Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro IES Ramón Menéndez Pidal, está situado na rúa Mª Victoria Fernández- España, no barrio de Monte Alto no centro de A Coruña. Código: 15005257

Impártense as seguintes ensinanzas:

·         ESO

·         Bacharelato:

o   Ciencias

o   Humanidades e Ciencias Sociais.

·         Ciclos Formativos de grao medio:

o   Actividades Comerciais

o   Comercialización de Produtos Alimentarios (dual)

·         Ciclos Formativos de grao superior:

o   Comercio Internacional

o   Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (dual e ordinario)

o   Transporte e Loxística (dual)

 

O equipo directivo está organizado do seguinte xeito:

·         Dirección: María Estrella Pérez Freire

·         Vicedirección: Juan C. Linares Regueira

·         Xefatura de estudos: María Dolores Vilariño Suárez

·         Xefatura de estudos de adultos: Nuria Pérez Castelo

·         Secretaría: José Fernández Gómez

Para máis información sobre o centro pódese consultar a páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmenendezpidal/

Dispoñemos ademais das seguintes contas en redes sociais:

·         https://www.facebook.com/zalaeta/

·         https://www.instagram.com/ies.zalaeta/?hl=es

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Cómpre resaltar que para a elaboración do DAFO tamén se tivo en conta a experiencia previa do profesorado do centro, tendo en conta tanto a súa opinión sobre a formación do alumnado a nivel dixital como con respecto á docencia en si.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H13: O alumnado debe aprender a resolver problemas técnicos sinxelos que lle permitan seguir traballando. Alumnado Si
Debilidade H3: O alumnado non aprende a actuar de xeito responsable en internet. Alumnado Si
Debilidade H4: O alumnado non aprende a verificar a calidade da información dando por válida calquera texto que atopa nas redes. Alumnado Si
Debilidade A1: Non contamos cunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade O acceso a aplicacións, programas, etc. Non sempre son de libre acceso (as versións libres son incompletas e non podemos asumir as licenzas). Este feito é observable sobre todo en ciclos formativos: VisualTrans, Autocad, AEAT... Outras Si
Debilidade F: O profesorado precisa actualizarse, innova e empregar máis ferramentas dixitais nas prácticas de ensinanza aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade D+B: O profesorado debería compartir as súas experiencias tecnolóxicas tanto entre eles/as como mediante a colaboración con outros centros. Persoal docente Si
Fortaleza A3: O equipo directivo apoia ao profesorado á hora de probar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Oferta Si
Fortaleza E2: O profesorado crea habitualmente recursos dixitais para reforzar o método de ensinanza. Persoal docente Si
Fortaleza E4: A comunicación relativa ao centro educativo entre os membros da comunidade realízase empregando tecnoloxías dixitais. Contamos cun 33% do profesorado con nivel de experto ou superior en canto a competencia dixital. Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A Administración non recoñece o esforzo que supón formarse a nivel dixital por parte do profesorado. Administración educativa Si
Ameaza Nivel socieconómico das familias, que dificulta nalgúns casos as posibilidades de acceso a recursos dixitais, incluso os que se facilitan desde o centro. Contorna Non
Ameaza A extensión dos currículos actuais non ten en conta os tempos que implica introducir tecnoloxía na aula. Lexislación Si
Oportunidade A formación nas empresas que se oferta para profesorado de ciclos formativos permite actualizarse en canto ás aplicacións informáticas que se están a empregar neste momento. Administración educativa Non
Oportunidade Incorporar ás familias ao entorno dixital do centro, contando con elas para ver posibles necesidades ANPA Si
Oportunidade Existencia de centros con maior nivel na competencia dixital que poidan contarnos a súa experiencia. Contorna Non
Oportunidade Aproveitar o polo tecnolóxico da ¿Cidade das TICs-UDC¿. AS empresas da cidade pode aportarnos especialización e unha relación máis directa coa contorna para conseguir unha mellor colocación do alumnado na etapa de ciclos formativos. Outras Non
Oportunidade Creación dun mapa de conectividade do instituto que permita localizar avarías máis rapidamente. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Partindo da análise DAFO realizada establecemos áreas proritarias de mellora, determinando en cada unha delas os obxectivos específicos e axustados a un marco temporal que se pretende acadar.

O centro o conta con infraestructuras e equipamento dixital en tódalas aulas, aínda que en ocasións, algúns equipos, dan certos problemas de conexión á rede.

Debido á falta de espazos, non todas as aulas de informática non poden acoller a certos grupos de alumnado (posto que só teñen 20 postos) e faise necesario un sistema de xestión e reserva de aulas de informática.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Deseñar e Implementar un sistema para Dixitalizar a Xestión Docente
02PD Elaborar un plan de formación Dixital para o alumnado e implementalo
03PD Crear Proxectos STEAM coa dotación do Polo Creativo

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será:

-   En canto a avaliación procesual, realizarase nas datas reflectidas nas distintas descricións das accións, como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

-   Antes do 30 de xuño realizarase unha avaliación final que incluirá, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Os obxectivos marcados no Plan Dixital avanzan segundo a temporalización prevista.

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizou 2 reunións de traballo e coordinación.

Creouse un espazo virtual para a xestión da labor docente e continuamos a crear ferramentas dixitáis para tal fin.

No centro solicitouse e desenvolveuse formación en Radio e Audiovisuáis relacionadas co obxectivo 03PD do Plan Dixital (Crear Proxectos STEAM coa dotación do Polo Creativo).

Desenvolvéronse varios proxectos co alumnado relacionados co obxectivo 03PD do Plan Dixital (Crear Proxectos STEAM coa dotación do Polo Creativo).

2º Trimestre

Os obxectivos marcados no Plan Dixital avanzan segundo a temporalización prevista.

O equipo de dinamización do Plan Dixital reúnese a miudo cos coordinadores TIC.

Unha vez creado o espazo virtual para a xestión da labor docente, continuamos a crear ferramentas dixitáis para tal fin. Calendarios de exames, calendarios de actividades extraescolares, calendarios de reservas de espazos do centro.

Desenvolvéronse varios proxectos co alumnado relacionados co obxectivo 03PD do Plan Dixital (Crear Proxectos STEAM coa dotación do Polo Creativo).

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:
• Realizarase unha reunión trimestral para valorar o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
• Realizarase unha reunión a final de curso para valorar os logros, propoñer cambios e incorporar as propostas de mellora realizadas ao longo de todo o ano.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

- O Plan Dixital será difundido no claustro do mes de outubro do actual curso 2023-2024 e a continuación exposto no Consello Educativo.
- Difundiranse as accións que se vaian levando a cabo mediante a páxina web e as redes sociais para que toda a comunidade educativa estea informada.

Enlaces:

Plan Dixital do IES Ramón Menéndez Pidal