Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
Centro: CEIP Antonio Insua Bermúdez.
Código de Centro : 27013338.
Dirección: Rúa Cuart de Poblet S/N. Código Postal 27800. Vilalba. Lugo
Correo Electrónico : ceip.antonio.insua@edu.xunta.gal
Teléfonos: 982-82 81 48 / 982-82 81 50 / 982-82 81 52. UACO: 982828151
Web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioinsua/
Etapas Educativas:

  • 3 Unidades de Educación Infantil.
  • 12 Unidades de Educación Primaria.
  • 1 Unidade de Educación Especial.

Número de Alumnado: 334
Número de Mestres: 28

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O CEIP Antonio Insua Bermúdez está emprazado na vila de Vilalba. Esta vila forma parte da chaira lucense e está adicada fundamentalmente ao sector primario de produción agrícola e gandeira. Dende o punto de vista socio-xeográfico o único que se pode considerar como núcleo semiurbano é a capital municipal pero o que predomina é a configuración rural e diseminada.
Na análise da composición social ou procedencia económica das familias verificamos que unha porcentaxe moi alta pertence a unha clase social medio-baixa, adicándose os pais/nais a traballar no sector terciario, como autónomos ou nas industrias dos concellos limítrofes. Nos últimos anos, incrementouse significativamente o número de inmigrantes procedentes de Europa do leste, Marrocos e América do Sur.
Esta realidade social e cultural dá lugar a unha situación económica complexa.
A maioría do noso alumnado ten como lingua materna o galego aínda que existe unha porcentaxe importante de castelán falantes. A lingua vehicular no centro é o galego, aínda que comeza a chegar alumnado que fala diferentes idiomas, incluso temos un grupo considerable de alumnado que non domina nin o galego nin o castelán, que so falan árabe, rumano ou bereber.
A competencia dixital é unha realidade na nosa sociedade dende hai uns anos e no noso centro, o CEIP Antonio Insua Bermúdez, queremos contribuír a que esto tamén sexa unha realidade no centro.
O Proxecto Educativo do noso centro tenta que todas as accións cotiás estean dirixidas a fomentar, dende todas as áreas, unha serie de valores entre o alumnado como son a inclusión, a igualdade, a tolerancia, a prevención de calquera tipo de violencia e a non discriminación por razón de raza, relixión, sexo, nacionalidade ou ningunha outra. Ademais disto, unhas das principais finalidades que perseguimos é fomentar que o alumnado teña unha aprendizaxe para a vida futura, que é un aspecto básico na súa  

formación, é por isto que as aprendizaxes relacionadas coas tecnoloxías posibilitarán un achegamento ao que se van atopar ao longo da súa vida laboral, social e familiar.
No noso centro levamos uns anos traballando con proxectos vencellados á competencia dixital como medio de desenvolvemento: PLAMBE, E-Dixgal, Digicraft, Contratos - Programa… e estes son unha mostra do interese que o noso centro ten pola formación tecnolóxica.
Este plan dixital pretende contribuír á Programación Xeral Anual do curso 2023/2024 mediante a continuación dos plans vixentes anteriormente citados, coa implementación de actividades de carácter dixital nas aulas e co incremento da competencia dixital en todos os membros da comunidade educativa.

1.3. Breve xustificación do mesmo
A contextualización legal a ter en conta para a elaboración deste Plan Dixital é a seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  •  

    Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

1.4. Proceso de elaboración
Para a elaboración do Plan Dixital organizamos no noso centro un PFPP, neste Plan de Formación existen dúas liñas de traballo, unha en Moodle e outra do Plan Dixital. Para elaborar este Plan Dixital concretamos un Grupo de Traballo de 20 horas co profesorado, co Equipo Directivo e co Equipo TICS, 8 mestras e mestres implicados máis directamente. A posteriori o resto do Claustro aportou reflexións e suxerencias a este proxecto.
O coordinador TICS foi secuenciando a carga de traballo, este foi un proceso moi guiado en todo momento polo equipo ADIX-1 Lugo, e simplemente fomos cumprindo os prazos dos traballos que nos foron marcando para as diferentes tarefas: test Selfie, test CDD, análise DAFO e por fin a elaboración do Plan Dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE e Test CDD, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 2. Aprender a Codificar ou programar Nota2,9 (H11) Alumnado Non
Debilidade 3. Resolver problemas técnicos. Nota 3 (H13) Alumnado Non
Debilidade 1. Traer o propio dispositivo Media 2. (C13) Alumnado Non
Debilidade 3. Resolver problemas técnicos. Nota 3 (H13) Alumnado Non
Debilidade 1. Traer o propio dispositivo Media 2. (C13) Familias Non
Debilidade 1. Tempo para explorar o ensino dixital . Nota 2,6 (A4) Oferta Si
Debilidade 2. Sinerxias para o ensino e o aprendizaxe a distancia. Nota media 2,9. (B4) Oferta Si
Debilidade 1. Alumnado pode Traer o propio dispositivo e utilizalos nas clases. Nota 2. (C13) Organización de centro Non
Debilidade 2. Sinerxias para a aprendizaxe Híbrida. Nota 2,9. (B4) Organización de centro Si
Debilidade 3. Centro ten medidas identificar retos Fenda Dixital. Nota 3,2.(C11) Organización de centro Non
Debilidade 3. Profesorado valora as aprendizaxes adquiridas sobre NNTT fóra do centro educativo Media 3,1. (G10) Persoal docente Si
Debilidade 1. Tempo para explorar o ensino dixital. Media 2,6 (A4) Persoal docente Si
Debilidade 2. Emprego NNTT para que o alumado Autoreflexión sobre a aprendizaxe. Nota 3. (G5) Persoal docente Non
Fortaleza 4. Alumnado aprende comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Media 3,9. (H8) Alumnado Si
Fortaleza 5. Verificar calidade da información e as fontes Media 3,8. (H4) Alumnado Non
Fortaleza 2. Alumnado aprende a actuar maneira segura en internet Media 3,9. (H1) Alumnado Si
Fortaleza 3. Alumnado aprende a actuar maneira responsable en internet Media 3,9. (H3) Alumnado Si
Fortaleza 1. Case tódalas familias dispoñen cando menos dun móbil con internet. Familias Non
Fortaleza 1. Dispositivos dixitais para o ensino Nota 4,2 (C2 ) Infraestruturas Si
Fortaleza 2. Acceso a Internet. Nota 4,3 (C3) Infraestruturas Si
Fortaleza 3. Dispositivos dixitais para aprendizaxe. Nota 4,2 (C10) Infraestruturas Si
Fortaleza 4. Infraestructura. Nota 4 (C1) Infraestruturas Si
Fortaleza 5. Asistencia Técnica. Nota 4. (C5) Infraestruturas Si
Fortaleza 2. Equipo directivo apoia profesorado para explorar novas modalidades ensino dixital Media 3,7 (A3) Oferta Si
Fortaleza 1. Desenvolvemos Estratexia dixital en colaboración co Profesorado.Nota media 3,7. (A2) Oferta Si
Fortaleza 1. Centro dispón Asistencia técnica cando xorden problemas. Nota media 4. (C5) Organización de centro Si
Fortaleza 2. Os espazos físicos facilitan o E-A con tecnoloxía dixital. Nota media 3,6. (C14) Organización de centro Si
Fortaleza 3. Profesorado facilita Tecnoloxías dixitais para Documentar a súa aprendizaxe. Nota media 3,5 (G8) Organización de centro Si
Fortaleza 2. Buscamos recursos educativos en liña. Nota 4,3 Persoal docente Si
Fortaleza 3. Participación na PFPP. Nota 4,2 (D2) Persoal docente Si
Fortaleza 1. Recursos educativos en Liña. Nota 4,3 (E1) Persoal docente Si
Fortaleza 4. Comunicación coa comunidade Educativa Nota 4,2 (E4) Persoal docente Non
Fortaleza 5. Debatemos no Claustro sobre necesidades PFPP. Nota 4. (D1) Persoal docente Si
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Falta de eficacia arranxo nos equipos informáticos e PDI que non sexa EDIXGAL. Administración educativa Si
Ameaza 2. Falta de actualización de equipos informáticos e PDI. Administración educativa Si
Ameaza 3. Sobrecarga de horario lectivo e Falta de horas para innovar Administración educativa Si
Ameaza 4. Burocracia excesiva que limita posibilidades de adicar tempo a innovar. Administración educativa Si
Ameaza 5. Sucesión interminable de Leis Educativas sen gran acordo Nacional. Administración educativa Non
Ameaza 1. Mala Cobertura do Internet no rural. Contorna Non
Ameaza 2. Non disposición de ordenadores en tódolos fogares. Contorna Non
Ameaza 1. Non se valora suficientemente ao Equipo TIC con recoñecementos horarios, puntuación ou suplementos económicos pola súa labor Lexislación Non
Oportunidade 1. Participación no programa Edixgal en 3º Ciclo. Administración educativa Si
Oportunidade 5. Plans de Formación de Profesorado; PFPP, Seminarios e grupos de Traballo. Administración educativa Si
Oportunidade 2. Servicio Premium de asesoramento e resolución incidencias informáticas. Administración educativa Non
Oportunidade 3. Participación no Programa DIGICRAFT, tódolos módulos de participación. Administración educativa Si
Oportunidade 4. Plans sobre NNTT; Director de Convivencia escolar e Plan Navega con Rumbo Administración educativa Si
Oportunidade 1. Sensibilidade e colaboración da ANPA. ANPA Non
Oportunidade 2. Actividade extraescolares de programación Scratch. ANPA Non
Oportunidade 2. Existencia dun ciclo de Informática enfrente, no IES Lois Peña Novo para colaborar. Contorna Non
Oportunidade 1. Existencia de varias empresas na contorna para apoio informático. Contorna Non
Oportunidade 3. Colaboración con centro formación FP no programa Eduemprende. Contorna Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois da análise e debate elaboramos o Plan de Acción a partir da análise DAFO:
Establecemos dúas áreas prioritarias e a partires delas determinamos os obxectivos (que teñen que ser
específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal) que queremos conseguir.
Estes obxectivos estarán contextualizados a áreas de mellora en relación coas do marco DigCompOrg.
As Áreas de actuación prioritaria que determinamos no grupo de traballo foron:
- H - Competencias Dixitais do Alumnado.
- B - Colaboración e Redes

Nas Táboas establecemos ata onde queremos chegar para cada un dos obxectivos e con que elementos.
Esta información reportarana os indicadores e os seus valores de partida e de chegada.
Determinamos unhas tres accións para conseguir cada obxectivo, e definimos o responsable ou responsables en cada acción, acordamos do mesmo xeito unha temporalización e concreción dos recursos
necesarios.
Para cada obxectivo cumprimentouse unha táboa que recolle toda esta información. A mesma táboa empregarase para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan .

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao alumnado de primaria para adquirir competencias dixitais básicas. (H11*-H13*)
O02PD Continuar coa formación do profesorado para mellorar as sinerxias de ensinanza-aprendizaxe a distancia e híbrida (B4*)
O03PD Creación dun espazo de Polos Creativos.
O04PD Realización dunha Charla sobre Ciberseguridade

Seguimento

Procedemento

 A avaliación periódica levarase a cabo ao remate de cada trimestre académico.
Valoraranse o desenvolvemento das accións, as propostas de mellora e os recursos empregados.

1º Trimestre

O01-PD: O horario de organización da Aula de Informática está organizado e tódolos grupos aula dispoñen de unha hora dispoñible na Aula de Informática..

002-PD: O PFPP está aprobado e xa comezamos a formación no mesmo.

003-PD: Estamos coa formación de Polos Creativos e xa temos un espazo asignado á Aula de Polos Creativos.

004-PD: Temos solicitado o Plan Director e estamos á espera de recibir a formación.

 

2º Trimestre

O01-PD: O horario de organización da Aula de Informática está organizado e tódolos grupos aula dispoñen de unha hora dispoñible na Aula de Informática..

002-PD: O PFPP    L2331043 - PFPP 2023/2024 27013338 - CEIP Antonio Insua Bermúdez  anda rematando as últimas dúas liñas de formación no mesmo.

003-PD: Temos fixadas as datas de formación de Polos Creativos L2306058 - PFPP L2331043 Uso didáctico dos recursos audiovisuais dos Polos creativos , solicitamos o préstamo da kit de radio para a formación correspondente e  xa temos un espazo asignado á Aula de Polos Creativos.

004-PD: Tiñamos solicitado o Plan Director e viñeron o 31 de xaneiro facer a formación con alumnado de terceiro ciclo sobre: ciberseguridade, redes sociais e videoxogos.

 

3º Trimestre

Obxectivo 1: 

AO1.3.- Acadado..

 

Obxectivo 2:

AO2.1.- Rematada a formación externa o grupo de traballo continuou a experimentar cos contidos aprendidos na formación en cadansúa aula virtual. Memoria elaborada e enviada.

AO2.2.- Acción realizada.

 

Outras Accións:

Recepción e instalación de 7 paneis interactivos para as aulas de Titoría.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación final levarase a cabo ao remate do curso 2023/2024. Valorarase o grao de consecución dos obxectivos propostos e das posibles suxestións de mellora.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Acordouse no seo do claustro, empregar as seguintes canles de comunicación do plan a toda a comunidade educativa:

  • Comunicación ao Consello Escolar do centro.
  • Publicación na páxina web do centro.
  • Información ás familias na reunións do principio do curso.

Ligazón Plan Dixital_V2.0