Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Datos básicos do centro

O IES David Buján (ies.david.bujan@edu.xunta.gal) atópase no lugar de Sigrás, en Camiño dos Cacharros n.º 1, no concello de Cambre. O Centro leva funcionando dende o curso 1990-1991 e oferta estudos de ESO e bacharelato. É un centro de liña dous en ESO (aínda que nos últimos cursos houbo a necesidade de facer tres grupos nalgúns niveis) e liña tres en bacharelato. Ofértanse seccións bilingües en Matemáticas (en 1º e 2º de ESO), Bioloxía (1º, 3º e 4º de ESO), Física e Química (3º e 4º de ESO), Educación en Valores Cívicos e Éticos (3º ESO) e Tecnoloxías Intelixentes (1º Bac). No No momento de elaborar este proxecto están matriculados no centro 417 alumnos e contamos con 45 profesores.
O centro conta cunha páxina web actualizada onde se publica a información administrativa e educativa máis relevante: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesdavidbujan/

2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.
O IES David Buján está situado nun entorno rural, en concreto nunha área con zonas residenciais e fincas agrícolas e gandeiras e a unha distancia de 20 km da cidade da Coruña. A comunidade escolar conserva as raíces e dinámicas do entorno rural: familias vencelladas ao campo, profesións tradicionais, fortes lazos familiares e de veciñanza, relación estreita co centro escolar, etc. Os estudantes proceden maioritariamente de zonas limítrofes; Carral (centro adscrito), Culleredo, Oleiros e Mabegondo, sobre todo no Bacharelato. O nivel socioeconómico é medio e medio-baixo, polo que son familias usuarias de fondo solidario de libros e das axudas de materiais educativos da Xunta. Hai un grupo reducido de alumnado con dificultades: inmigrantes, necesidades especiais de aprendizaxe, risco de exclusión social, dificultades derivadas da identidade de xénero, minusvalías, etnia xitana, etc.
En relación ao equipamento informático, segundo unha enquisa realizada recentemente, a maioría do alumnado conta polo menos cun ordenador por unidade familiar e unha conexión a internet aceptable, aínda que se detectaron algunhas necesidades e alumnos/as en risco de fenda dixital, polo que se están a emprestar kits de ordanadores ultraportátiles con conexión a internet.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro.
O noso centro leva desde o curso 2011-2012 no programa ABALAR e acabamos de incorporarnos ao programa EDIXGAL. Participamos en diversos programas de innovación educativa nos que o uso das TIC é fundamental para o seu desenvolvemento, como son os Clubs de Ciencia, o STEMBAC e os Contratos-Programa CP-Innova (EDU-innova, EDU-excelencia e EDU-calidade).
No curso 20-21 o proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística do EDNL do IES David Buján, "Ler é só o principio", obtivo a consideración de excelente pola Consellería de Educación e foi premiado cunha dotación económica que permitiu adquirir 27 equipos ultraportátiles para desenvolver as actividades do proxecto.
Tamén levamos moitos anos participando en programas europeos (Comenius e Erasmus), moitos deles relacionados co ámbito das novas tecnoloxías. En concreto, durante os cursos 2017-2019 desenvolveuse o proxecto “In the Cloud” baseado nas posibilidades que ofrece a conectividade e o “Internet das cousas” e durante os cursos 2020-2022 participouse nun proxecto coordinado pola Universidade da Coruña para desenvolver o currículo dunha materia de Intelixencia Artificial en centros de secundaria: “Developing an Artificial Intelligence curriculum adapted to European High Schools”.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23-24.
Os obxectivos que se detallan no plan de acción deste Plan Dixital deberán ser tidos en consideración á hora de elaborar a Programación Xeral Anual do curso 23/23.

3. Breve xustificación do Plan Dixital

A elaboración deste Plan Dixital de centro axústase ao disposto na seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

4. Proceso de elaboración

Descrición da organización e do proceso de elaboración do PD dentro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital:

  • Designación da persoa coordinadora e constitución do equipo de dinamización (6 de setembro de 2022).
  • Cumprimentación dos cuestionarios Selfie (dende o 29 de novembro ata o 17 de decembro para o profesorado, equipo directivo e alumnado de bacharelato; dende o 9 de decembro ata o 17 de decembro para o alumnado ESO).
  • Cumprimentación do Test CDD en Fprofe (dende o 8 ata o 28 de febreiro de 2022).
  • Actividade de formación DAFO para todos os membros do equipo de dinamización (17 de marzo de 2022).
  • Elaboración do DAFO (entre o 23 de marzo e o 7 de abril de 2022)
  • Actividade de formación Plan de Acción para todos os membros do equipo de dinamización (20 de abril de 2022).
  • Elaboración do Plan de Acción (entre o 20 de abril e o 11 de maio de 2022).
  • Elaboración do resto de apartados do Plan Dixital para obter a versión 1.0 do PD do IES David Buján (entre o 31 de maio e o 12 de xuño de 2022).

     

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Fontes empregadas para a análise DAFO:

  • Autoavaliación SELFIE.
  • Test CDD.
  • Cuestionario realizado ao alumnado ao comenzo do curso co fin de detectar riscos de exclusión dixital.
  • Coñecemento da realidade do centro por parte dos membros do equipo de dinamización para a realización do plan dixital.
  • Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais do centro:
    • Conectividade, infraestruturas de voz e de datos (conexións cableadas e sen fíos).
    • Aulas dixitalizadas.
    • Proxecto E-dixgal.
    • Equipos de xestión e administración.
    • Uso na Biblioteca.
    • Equipos para uso nas salas de profesorado e departamentos.
    • Aulas de Informática.
    • Dotacións para proxectos específicos.
    • Servizos dixitais educativos: servizos corporativos ou non corporativos que facilitan a xestión docente.
    • Xestión do mantemento do equipamento do centro.
    • Protocolos do centro relacionados coas TIC.
Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C11: Niveis de competencia dixital moi dispares. Alumnado Si
Debilidade C3: Necesidade de mellora no acceso dos equipos a Internet. Infraestruturas Non
Debilidade C1: Necesidade de actualizar os equipamentos e as redes. Infraestruturas Si
Debilidade C5: A implantación do Plan Dixital esixirá dunha asistencia técnica axeitada: non contamos con persoal informático na plantilla. Organización de centro Si
Debilidade A5: Deficientes coñecementos sobre dereitos de autor e outras consideracións xurídicas. Persoal docente Si
Debilidade A3: Boa parte do profesorado non é partidaria da participación do centro no proxecto E-Dixgal. Persoal docente Si
Debilidade A4: Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Si
Debilidade G: Insuficiente emprego de prácticas de avaliación facilitadas pola tecnoloxía, incluíndo información e retroalimentación ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F4: O alumnado xeralmente fai un uso responsable do equipamento do centro. Alumnado Si
Fortaleza E4: Implantación xeneralizada da aplicación ABALAR móbil. Familias Si
Fortaleza C1: O centro xestiona contas para toda a comunidade educativa que permiten o acceso a diversos aplicativos e a espazos para o almacenamento e intercambio de documentos. Infraestruturas Si
Fortaleza C2: Case todas as aulas contan con encerados dixitais interactivos. Infraestruturas Si
Fortaleza E5: Utilízanse recursos educativos abertos. Infraestruturas Si
Fortaleza D2: Participación en varios programas de innovación educativa: Stembac, Club de Ciencia, Erasmus+. Organización de centro Si
Fortaleza H: Resultados do Test CDD; nivel aceptable (B1, Integrador) como punto de partida. Persoal docente Si
Fortaleza E3: Tras a COVID-19 todo o profesorado utiliza os contornos virtuais de aprendizaxe (Moodle). Persoal docente Si
Fortaleza - Persoal non docente cualificado, coñecedor das instalación do centro e colaborador. Persoal non docente Si
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C3: Montaxes técnicos da rede wifi pendentes de execución. Administración educativa Si
Ameaza C2: Falta de axudas económicas ou dotacións por parte da administración. Administración educativa Si
Ameaza - Excesiva burocracia e papeleo que restan enerxías. Administración educativa Si
Ameaza - Elevado número de alumnado por aula. Lexislación Si
Ameaza H: A lexislación educativa contempla basicamente como optativas as materias nas que se imparten contidos curriculares directamente relacionados coa dixitalización. Lexislación Si
Ameaza H11: A lexislación educativa non contempla a impartición de contidos relacionados co pensamento computacional. Lexislación Si
Ameaza C5: Problemas técnicos frecuentes. Outras Si
Oportunidade - A propia Estratexia Educación Dixital 2030, financiada a través dos fondos NextGeneration da UE e a creación da Rede Galega de Educación Dixital cos seus equipos de apoio ADIX. Administración educativa Si
Oportunidade C16: Existen repositorios e bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensinanza aprendizaxe. Por exemplo: Espazo Abalar, Agueiro Administración educativa Si
Oportunidade H1, H3: Seguramente a ANPA acollería favorablemente propostas como formación en benestar dixital, etc. ANPA Si
Oportunidade - Para suplir a falta de dispositivos para o alumnado, poderíase contemplar a posibilidade de que parte do alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases. Contorna Si
Oportunidade - A posta en marcha do Plan Dixital no curso 2022-23 coincide coa renovación da Dirección do centro. Outras Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise revela unha serie de desafíos e oportunidades significativos para a institución educativa. As debilidades sinalan a necesidade de mellorar as capacidades dixitais do alumnado e do persoal docente, xunto coa infraestrutura e os recursos tecnolóxicos. A resistencia á adopción de iniciativas dixitais por parte dalgunos docentes tamén é un obstáculo que debe ser abordado. Pola súa banda, as fortalezas destacan o compromiso do alumnado coa tecnoloxía e o uso efectivo de recursos como ABALAR móbil e encerados dixitais. As oportunidades son prometedoras, destacando a Estratexia Educación Dixital 2030 e a Rede Galega de Educación Dixital como fontes de financiamento e apoio, xunto coa posibilidade de utilizar repositorios en liña e envolver as familias na formación en benestar dixital. En resumo, a institución require un enfoque integral para superar as debilidades e aproveitar as oportunidades, co obxectivo de mellorar a integración das tecnoloxías dixitais na educación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar a participación no programa Edixgal (A2. Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado)
O02PD Realizar o mantemento do equipamento informático do centro. (C2. Dispositivos dixitais para a ensinanza)
O03PD Preparar a chegada do programa de innovación educativa Polos creativos (C1 Infraestruturas e C14 Espazos físicos).
O04PD Mellorar a competencia dixital do profesorado (D1 Necesidades de DPC + D3 Intercambio de experiencias).
O05PD Promover o uso de canles de comunicación para a comunidade educativa. (E4. Comunicación coa comunidade educativa)
O06PD Promover o uso de ferramentas dixitais no proceso de avaliación. (G7. Avaliación dixital).

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos axustarase á temporalización seguinte:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
1º Trimestre

Sesión 1 (25/10/23)

  • Revísase o DAFO para adaptalo as circunstancias actuais do centro.
  • Decídense os obxectivos do plan dixital de centro para o curso 2023-2024, así como as accións que se consideran necesarias para acadalos e os indicadores de logro correspondentes.

Non se levou a cabo ningunha outra xuntanza do equipo de dinamización por falta de tempo. O profesorado está desbordado de traballo e resulta moi difícil atopar unha data para facer unha xuntanza na que participe a maior parte do equipo e se poidan obter avances significativos.

 

2º Trimestre

Sesión 2 (10/01/24)

  • Repaso do grao de desenvolvemento dos obxectivos do Plan Dixital.
  • Realízase un taller sobre o libro de cualificacións en Moodle / Edixgal ao que asisten varios membros do claustro.

Sesión 3 (06/02/24)

  • Repaso do grao de desenvolvemento dos obxectivos do Plan Dixital.
  • Reparto de tarefas entre o equipo de dinamización do plan dixital para as próximas accións que se van levar a cabo.

Sesión 4 (05/03/24)

  • Repaso do grao de desenvolvemento dos obxectivos do Plan Dixital.
3º Trimestre

Sesión 5 (09/04/24)

  • Repaso do grao de desenvolvemento dos obxectivos do Plan Dixital, actualizando o estado das accións correspondentes.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

· Observación sistemática.

· Reflexión sobre a pertinencia ou vixencia dos obxectivos.

· Análise dos resultados dos indicadores de logro de cada obxectivo.

· Análise da efectividade das estratexias.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión
  • Unha vez aprobado polo Consello Escolar, o Plan Dixital será publicado na web do centro. No momento da publicación estará promovido na páxina principal.
  • Periodicamente se informará ao Claustro e ao Consello Escolar do grao de consecución do Plan Dixital.
  • Comunicación directa co alumnado na aula.