Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

DATOS BÁSICOS DO CENTRO

O CEIP Plurilingue da Rabadeira está situado na rúa do ensino 3, CP 15173, Oleiros. A súa dirección de correo electrónico é ceip.rabadeira@edu.xunta.gal  e a súa páxina web é http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE

Este Plan Dixital elabórase ao amparo da seguinte normativa lexislativa: 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-22.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa,  ….

O Plan Dixital está intimamente relacionado con algúns dos proxectos nos que está a participar o centro. É o caso do proxecto de Radio na Biblio, xa que precisamos de diverso material tecnolóxico para poder levar a cabo o programa. Tamén está moi relacionado co PlamB e con Bibliotecas Creativas, xa que unha parte da nosa Biblioteca ten recursos dixitais relacionados coa robótica, tabletas e unha zona TIC.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

Para o actual curso agardamos a entrega do material do programa de Polos Creativos, xa que dota de recursos e formación dixital ao profesorado e alumnado do centro, polo que nos parece unha oportunidade para afrontar os retos que supón a educación no século XXI.

 

 

PROCESO DE ELABORACIÓN

Dentro do claustro de profesorado, e de forma voluntaria, creouse o Equipo de Dinamización do Plan Dixital e comezamos a traballar establecendo uns obxectivos e plans de acción de cara ao curso 23/24.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida foron o informe SELFIE e o test CDD. 

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1/H3. O alumnado non actúa de maneira segura e responsable en Internet. Alumnado Si
Debilidade H5/H6. O alumnado non acostuma a corroborar a información de Internet e a recoñecer os traballos dos demais. Alumnado Si
Debilidade H11. O noso alumnado non ten formación para o traballo de codificación e programación. Alumnado Si
Debilidade H7. O alumnado non crea habitualmente contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade H8. O alumnado non se comunica axeitadamente utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade C16. Non temos un repositorio colaborativo de recursos dixitais. Organización de centro Si
Debilidade PO2. O equipo directivo non fomenta o emprega de software libre. Organización de centro Non
Debilidade PO5. O profesorado descoñece as vantaxes do software libre. Organización de centro Non
Debilidade E2. Só unha parte do profesorado crea recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade F5. Temos que mellorar no traballo colaborativo entre o noso alumnado. Persoal docente Si
Debilidade F1. Temos que mellorar nas adaptacións dixitais para dar respostas ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade G. O proceso de avaliación do profesorado e alumnado debería incluír un proceso dixitalizado. Persoal docente Si
Debilidade A5. O profesorado non conta coa formación suficiente en canto a normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
Debilidade B1. O profesorado non coñece ferramentas de avaliación dixital do proceso ensino-aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade D1. No noso centro non se reflexiona sobre as necesidades formativas no relativo ao ensino das TIC. Persoal docente Non
Debilidade E5. Non empregamos recursos educativos abertos habitualmente. Persoal docente Non
Debilidade H11. O noso profesora non ten formación para o traballo de codificación e programación. Persoal docente Si
Fortaleza C1/C14. Contamos cunha boa infraestrutura dixital que favorece o ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza C2. Contamos con dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza C7. Aseguramos a protección de datos Infraestruturas Si
Fortaleza C8/C10. Contamos con dispositivos dixitais que desenvolve a competencia dixital do alumnado (Edixgal, colaboración con Paideia, Snappet). Infraestruturas Si
Fortaleza A1. No noso centro contamos cunha estratexia dixital Organización de centro Si
Fortaleza C11/C12. Ante a fenda dixital contamos con ferramentas para a identificación, atención e resposta a estas necesidades. Organización de centro Non
Fortaleza C15. O noso centro conta con tecnoloxías asistenciais para o alumnado NEAE. Organización de centro Si
Fortaleza A2. O noso profesorado coñece e aplica a estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza H10. Desenvolvemos habilidades dixitais de maneira interdisciplinar. Organización de centro Si
Fortaleza A3. No noso centro permítense novas modalidades de ensino. Organización de centro Si
Fortaleza E1. Buscamos recursos educativos dixitais en liña Persoal docente Si
Fortaleza E3. Empregamos entornos virtuais de aprendizaxe corporativos. Persoal docente Si
Fortaleza E4. Comunicámonos a través de ferramentas dixitais seguras coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza F6. Participamos en diferentes proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza B3. Colaboramos dixitalmente con outras organizacións Persoal docente Si
Fortaleza F3. Utilizamos diferentes ferramentas dixitais para fomentar a creatividade do noso alumnado (creación de curtas de animación, realidade aumentada, robótica, digicraft, radio escolar,¿). Persoal docente Si
Fortaleza F4. Motivamos ao alumnado con recursos, ferramentas e programas dixitais. Persoal docente Si
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza B2.Non temos tempo para debater de maneira formal do uso das TIC no proceso de ensino-aprendizaxe. Administración educativa Non
Ameaza A4. Non existe tempo para que o noso profesorado explore o ensino dixital. Administración educativa Si
Ameaza D3. Non existe tempo para intercambiar experiencias de ensino dixital. Administración educativa Si
Ameaza C3. Non contamos cunha rede estable nalgunhas aulas do centro. Administración educativa Non
Ameaza C5. A administración educativa non nos responde inmediatamente cando xurden incidencias dixitais (exceptuando Edixgal). Administración educativa Non
Ameaza PO4. A Administración educativa non responde ás necesidades dixitais do noso centro Administración educativa Non
Ameaza O currículo é moi extenso e non permite a flexibilidade horaria para a adicación dixital. Lexislación Si
Oportunidade D2. Temos acceso a plans de formación dixitais. Administración educativa Si
Oportunidade A ANPA colabora no desenvolvemento de múltiples actividades. ANPA Si
Oportunidade O medio socioeconómico das familias é medio-alto e non hai, na practica, fenda dixital. Contorna Si
Oportunidade O Concello colabora no mantemento da infraestructura e instalacións do centro educativo. Outras Non
Oportunidade PO5. O noso centro conta con equipamento dixital doado por Paideia. Outras Si
Oportunidade O Concello oferta moitas actividades interdisciplinares Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO provén dos resultados obtidos do SELFIE e do test CDD, e invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Manter e enriquecer a biblioteca de recursos en liña para a etapa de Educación Primaria
O02PD Formar en comportamentos responsable e seguro no uso das Tecnoloxías Dixitais
003PD Organizar e administrar o uso dos recursos do programa Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

O Plan Dixital ten establecido un Plan de Acción no que se establece unha temporalización para cada un dos obxectivos e ao longo do curso realizamos diferentes reunións no equipo do Plan Dixital para realizar o seguimento do mesmo. 

Realízanse reunións mensuais coa mentora ADIX para a elaboración e consecución do Plan Dixital. 

1º Trimestre
  • Obx1:A través do Equipo Directivo estamos intentando dinamizar. Os documentos pasan polo servidor NAS en vez de polo correo. Está pendente de compartir os recursos.

  • Obx2: Estamos agardando a que salgan as charlas da garda civil e o programa navega con rumbo. Dende a ANPA fixo unha charla para contribuír a este obxectivo ”Plan director para a convivencia e seguridade”. Están pendente.

  • Obx3: Xa temos elixido ao coordinador e referente ao espazo imos a aproveitar os espazso creados na biblioteca creativa (3.1). Temos o PFPP establecido con 18 profesores e imos dar radio escolar durante este trimestre.

2º Trimestre
  • Obx1: Xa estamos compartindo recursos pero non todos os que se esperaba.
  • Obx2: Xa levamos a cabo a charla da Garda Civil (3.2). O equipo de terceiro ciclo está compartindo o material no NAS. Está pendente para a acción 3.3.
  • Obx3: Xa desenvolvimos a formación en radio escolar. No terceiro trimestre van facer unha relacionada co Chroma, robótica e scape room. Tamén queda pendente a memoria.
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Valoración trimestral no equipo do Plan Dixital para o análise e posibles melloras dos obxectivos e plans de acción. 

Reunión trimestral coa mentora ADIX para a valoración do Plan Dixital e a través de EduCalidade. 

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Despois da elaboración do Plan Dixital decídese a difusión do mesmo para o resto da comunidade a través da páxina web do centro.