Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Código: 27000897

Denominación: CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño

Enderezo: Rúa Igrexa s/n

Localidade: Begonte

C.P: 27.373

Provincia: Lugo

Correo electrónico: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxecorpinho/

Alumnado

Número de alumnos en Educación Infantil: 27

Número de alumnos en Educación Primaria: 45

Cadro de persoal do centro educativo

Educación Infantil: 2 mestres/as

Educación Primaria: 4 mestres/as

Especialistas: 6 mestres/as

Orientador: 1

Persoal non docente: 4

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 O CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño está situado na vila de Begonte, capital do concello do mesmo nome, no sur da comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Conta cunha extensión de pouco máis de 127 km cadrados e unha poboación de 3.000 habitantes repartidos en 19 parroquias, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística.

A evolución demográfica da zona atópase en pronunciado descenso. Predominan as familias cun ou dous fillos convivindo, na maioría dos casos, avós/as, nais, pais e fillos/as no mesmo núcleo familiar. A poboación e os asentamentos humanos distribúense en núcleos atomizados e dispersos, moitos dos cales constitúen zonas de sombra en canto á cobertura de datos se refire. Ademáis, unha alta porcentaxe das nosas familias contan con moi poucos ou ningún recurso dixital no seu fogar e pouca ou nula formación neste eido.

Unha das finalidades do noso proxecto educativo é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna.

Non hai que esquecer, que a Competencia Dixital é unha das competencia clave que o noso alumnado debe de acadar ao finalizar a Etapa de Educación Primaria.

O noso proxecto educativo persegue unha escola:

 

-      Progresista: que mira cara ao futuro, o cal é imposible sen as novas tecnoloxías, os futuros cidadáns estarán embebidos nunha sociedade na que a importancia de ser capaz de seleccionar a información, sendo crítico con ela, convértese nun punto vital.

-      Integradora e igualitaria: a brecha tecnolóxica sempre foi un hándicap para o logro desta integración, para a igualdade do alumnado, pero as diferenzas víronse agravadas pola pandemia e a desconexión que sufriu o alumnado con maiores dificultades.

 

-      Plural: falamos do dereito á liberdade de pensamento, ideas ou opinións, do dereito á igualdade, e todo isto nos medios de comunicación virtuais cobra especial importancia na actualidade.

O Plan Dixital de centro, asimesmo, axudará á consecución dos seguintes obxectivos establecidos na Programación Xeral Anual:

- Incluir no Proxecto Educativo, nas programacións didácticas e na Programación Xeral Anual a implementación de metodoloxías colaborativas e novidosas: E-Learning, mobile learning, ABP, Fablab, HackLab...

- Continuar coa consolidación e desenvolvemento dos proxectos de innovación existentes no centro: Introducción da robótica educativa na educación primaria, Digicraft en tu cole…

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización do DAFO empregáronse os seguintes instrumentos de recolllida de información previa: 

test SELFIE e test CDD

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Numerosas familias con escasa formación en competencia dixital. Familias Non
Debilidade Emprego de metodoloxías tradicionais e acomodación por parte dalgún mestre/a. Persoal docente Si
Debilidade Formación moi básica en competencias dixitais dalgún mestre/a. Persoal docente Si
Debilidade Desinterese por introducir novas formas de organización e metodolóxicas nalgún mestre/a. Persoal docente Si
Fortaleza Interese por parte do alumnado no emprego dos recursos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Ordenadores, tabletas e pizarras dixitais en todas as aulas e na biblioteca. Infraestruturas Si
Fortaleza Impresoras conectadas aos ordenadores das aulas Infraestruturas Non
Fortaleza Orientación das horas de libre configuración en 4º e 6º de primaria cara o desenvolvemento da competencia dixital. Oferta Si
Fortaleza Aulas E-Dixgal en 5º e 6º de Primaria Oferta Si
Fortaleza Desenvolvemento do Plan de Introdución á robótica educativa Oferta Non
Fortaleza Desenvolvemento do Proxecto Di-gicraft en tu cole. Oferta Non
Fortaleza Concienciación por parte do equipo directivo da importancia do emprego das Tics no proceso de ensino-aprendizaxe e da posta en marcha dun Plan Dixital realista e ben adaptado. Organización de centro Si
Fortaleza Empréganse, de forma maioritaria, ferramentas dixitais para a comunicación no centro (alumnado, familias e mestres/as) Organización de centro Non
Fortaleza No centro foméntase o intercambio de experiencias sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Páxina web do centro actualizada coa información necesaria. Organización de centro Non
Fortaleza Algúns mestres/as contan con formación en competencia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Organización de proxectos de formación no centro orientados cara a mellora da competencia dixital do profesorado. Persoal docente Si
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia e papeleo. Cada vez máis. Administración educativa Non
Ameaza Escasa liberación horaria para a coordinación. Administración educativa Si
Ameaza Falta de axudas económicas ou dotacións por parte da administración. Administración educativa Si
Ameaza Numerosas aulas mixtas que requiren dun gran esforzo. Administración educativa Si
Ameaza Falta de conectividade nalgúns fogares. Concello rural con zonas de sombra. Contorna Non
Oportunidade Acceso ao servizo Premium do Proxecto E-dixgal ante calquer problema ou dificultade nas aulas E-Dixgal Administración educativa Non
Oportunidade Creación da biblioteca en liña Elbe.2 por parte da administración. Administración educativa Non
Oportunidade Repositorio de contidos do espazo Abalar a disposición de alumnado e mestres/as. Administración educativa Non
Oportunidade Anpa moi colaborativa que, periódicamente e de ser necesario, aporta material dixital ao centro. ANPA Si
Oportunidade Empresa allea ao centro que repara equipos informáticos e soluciona problemas técnicos. Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez definido o noso horizonte (cara a onde queremos que vaia o noso centro educativo) e analizada a situación de partida, chega o momento de definir o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Realizar formación relacionada co Programa Polos Creativos (Pregunta selfie C2)
O02PD Realizar formación sobre ciberseguridade dirixida ao alumnado e as familias
O03PD Implementar estratexias metodolóxicas para o traballo interdisciplinar no polo creativo do centro (Preguntas selfie B2, E2)
O04PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información (Pregunta selfie H4)
O05PD Crear recursos educativos en CANVA e Genially

Seguimento

Procedemento

A avaliación trimestral será realizada pola coordiandora en colaboración cos membros do equipo de dinamización do plan dixital.  A frecuencia da realización da avaliación procesual  será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

O01PD: Están solicitados ao CFR os cursos de formación e polos creativos.

002PD: Está solicitada a formación do Plan Director.

003PD: Están realizándose as formación e estamos á espera do material.

004PD: Está creado o grupo de traballo.

005PD: Están creándose recursos en Canva e compartímolo co resto do profesorado.

2º Trimestre

001PD: Realizando a formación (ED e Etéxtil)

002PD: Solicitada a formación do Plan director. Agardando data.

003PD: Comezando a traballar impresión ED cos nenos/as. Xa traballando LEGO, RADIO, ROBÓTICA E CROMA.

004PD: Traballando con 5º e 6º EP na aula a fiabilidade da información

005PD: Números recursos xa creados por distintos mestres/as. Compartíndoos por abalarbox.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación será realizada polo equipo de dinamización do plan dixital. O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos, será o seguinte no relativo á avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital entre os membros do claustro realizarase na primeira reunión de claustro do curso.

Os/as mestres/as poderán elevar propostas de mellora á comisión de coordinación pedagóxica a través dos correspondentes coordinadores.

A difusión para o resto da comunidade educativa realizarase mediante a publicación do plan en formato .pdf na páxina web do centro. A súa presenza na web garante que poida chegar a toda a comunidade educativa e, dela, pode tamén deducirse a importancia que desde o centro educativo se lle dá á introdución e integración das TIC no proceso de ensino e aprendizaxe.

Ligazón ao Plan Dixital.