Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Dende o punto de vista económico e laboral das familias dos nosos alumnos e alumnas, a situación é diversa; unhas teñen un desenvolvemento económico e nivel cultural baixo, nalgúns só traballa un dos proxenitores con baixa cualificación profesional e outras familias mostran un nivel económico maior, coincidindo polo xeral cunha maior cualificación profesional especializada. Gran parte da poboación activa desprázase á cidade de Pontevedra e a outros lugares a traballar na construción, sector servizos e outros. Na actualidade xa resulta residual a especial dedicación a agricultura e gandería con explotacións minifundistas e de tipo familiar, aínda que aportan unha axuda importante na economía familiar. Este Plan Dixital queda enmarcado dentro da Programación Xeral Anual posto que nel se establecerán de maneira anual uns obxectivos e accións para alcanzalos. Ademais este documento, como queda redactado no seguinte punto, será o eixe vertebrador para a dixitalización non so do proceso de ensino-aprendizaxe senón de toda a comunidade educativa.

Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por esa razón, os centros educativos deben dar respostas a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado Pax 4 de 19 laboral para poder formar cidadáns do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada. Este Plan Dixital de Centro enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. É imprescindible dotar ao Plan Dixital dun enfoque de centro sobre o uso dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, de modo que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías.

Mediante o Plan Dixital de Centro, pretendemos: • Avaliar a situación dun centro educativo con relación ao uso das TIC nos distintos elementos clave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro. • Recoñecer o Plan Dixital de Centro como un recurso crave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa. • Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo unha organización dixitalmente competente. Lexislativamente o Plan Dixital enmárcase nos seguintes artigos e disposicións: Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación “5. As Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe. As Administracións educativas deberán establecer as condicións que fagan posible a eliminación no ámbito escolar das situacións de risco derivadas da inadecuada utilización das TIC, con especial atención ás situacións de violencia na rede. Fomentarase a confianza e seguridade no uso das tecnoloxías prestando especial atención á desaparición de estereotipos de xénero que dificultan a adquisición de competencias dixitais en condicións de igualdade”. “O proxecto educativo do centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis.5” Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.“ Planificación. Co fin de que todo o alumnado teña acceso ao proceso de ensino e aprendizaxe en calquera dos posibles escenarios e asegurarse a súa participación e implicación no desenvolvemento das accións educativas, teranse en conta os seguintes aspectos na planificación educativa: …a proposta de tarefas globalizadas que requiran da posta en práctica de varias competencias do alumnado, a aprendizaxe cooperativa, o uso das TIC como recurso didáctico, actividades que favorezan a autoaprendizaxe, o pensamento crítico e creativo e a investigación mediante proxectos de traballo, entre outras.” Ademais da Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Para a elaboración deste Plan Dixital tivemos que crear un equipo de dinamización do Plan Dixital, no o que coordinador foi o propio coordinador do equipo TIC do centro, Pablo Álvarez Rivas. Os membros do equipo dinamizador do Plan Dixital foron os seguintes: • Pablo Álvarez Rivas • Camilo Álvarez Vila • Alba Fiuza Fernández • María del Carmen Gil Pousa • Amaranta Julia Pazó Calderón Para esta labor tamén creamos un grupo de traballo enmarcado dentro do PFPP do centro. Os pasos para a elaboración do Plan Dixital foron os seguintes: 1. Creación do equipo de dinamización do Plan Dixital. 2. Creación do grupo de traballo do Plan Dixital. 3. Rexistro na plataforma SELFIE, creación e selección das preguntas a realizar. 4. Realización do SELFIE por parte do claustro, equipo directivo e alumnado de 5º e 6º. 5. Realización do test CDD. 6. Análise dos resultados do SELFIE e o test CDD. 7. Creación do informe DAFO. 8. Creación do Plan de Acción. 9. Redacción do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

FERRAMENTA SELFIE SELFIE é unha ferramenta en liña gratuíta que pretende axudar aos centros escolares a exporse como utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr unha aprendizaxe efectiva e innovadora. Con SELFIE, os centros poden obter unha instantánea do punto no que se atopan en relación co uso das tecnoloxías dixitais, tendo en conta as opinións do profesorado, o alumnado e o equipo directivo. Na seguinte táboa reflíctense o resultados obtidos tras a realización do test SELFIE do equipo directo, o profesorado e o alumnado de 5º e 6º de E.P.

TEST CDD (Competencia Dixital Docente) Tras a realización do SELFIE, a Consellería puxo a disposición dos centros na plataforma FProfe un test CDD (Competencia Dixital Docente) co que se pretende avaliar as competencias dixitais do profesorado para poder reflexionar máis tarde sobre os resultados e necesidades que poidan quedar reflectidas nel. As seguintes táboas amosan os resultados máis salientables deste test CDD.

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Difícil colaboración entre o alumnado. Falta de uso da tecnoloxía para a aprendizaxe se non son actividades do colexio. Falta de motivación a pesar do uso das novas tecnoloxías. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Baixo interés pola formación. Familias Si
Debilidade Falta dunha estratexia dixital. Falta de tempo para a explotación da ensinanza dixital. Organización de centro Si
Debilidade Baixo uso de entornos dixitais de aprendizaxe. Non se utiliza a tecnoloxía para avaliar o proceso de ensino-aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza E-dixgal e clases de informática. Existen dispositivos dixitais para utilizar no centro. Oferta Si
Fortaleza Busca recursos dixitais en liña. Debátese das oportunidades e desvantaxes da utilización das novas tecnoloxías. Disposición favorable a formación continua. ¿ Adaptación das actividades ás necesidades. Persoal docente Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta dunha conexión fácil. Falta de asistencia técnica. Exceso de carga burocrática, tempo que podería ser adicado á creación de recursos. Administración educativa Si
Ameaza Baixa competencia dixital das familias. Contorna Si
Oportunidade Ferramentas corporativas. Administración educativa Si
Oportunidade Boa conexión da maioría do alumando que realizou a enquisa. Contorna Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e a reflexión dos membros do equipo do Plan Dixital, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a comunicación diaria das familias a través de medios telemáticos.
O02PD Empregar as TIC para compartir recursos educativos.
O03PD Manter actualizados os dispositivos dixitais do centro.
O04PD Empregar as TIC para mellorar a competencia dixital do profesorado.
O05PD Empregar as ferramentas TIC para mellorar a avaliación.
O06PD Actualizar o inventario dixital do centro.

Seguimento

Procedemento

Levarase a cabo un procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos de forma continua e sistemática. Unha vez ao trimestre, coincidindo coa última reunión do equipo TIC, farase unha valoración incluíndo o estado da execución das accións, e valorarase de forma analítica os resultados. Así mesmo se realizarán as modificacións necesarias incluíndo propostas de mellora.

1º Trimestre

Dentro do esperado acadamos a maioría dos obxectivos. Algúns variaron lixeiramente pola viabilidade do mesmo: Crear un banco de recursos educativos para todo o profesorado. Tratamos de compartir información a través Abalar box pero ao non resultar moi práctico creamos a maiores unha conta conxunta para unha páxina de creación de recursos para poder acceder todo o profesorado.

2º Trimestre

No desenvolvemento do segundo trimestre acadamos a maioría dos obxectivos. Seguimos a traballando na tarefa de: Crear un banco de recursos educativos para todo o profesorado. Tratamos de dar difusión do uso entre o noso profesorado da conta conxunta para unha páxina de creación de recursos para poder acceder todo o profesorado. O obxectivo 6 non se puido realizar porque a Xunta non deu de alta a aplicación para poder facelo.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Levarase a cabo unha avaliación final, que se incluirá na memoria do Plan, ao remate do curso escolar que recollerá o logro de obxectivos e as propostas de mellora. As seguintes táboas utilizaranse para avaliar o estado das accións deseñadas para acadar os obxectivos das áreas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión