Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Temos un consenso de toda a comunidade escolar, de introdución das novas tecnoloxías da información e da comunicación na práctica educativa cotián do centro. Participamos sempre en distintos programas de innovación educativa como Abalar e Edixgal. O colexio e o profesorado procuramos actualizarnos no ámbito do uso das TICs ao servizo da educación e do proceso de ensino aprendizaxe.  Este Plan Dixital é unha actualización do inicial elaborado no curso 21-22 e rematado no 22-23. Aproveitando as conclusións elaboradas a fináis do curso pasado procedemos a actualizar este Plan Dixital , se cadra menos ambicioso e máis realista.

Dende hai varios cursos o noso espazo web achega unha imaxe dinámica do centro, amosa as diferentes actividades dun xeito aberto, permitindo a todos o usuarios coñecer os nosos documentos e programacións ao tempo que é un escaparate da actividade do centro. Tamén a Aula Virtual está a recibir ano tras ano un forte pulo coa incorporación de contidos e actividades. Son os dou espazos máis visibles da acción educativa do centro cara ao exterior.

Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa.

Os programas relacionados coas novas tecnoloxías nos que participa o noso centro son Abalar, Edixgal, e Polos Creativos.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

O plan Dixital do centro sen dúbida vai influír en diferentes aspectos na programación xeral do vindeiro curso, xa que no Plan de acción van reflectidos distintos compromisos de formación e de actuacións que terán que terán a súa cabida na PXA, en tanto serán eixos primordiais das actividades de formación do vindeiro curso académico. Por outra banda, terase que determinar, os contidos a traballar co alumnado para a realización do itinerario de formación básica en contornas dixitais. Estes contidos serán integrados nas programacións de aula e se fará referencia a eles na propia PXA como obxectivos de ciclo.

Breve xustificación do mesmo

A normativa aplicable en relación ao Plan Dixital do noso centro é a seguinte:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

ORDEN de 26 de mayo de 2023 por la que se desarrolla el Decreto 155/2022, de 15 de septiembre, por el que se establecen la ordenación y el currículo de la educación primaria en la Comunidad Autónoma de Galicia y se regula la evaluación en esa etapa educativa.

Proceso de elaboración

A diferencia do plan orixinal que foi elaborado ao longo do curso 21-22, logo dun minucioso estudo inicial da situación real de partida e co apoio dos asesores ADIX, esta actualización do Plan Dixital realízase nun periodo extremadamente curto de un mes e  sen apenas apoio e anális inicial. Esta baseado nas diferentes propostas do equipo de TICs, onde están representados os diferentes ciclos e equipos docentes. Tamén, e como dixen anteriormente, utilizamos as conclusións do pasado plan.

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado aprende a crear contidos dixitáis Alumnado Si
Debilidade Sinergias para el aprendizaje mixto (falta de colaboración con otros centros/organizaciones para apoyar el uso de las tecnologías digitales) Organización de centro Non
Debilidade Empleo de entornos virtuales de aprendizaje. Aumento del uso del AULA VIRTUAL durante las clases. Persoal docente Si
Debilidade Intercambio de experiencias (necesidad de colaboración sobre las necesidades de DPC y el intercambio de experiencias). Persoal docente Non
Debilidade Proyectos Interdisciplinares. Necesidad de fomentarla participación en proyectos interdisciplinares utilizando las tecnologías digitales. Persoal docente Non
Debilidade Realizar unha avaliación do progreso en materia de E-A con tecnoloxías dixitáis. Persoal docente Non
Fortaleza Habilidades dixitáis para diferentes materias. O alumnado utiliza a tecnoloxía en diferentes áreas. Alumnado Si
Fortaleza Aprender a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitáis. O alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitáis. Alumnado Si
Fortaleza O uso da tecnoloxía aumenta a motivación do alumnado Alumnado Si
Fortaleza Dispositivos digitales para la enseñanza (tenemos dispositivos digitales para la enseñanza. EDIXGAL) Infraestruturas Si
Fortaleza Infraestructura (respalda el proceso de E-A con tecnologías digitales. Conexiones por cable en cada aula, aulas de informática,..). Infraestruturas Si
Fortaleza Desarrollo de la estrategia con el profesorado (colaboración entre equipo directivo y el profesorado en el desarrollo de la estrategia digital del centro). Organización de centro Si
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Comunicación coas familias utilizando ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Participación en el DPC (acceso a cursos para el aprendizaje y uso de las tecnoloxías dixitáis). Persoal docente Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Empleo de datos para mejorar el aprendizaje. La administración debe facilitar programas adaptados a diferentes etapas y cursos. Administración educativa Non
Ameaza Tempo para explorar a enseñanza dixital (administración no permite tiempo al profesorado en sus horarios para que se produza esta exploración). Administración educativa Si
Ameaza Matrícula elevada, 100% de ocupación de prazas escolares. Contorna Si
Oportunidade Evaluación de las capacidades desarrolladas fuera del centro. Administración educativa Si
Oportunidade Apoiase no centro educativo para publicar información na web ou utilizar abalar móbil. ANPA Non
Oportunidade Seguimento elevado das comunicacións virtuais do centro. ANPA Non
Oportunidade Institucións coas que colaboramos que traballan en entornos dixitais Contorna Si
Oportunidade Iniciativas públicas e privadas para traballar o desenvolvemento dixital da comunidade educativa. Outras Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O Ceip Juan Fernández Latorre presenta as seguintes necesidades:

Infraestruturas

  • Armario de conexións centrais recentemente actualizado e mellor organizado.

  • Conexión wifi actualizada (edu.xunta.gal) e mellorada no curso 22-23. 

Equipamento

  • Equipos para aula de informática do andar superior( total 15) , PDI e proxector.

  • Armario cargador portátil con 28 equipos portátiles de alumnado. Aula portátil.
  • Equipos para administración (4)

  • Equipos para aulas docentes con PDI, proxector e altofalantes(4 aulas + 4 aulas EDIXGAL)

  • Equipos con panel táctil e ordenador incorporado (en abril de 2023)
  • Equipos para sala de profesores (4) e impresora.

  • Equipos para biblioteca (3)

  • Equipos para departamento de orientación (5)

  • Equipo para aula de música, PDI, proxector e altofalantes(1)

  • Equipo para aula de relixión, PDI, proxector e altofalantes (1)

  • Equipo para salón de actos, proxector (1)

  • Equipo para conserxería (1) para funcións de reprografía.

  • Equipo portátil de panel táctil (1)
  • Aula Maker (Impresora 3D e Recortadora)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Manter actualizados e correcto funcionamento os dispositivos dixitáis do centro, ao marxe de EDIXGAL
O02PD Solicitar a renovación dos portátiles de alumno EDIXGAL e a incorporación de paneles táctiles ás aulas EDIXGAL.
O03PD Formarse en contidos de accesibilidade e Polos Creativos
O04PD Fomentar a utilización da aula virtual na actividade lectiva-docente
O05PD Iniciar ao alumnado de infantil no ámbito da robótica.
O06PD Intercambiar experiencias educativas de carácter transversal, no contexto de transformación dixital, no centro e con outros centros do territorio nacional.
O07PD Promover a comunicación entre o profesorado e familias a través da aplicación Abalar Móbil e/ou Abalar Pro
O08PD Fomentar entre o alumnado a elaboración de recursos educativos e material de apoio dixitais
O09PD Fomentar entre alumnado, familias e profesorado a navegación segura e visibilizar e recoñecer situacións de ciberacoso e/ou similares

Seguimento

Procedemento

O plan, a súa posta en marcha e a valoración dos resultados acadados, será avaliado ao remate de cada trimestre do curso. Nesta avaliación procesual se propoñerán medidas de mellora no caso de se detectar erros no plan, na súa temporalización o nos resultados acadados. Para realizar este proceso reunirase o coordinador do Plan Dixital co asesor ADIX da Consellería, quen realizará seguimento e asesoramento para o correcto desenvolvemento do plan. Tamén o equipo de TICs valorará, en función dos datos recollidos previamente, o nivel de cumprimento dos indicadores de logro.

1º Trimestre
  1. Obx 1. O equipamento está actualizado. Queda únicamente un aula de terceiro e administración, que se completará cun envío de PCs da Xunta.
  2. Obx 2. O equipamento Edixgal do alumnado non será renovado masivamente de momento. Estanse a atender incidencias e nalgún caso cambian o dispositivo. No apartado de portátiles de profesorado e novos paneis tactiles LED  anunciados, non hai noticia.
  3. Obx 3. No segundo trimestre abordaremos algunha formación específica a través do PFC. De momento analizamos o informe de incompatibilidades de EDixgal enviado pola ONCE
  4. Obx 4. Trabállase en terceiro e cuarto principalmente. Tarefas e recursos son as actividades máis utilizadas. Empeza a ser unha ferramenta máis para o profesorado e alumnado, que coñecen e utilizan.
  5. Obx 5. Despois de analizar diferentes tipos de robots, mercamos catro para poñerse a traballar con eles nas aulas e patios inclusivos, a partir de xaneiro.
  6. Obx 6. Non se avanzou nada neste obxectivo.
  7. Obx 7. Nas diferentes reunións de ciclo e claustros informouse da necesidade de seguir ampliando a utilización de Abalar Móbil. Na web do centro incluimos un titorial para familias e profes. O profesorado manifesta que o utiliza con máis frecuencia para comunicacións áxiles, deixando o enderezo electrónico para o envío de ficheiros.
  8. Obx 8. En quinto temos algunha experiencia de creación de contidos en Canva e Genialy. A partir de xaneiro continuaremos coa experiencia de éxito do pasado curso coa impresora 3D e co alumnado de 5º e 6º
  9. Obx 9. Participamos nun concurso de Ciberseguridade de Cibergal. Ademáis en quinto e sexto tiveron charlas de ciberacoso e ciberseguridade neste primeiro trimestre. Tamén introducimos un espazo na web con recursos para o profesorado. Queda pendente cartelería informativa e pequenos informes para as familias, tipo "píldoras"
2º Trimestre
  1. Obx 1. O equipamento está actualizado. A aula de terceiro e administración foron actualizadas con PCs e portátiles que chegaron no mes de marzo.
  2. Obx 2. O equipamento Edixgal do alumnado non será renovado masivamente de momento. Estanse a atender incidencias e nalgún caso cambian o dispositivo. No apartado de portátiles de profesorado e novos paneis tactiles LED  anunciados, segue sen haber noticia.
  3. Obx 3. Dentro do PFC levouse a cabo formación específica, pero insuficiente, xa que é un campo moi extenso e especializado.
  4. Obx 4. Continúase a traballar en terceiro e cuarto principalmente, tanto por parte das titoras como por parte dos mestres que imparten unha sesión semanal de "informática". Tarefas e recursos son as actividades máis utilizadas. Empeza a ser unha ferramenta máis para o profesorado e alumnado, que coñecen e utilizan.
  5. Obx 5. Co inicio dos patios inclusivos, todos os recreos hai voluntarios de 5º e 6ºEP que dinamizan a actividade de robótica con catro robots e catro tablets con apps de robótica. Abarca os cursos de 2º a 6ºEP. A mestra de apoio de infantil tamén realiza actividades puntuais co alumnado.
  6. Obx 6. Non se avanzou nada neste obxectivo.
  7. Obx 7. O profesorado manifesta que o utiliza con máis frecuencia para comunicacións áxiles, deixando o enderezo electrónico para o envío de ficheiros. Podemos afirmar que o seu uso está moi extendido entre familias e profesorado.
  8. Obx 8. Continuamos coa creación de figuras para impresión 3D en Thinkercad, para as catro aulas de 5º e 6ºEP. Durante o recreo, o coordinador TIC, posibilita a impresión de figuras creadas, non obstante faría falta integrar a actividade nalgunha materia do curriculum, xa que resulta complicado desenvolver aprendizaxes sen carga lectiva. Iniciaremos no terceiro trimestre o traballo coa recortadora e o diseño de logos e figuras, e a posterior implementación en camisetas.
  9. Obx 9. Publicáronse, por parte da Consellería novos protocolos e guías en ciberseguridade e uso de móbiles. Tamén implementouse o filtro de navegación segura e responsable dentro da maqueta abalar que utilizamos no proxecto Edixgal.
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao remate do curso se realizará unha avaliación final dos logros acadados na realización deste plan, valorarase o nivel de cumprimento dos obxectivos e se propoñerán os xeitos de mellorar a consecución dos mesmos.Os encargados da realización desta avaliación final será o equipo de TICs, que remitirá o seu informe para o estudo e aprobación por parte do claustro de mestres.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital estará visible para toda a comunidade educativa na páxina web do centro, no apartado de Proxecto Educativo e onde pódense atopar os diferentes plans e proxectos do colexio. Resumidamente no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/system/files/PLAN%20DIXITAL%2022-23.pdf