16 equipos de sobremesa por parte da Consellería, os cales foron para a aula de Informática de InfoBilblo (no soto do Edificio Anexo), 3ª aula de Informática, creada o pasado curso e que ainda non estaba dotada de equipos propios. Serían necesarios outros 10 equipos para dotala axeitadamente.
  • Renováronse os equipos informaticos dos departamentos docentes. Un equipo por departamento.

 

 

3º Trimestre

Fomentar a participación do alumnado en actividades relacionadas cas TIC promovidas por distintas entidades

  • Conferencia STEM: “As mulleres nas carreiras científicas”, Zulema Varela, alumnado 4º ESO. (18/03/2024)

Formación en seguridade informática e boas prácticas na rede de toda a comunidade educativa:

  • Programa VIXÍA: Riscos de Internet, dirixido ao alumnado de 1º ESO (mes de abril)
  • Programa de prevención de condutas violentas: uso das TICs e as redes sociais. Ciberacoso, dirixida ao alumnado de 3ºESO (mes de abril)
  • Programa Navegando con Rumbo: 1º ESO (mes de mayo).

Formación do profesorado en Polos Creativos:

  • Formación no CFR de Ourense, a cargo do relator Xurxo Cobelas, sobre algúns dos materiais de Polos Creativos, que neste momento atópase en emprestito no CFR. En concreto a formación versou sobre o kit croma, o kit da máquina de chapas e sobre a cortadora láser.
  • Creación nas AV do centro dun curso para a formación do profesorado en Polos Creativos.

Desenvolvemento de Cursos de Capacitación Dixital 

Ao longo dos meses de Abril e Mayo leváronse a cabo dous cursos máis de Capacitación Dixital impartidas por dous docentes do centro. Completando así un total de seis cursos ao longo do curso 23-24.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Crearase un grupo de traballo dentro do PFPP composto por oito membros encargado de levar a cabo o Seguimento e Avaliación do Plan Dixital do centro para o curso 2023/24..

Cada un dos obxectivos propostos neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas materialícense, así como unha temporalización para facelo.

Polo tanto a avaliación do Plan Dixital centrarase principalmente na avaliación do grado de consecución dos indicadores concretos para cada un dos obxectivos fixados.

Levarase a cabo tanto unha avaliación procesual (trimestral) e unha avaliación final.

  • AVALIACIÓN PROCESUAL: a súa frecuencia será como mínimo unha vez ao trimestre, farase seguindo a temporalización fixada para cada un dos obxectivos. Valorarase o estado de execución dos indicadores sinalados en cada obxectivo, facendo propostas de corrección se se estes non están alcanzados, modificando as accións se é necesario para acadalos ou os recursos necesarios para elo.

  • AVALIACIÓN FINAL: levará a cabo a final do curso 2023-24, valorarase se se alcanzaron o indicadores de logro de cada un de obxectivos. Valorarase tamén, cando estes indicadores de logro non se conseguiron nas datas sinaladas, se as medidas introducidas para reverter esta situación foron efectivas. Tamén se hai valores previstos de logro que non se alcanzaron analizarase as razóns de porque non se conseguiu e se é posible que as expectativas de partida non fosen demasiado realistas.

Tamén se avaliará a adecuación da estrutura organizativa para a elaboración e implementación do plan, abrindo un debate sobre sobre iso no grupo de dinamización TIC

Reflexión no grupo de dinamización TIC sobre o efecto dos obxectivos fixados e acadados na mellora da realidade TIC do centro.

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital ao Claustro realizarase mediante o envío do documento a todos os seus membros a través do correo corporativo e a explicación do mesmo en Claustro.

Da mesma forma procederase cos membros do Consello Escolar, envío do documento a través do correo electrónico e explicación do mesmo en reunión do Consello Escolar.

Para a súa difusión a toda a comunidade educativa o documento, unha vez aprobado, incluirase no PEC para a súa difusión a través da páxina web do centro.